Era da información

A era da información, tamén coñecida como era dos computadores, era dixital ou era dos novos medios é un período histórico que comezou a mediados do século XX, caracterizado por un rápido cambio na industria tradicional establecida pola Revolución Industrial a unha economía baseada principalmente na tecnoloxía da información.[1][2][3][4] O comezo da era da información pode asociarse co desenvolvemento da tecnoloxía dos transistores.[4]

As tres fases da era da información

Segundo a Rede de Administracións Públicas das Nacións Unidas, a era da información formouse ao capitalizar os avances na microminiaturización por computador,[5] o que levaría a unha información modernizada e a procesos de comunicación tras un uso máis amplo dentro da sociedade, converténdose no motor da evolución social.[2]

Historia editar

O desenvolvemento da comunicación e da transmisión de información é unha das características especiais da nosa civilización desde que se inventou a imprenta de tipos móbiles cara ao ano 1450 por Johannes Gutenberg. Ao permitir producir libros de xeito masivo supuxo un gran pulo á conservación e á transmisión de información, ideas e cultura.

Este pulo viuse reforzado no século XIX coa aparición da prensa escrita e a comunicación por cable (telégrafo e teléfono), seguido no século XX pola aparición dos medios de comunicación de masas como a radio e a televisión, e finalmente a informática e Internet, que dan lugar a unha sociedade baseada no coñecemento (e paralelamente unha economía do coñecemento).

A nivel académico desenvólvense as teorías da información, a teoría xeral de sistemas e a teoría da cibernética, que teñen como función estudar como lograr facer chegar as mensaxes con maior eficación a un público cada vez máis grande, máis crítico, esixente ou simplemente saturado e insensible. A unión das telecomunicacións e o tratamento da información crearon a disciplina coñecida como telemática.

Notas editar

  1. Zimmerman, Kathy Ann (7 de setembro de 2017). "History of Computers: A Brief Timeline". livescience.com. 
  2. 2,0 2,1 "The History of Computers". thought.co. 
  3. "The 4 industrial revolutions". sentryo.net. 23 de febreiro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 Manuel, Castells (1996). The information age : economy, society and culture. Oxford: Blackwell. ISBN 978-0631215943. OCLC 43092627. 
  5. Kluver, Randy. "Globalization, Informatization, and Intercultural Communication". un.org. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2013. Consultado o 18 de abril de 2013. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar