Erick Dampier

baloncestista estadounidense

Erick Travez Dampier, nado o 14 de xullo de 1975 en Jackson, Mississippi é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente é axente libre. Mide 2,11 metros e xoga na posición de pivote.

Erick Dampier
Axente libre
Posición Pivote
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 14 de xullo de 1975 (48 anos)
Jackson, Mississippi
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,11 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 120 kg (245 lb)
Información da carreira
Instituto Lawrence County, Mississippi
Universidade Mississippi State
NBA Draft 1996 / Rolda: 1 / Elección: 10
Por Indiana Pacers
Carreira dende 1996
Historial de equipos
Indiana Pacers (1996–1997)
Golden State Warriors (1997–2004)
Dallas Mavericks (2004-2010)
Miami Heat (2010-2011)
Atlanta Hawks (2012)
Información en nba.com

Traxectoria editar

Universidade editar

Despois de gañar 2 títulos estatais co seu instituto en Mississippi, entrou nas ringleiras da Universidade de Mississippi State, gañando o título de campión da Conferencia Sueste en 1996, e levando ao seu equipo á Final Four da NCAA ese mesmo ano. Nas súas tres tempadas tivo unha media de 13,2 puntos, 9,2 rebotes e 2,6 tapóns por partido.

NBA editar

Foi elixido na primeira rolda do Draft da NBA de 1996 polos Indiana Pacers, na décima posición. Non rematou de encaixar nese equipo na súa tempada coma rookie, contando con poucos minutos, para facer 5,1 puntos e 4,1 rebotes por partido. Antes do inicio da seguinte campaña, foi traspasado, xunto a Duane Ferrell aos Golden State Warriors, a cambio de Chris Mullin.

Pasou 7 tempadas en Oakland, sendo a de 2003-04 a mellor da súa traxectoria profesional, tras facer 12,3 puntos e 12 rebotes por partido. Recibiu moitas críticas por iso, xa que era o ano no que se convertía en axente libre, podendo así renegociar o seu contrato. A tempada seguinte asinou cos Dallas Mavericks, onde, tras facer 9,2 puntos e 8,5 rebotes na tempada regular, amosou todas as súas debilidades cando tivo que enfrontarse en playoffs a pivotes dunha categoría contrastable coma Yao Ming ou Amare Stoudemire. Na súa segunda tempada, os Mavs adquiriron ao pivote de orixe senegalesa DeSagana Diop, e xuntos formaron unha das rotacións de xogadores altos máis intimidatorias de toda a liga.

O 9 de febreiro de 2012, asinou un contrato de dez días cos Atlanta Hawks.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar