Eric Heiden, nado en Madison (Wisconsin) o 14 de agosto de 1958, é un médico estadounidense e antigo patinador e ciclista en ruta e en pista. Gañou un número sen precedentes de cinco medallas de ouro individuais e estableceu catro récords olímpicos e un récord do mundo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1980. Heiden foi o deportista de máis éxito neses xogos, gañando máis medallas de ouro que todos os países agás a Unión Soviética (10) e a República Democrática Alemá (9).[1] Continúa a ser o olímpico de inverno con maior éxito nuns únicos xogos. is the most successful Winter Olympian from a single edition of any Winter Olympics.

Infotaula de personaEric Heiden

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Eric Arthur Heiden Editar o valor em Wikidata
14 de xuño de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Madison, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMadison Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola de Medicina da Universidade Stanford (pt) Traducir - doutor em medicina (pt) Traducir (–1991)
Universidade Stanford - graduado en ciencias (–1984)
Universidade de Wisconsin-Madison
Madison West High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura184 cm Editar o valor em Wikidata
Peso86 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpatinador de velocidade , ciclista , orthopedic surgeon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
DeportePatinaxe de velocidade sobre xeo
ciclismo de competición Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivalong track speed skating (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
- Team Motorola (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1980speed skating at the 1980 Winter Olympics – men's 10000 metres (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1980speed skating at the 1980 Winter Olympics – men's 1500 metres (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1980speed skating at the 1980 Winter Olympics – men's 5000 metres (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1980speed skating at the 1980 Winter Olympics – men's 1000 metres (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1980speed skating at the 1980 Winter Olympics – men's 500 metres (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
febreiro de 1976Xogos Olímpicos de Inverno de 1976 Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsBeth Heiden (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesJoanne Reid (en) Traducir (sobriña) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm2444572 Olympic.org: eric-heiden Editar o valor em Wikidata

Heiden é unha icona na comunidade da patinaxe de velocidade. As súas vitorias son salientables, xa que poucos patinadores (e atletas en xeral) gañaron competicións tanto de sprint como de longa distancia. Heiden é o único patinador de velocidade que gañou en todas as especialidades. Está considerado como o patinador máis completo da historia. Foi situado no posto 46 na listaxe de ESPN dos 50 grandes deportistas do século XX en 1999, sendo o único patinador de velocidade da lista. En 2000, un xornal neerlandés denominouno o mellor patinador da historia.[2]

Traxectoria editar

Carreira como patinador de velocidade editar

Durante a súa curta carreira deportiva gañou tres veces o Campionato do mundo e catro veces o Campionato do mundo de sprint.

Bateu en tres ocasións o récord do mundo de 1000 m, en dúas o de 3000 e unha vez tanto o de 1500 como o de 10000.

Heiden puxo fin á súa carreira tras finalizar en segunda posición nos Campionatos do mundo de 1980 celebrados en Heerenveen, tras Hilbert van der Duim. Heiden foi premiado en catro ocasións co premio Oscar Mathisen, dende 1977 a 1980. En 1983 foi incluído no salón da fama do deporte olímpico dos Estados Unidos.

Carreira deportiva en ciclismo editar

Tras finalizar a súa carreira como patinador, Heiden converteuse en ciclista profesional. Xunto ao seu adestrador e antigo ciclista Jim Ochowicz, concibiu a idea de crear un equipo ciclista patrocinado ao estilo dos existentes en Europa. Desa idea saíu o equipo 7-Eleven co que Heiden chegou a participar no Tour de Francia de 1986, retirándose cinco días antes do final da carreira.

Palmarés

Carreira na medicina editar

Heiden seguiu os pasos do seu pai, Jack Heiden, que era cirurxián ortopédico en Madison, e completou os cursos de medicina na Universidade Stanford en 1991, e a residencia en ortopedia na Universidade de California, Davis en 1996, para logo pasar un ano nunha clínica de medicina deportiva de Birmingham, Alabama. Volveu a California para traballar como cirurxián ortopédico en Sacramento. Ao mesmo tempo, traballou como médico de equipo para os Sacramento Kings da NBA e os Sacramento Monarchs da WNBA. En 2002, 2006, 2010 e 2014[3] foi o médico do equipo olímpico estadounidense de patinaxe de velocidade. Abriu unha práctica baseada na medicina deportiva en The Orthopedic Specialty Hospital (TOSH) en Murray, Utah e expandiu a Heiden Orthopaedics con outro despacho en Park City, Utah.

En 2008, Heiden e o doutor Massimo Testa publicaron Faster, Better, Stronger, un libro sobre a ciencia dos exercicios os programas de exercicios.[4]

En 2009, Heiden formou parte do equipo de médicos que asistiron ao velocista estadounidense J.R. Celski mentres se recuperaba dun moi mal choque durante as seleccións olímpicos. A pesar de ter un corte ata o óso e precisar 60 puntos, Celski puido recuperarse a tempo para os Xogos Olímpicos de 2010 en Vancouver, onde gañou o bronce nos 1500 m e 5000 m remudas.[5]

Récords do mundo editar

Ao longo da súa carreira, Heiden superou quince marcas mundiais:

  • 1500 m júnior, 2:02.75 (18 de xaneiro de 1976, Madonna di Campiglio; batido por el mesmo)
  • 5000 m júnior, 7:30.23 (20 de febreiro de 1977, Inzell; batido por el mesmo)
  • 1500 m júnior, 1:59.46 (20 de febreiro de 1977; batido por Aleksandr Klimov o 24 de marzo de 1983)
  • Allround júnior, 168.716 (19 e 20 de febreiro de 1977, Inzell; batido por el mesmo)
  • 3000 m júnior, 4:16.2 (4 de febreiro de 1977, Montreal; batido por Tomas Gustafson o 26 de xaneiro de 1980)
  • Allround júnior, 166.584 (4 e 5 de febreiro de 1977, Montreal; batido por Aleksandr Klimov o 24 de marzo de 1983)
  • 5000 m júnior, 7:23.54 (5 de febreiro de 1978, Montreal; batido por Tomas Gustafson o 27 de xaneiro de 1980)
  • 3000 m, 4:07.00 (2 de marzo de 1978, Inzell; batido por el mesmo)
  • 1000 m, 1:14.99 (12 de marzo de 1978, Savalen; batido por el mesmo)
  • 1000 m, 1:13.60 (13 de xaneiro de 1980, Davos; batido por Gaetan Boucher o 31 de xaneiro de 1981)
  • Allround, 162.973 (10 e 11 de febreiro de 1980, Bislett, Oslo; batido por Viktor Shasherin, entre o 25 e o 26 de marzo de 1983)
  • 3000 m, 4:06.91 (18 de marzo de 1979, Savalen; batido por Dmitri Ogloblin o 28 de marzo de 1979)
  • Sprint, 150.250 (12 e 13 de xaneiro de 1980, Davos; batido por Gaetan Boucher entre o 30 e o 31 de xaneiro de 1980)
  • 1500 m, 1:54.79 (19 de xaneiro de 1980, Davos; batido por Igor Zhelezovski o 26 de marzo de 1983)
  • 10000 m, 14:28.13 (23 de febreiro de 1980, Lake Placid; batido por Dmitri Ogloblin o 29 de marzo de 1980)

Notas editar

  1. Aquitania, Ray E. (2010). Jock-Docs: World-Class Athletes Wearing White Coats. ISBN 9781609106126. 
  2. Woldendorp, Johan (4 de febreiro 2000). "Vrouwen snellen Heiden nu voorbij". Trouw (en neerlandés). Consultado o 25 de febreiro de 2010. 
  3. Rebate wars Arquivado 03 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine.. Findarticles.com. Consultado o 18 de novembro de 2012.
  4. "Eric Heiden". sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. 
  5. J.R. Celski Arquivado 15 de decembro de 2012 en Wayback Machine.. sports-reference.com

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Wangrin, Mark (1990). "Eric Heiden: True Gold". En ESPN SportsCentury. Nova York: Hyperion-ESPN Books. pp. 252–3.

Ligazóns externas editar