Equinor (ex Statoil) é unha compañía norueguesa de petróleo estabelecida en 1972. Trátase da maior compañía do país cuns 17.000 empregados. Mentres que Statoil figura listada na Bolsa de Valores de Nova York, o estado noruegués aínda mantén a maior parte da súa propiedade. A oficina central atópase situada na capital petroleira de Noruega, Stavanger.

Equinor
TipoAllmennaksjeselskap (empresa pública de accións)
Fundación14 de xuño de 1972
MatrizGoberno noruegués (67%)
LocalizaciónStavanger, Noruega Noruega
Persoas claveEldar Sætre (CEO), Øystein Løseth (Presidente)
IndustriaGas e petróleo
Número de empregados20,245 (2017)
Na rede
https://equinor.com, https://equinor.no, https://equinor.ar, https://equinor.ar/en, https://equinor.com.br, https://equinorstorage.de, https://equinorstorage.de/en, https://equinor.jp, https://equinor.jp/en, https://equinor.pl, https://equinor.co.kr, https://equinor.co.kr/en, https://equinor.de e https://equinorcelticsea.co.uk
Facebook: Equinor Twitter: equinor Instagram: equinor Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Un dos maiores abastecedores de petróleo cru do mundo e un importante provedor de gas natural para o continente europeo, Statoil opera tamén ao redor de 2000 estacións de servizo en 9 países. O xefe oficial executivo desde mediados do 2004 en diante é Helge Lund, anterior xefe executivo de Aker Kvaerner.

En 2006 Statoil asinou un acordo de compra coa empresa Norsk Hydro, tamén norueguesa, dedicada aos hidrocarburos e ao gas natural. O 1 de outubro de 2007 fusionáronse ambas as empresas para pasar a chamarse StatoilHydro, esta nova empresa resultante da fusión é a maior do mundo en petróleo offshore.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar