Eragon é unha novela escrita por Christopher Paolini é o primeiro libro da saga Inheritance Cycle, que comezou a escribir con 15 anos. Despois de escribir o primeiro borrador durante un ano, pasou un segundo ano re escribíndoo e dándolle contido á historia e ós personaxes. Os pais de Paolini viron o manuscrito final e decidiron auto publicar Eragon. Paolini pasou o ano seguinte viaxando polos Estados Unidos promocionando a súa novela. Por sorte, o libro foi descuberto por Carl Hiaasen, e foi publicado outra vez por Alfred A. Knopf. A versión re-publicada foi lanzada o 26 de agosto do 2003.

Eragon
Título orixinalEragon
Autor/aChristopher Paolini
Ilustrador/aJohn Jude Palencar
CubertaJohn Jude Palencar
OrixeEstados Unidos
Linguainglés
ColecciónInheritance Cycle
Xénero(s)Ficción xove-adulto
Fantasía
EditorialAlfred A. Knopf
Data de pub.2002 (primeira edición), 26 de agosto de 2003 (Knopf)
Páxinas509
ISBNISBN 0-9666213-3-6 (Paolini LLC) ISBN 0-375-82668-8 (Edición de Knopf)
Seguido porEldest
editar datos en Wikidata ]

Adaptación ó cine editar

Artigo principal: Eragon (filme).
 
Fotografía aérea da montaña Ság, onde se recreou Farthen Dûr para a adaptación cinematográfica.

A adaptación de Eragon foi estreada nos Estados Unidos o 15 de decembro de 2006. Foi dirixido por Stefen Fangmeier, e guionizado por Peter Buchman.[1] Edward Speleers foi seleccionado para o papel de Eragon.[2] Jeremy Irons, John Malkovich, Chris Egan e Djimon Gaston Hounsou foron os artistas que completaron o resto do elenco de actores.[3] A rodaxe principal do filme tivo lugar en Hungría e Eslovaquia.[4]

Notas editar

  1. "Eragon". Internet Movie Database. Consultado o 2007-05-01. 
  2. Lyall, Sarah (2006-07-18). "He Was a Teenage Spy, Surrounded by Treacherous Adults". The New York Times. Consultado o 2009-01-31. 
  3. Parsons, Ryan (2006-08-15). "More Eragon Stills!". CanMag. Arquivado dende o orixinal o 14/11/2007. Consultado o 2007-11-06. 
  4. "Silver Screen Destinations: Eragon". AdventureTravelLogue. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2008. Consultado o 2009-01-31. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar