Epsy Campbell Barr

política costarriqueña

Epsy Alejandra Campbell Barr, nada en San Xosé o 4 de xullo de 1963, é unha política e economista costarriqueña, prominente dirixente, dúas veces deputada polo Partido Acción Cidadá (PAC) e dúas veces precandidata á presidencia da República polo mesmo partido. O 1 de abril de 2018 foi elixida primeira vicepresidenta de Costa Rica, sendo parte da fórmula de Carlos Alvarado Quesada. Campbell foi designada ministra de Relacións Exteriores do país, cargo que ocupou por só seis meses ó ter que renunciar por cuestionamentos feitos sobre nomeamentos realizados na chancelería.

Epsy Campbell Barr
Nacemento4 de xullo de 1963
Lugar de nacementoSan Xosé
NacionalidadeCosta Rica
Alma máterUniversidade da Costa Rica
Ocupaciónpolítica e economista
IrmánsShirley Campbell Barr e Sasha Campbell
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Epsy Campbell Barr graduouse no Colexio Superior de Señoritas en 1980. Licenciada en Economía e Administración de Negocios da Universidade de Costa Rica; graduouse como Economista en 1988, na Universidade Latina de Costa Rica. Conta cun posgrao en ciencias políticas, da Universidade de Costa Rica.[1]

Epsy Campbell foi candidata á primeira vicepresidencia da República de Costa Rica no ano 2006. Foi deputada do Partido Acción Cidadá para o período 2002-2006, Xefa de Fracción do 2003 ao 2006 e presidenta do partido do 2005 ao 2009. Foi Coordinadora da Rede de Mulleres Afrolatinoamericanas e Afrocaribeñas (1997-2001), Coordinadora do Foro de Mulleres para a Integración Centroamericana (1996-2001), Integrante da Alianza de Pobos Afrodescendentes de América Latina e o Caribe, Integrante fundadora do Centro de Mulleres Afrocostarriqueñas, Consultora nacional e internacional en temas relacionados co emprego, desenvolvemento dos pobos, comunidades e mulleres afrodescendentes, dereitos humanos das mulleres, racismo, sexismo e discriminación, membro do Parlamento Negro das Américas.

Precandidaturas á presidencia editar

O 16 de febreiro do ano 2009 oficializou as súas intencións de ocupar a cadeira presidencial polo Partido Acción Cidadá (PAC), disputando a candidatura co fundador do PAC, Ottón Solís Fallas e co empresario exportador Román Macaya. Campbell quedou en segundo lugar dos votos tras Ottón Solís despois da realización das primarias do Partido Acción Cidadá o 31 de maio do 2009.

O 11 de febreiro de 2013 lanzou por segunda vez a súa precandidatura para a elección interna do Partido Acción Cidadá (PAC), baixo o lema "Imos ou non imos sacar a Liberación?" e iniciou un percorrido polo país a bordo dunha casa rodante.[2] Obtivo o 24% dos votos e o terceiro lugar de catro nas primarias cidadás.

O 26 de setembro de 2013 anunciouse que sería a candidata a deputada polo segundo lugar por San Xosé para as eleccións do 2014, resultando electa.[2]

Vicepresidenta de Costa Rica editar

O 17 de outubro de 2017, Epsy Campbell e Marvin Rodríguez foron designados como candidatos á vicepresidencia na fórmula presidencial da Partido Acción Cidadá (PAC) encabezada por Carlos Alvarado Quesada.[3]

Notas editar

  1. CEPAL Epsy Campbell Barr Arquivado 07 de maio de 2019 en Wayback Machine.- Comisión Económica para América Latina, División Mujer y Desarrollo. Consultado el 3 de abril de 2018.
  2. 2,0 2,1 "Epsy Campbell inicia campaña con ataque directo a Liberación Nacional". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2013. Consultado o 07 de maio de 2019. 
  3. Diputada Epsy Campbell y sindicalista Marvin Rodríguez asumen candidaturas a vicepresidencias del PAC _La Nación. 17 de outubro de 2017.