Equipo de protección individual

Equipo de protección individual (EPI) é segundo a directiva 89/686/CEE da Comunidade Europea e o Real Decreto 773/1997, de 30 de maio, calquera equipo individual destinado a ser levado ou suxeitado polo traballador para que o protexa dun ou varios riscos que poidan ameazar ou poñer en perigo a súa seguridade ou saúde, así como calquera complemento ou accesorio para esas funcións.

Arnés para traballos en altura.

Tipos de EPI editar

Os EPI empregados en seguridade laboral están descritos nas normas europeas. As normas non diferencian os EPI segundo sexan para uso por particulares ou traballadores. Aínda así as marcas comerciais teñen liñas de produtos diferenciadas para o uso por particulares e por traballadores, sendo os deseños para o sector industrial máis centrados na seguridade e as normas que no deseño e a estética. Estas normas de seguridade son obrigatorias estando prohibido o uso de EPI non homologados, todos deben levar marcado CE.

  • Protección da cabeza: casco (EN 397)
  • Protección auditiva (EN 352)
  • Protección ocular e facial (EN 166)
  • Protección respiratoria (EN 137)
  • Protección de mans e brazos (EN 388)
  • Protección de pés e pernas (EN 20345)
  • Protección traballo en altura (EN 361, EN 358)
  • Roupa de alta visibilidade (EN 471)

Normativa en Europa editar

 

Directiva 89/686/CEE[1], de 21 de decembro (en España Real Decreto 1407/1992), modificada polas directivas:

  • 93/68/CEE
  • 93/95/CEE
  • 96/58/CE

Avisos editar

En tódalas obras e lugares de traballo existen avisos en forma de carteis indicando a obrigatoriedade de usar EPI e prohibindo o acceso a persoas alleas. Estes avisos están regulados segundo R.D. 485/1997, ISO 7010 e DIN 4844-2.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar