Epiderme (zooloxía)

En zooloxía, a epiderme é a capa celular externa (epitelio), derivada do endoderma, que cobre o corpo dos animais eumetazoos (os animais máis complexos que os poríferos (esponxas).[1][2][3]

Os eumetazoos máis inferiores (cnidarios e ctenóforos) teñen unha cavidade revestida cun epitelio similar, a gastroderme, que forma un límite coa epiderme na boca.[3] As esponxas non teñen epitelio e, polo tanto, nin epiderme nin gastroderme.[3]

A epiderme dos invertebrados máis complexos é unha capa profunda que pode estar protexida por unha capa non celular, a cutícula. A epiderme da maioría dos vertebrados ten moitas capas, das que as exteriores se reforzan con queratina e despois morren.[4]

Notas editar

  1. Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruña: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-87305-12-1.
  2. Ruppert, E. E.; Fox, R. S. & Barnes, R. D. (2004). "Introduction to Metazoa". Invertebrate Zoology (7 ed.). Brooks / Cole. pp. 59–60. ISBN 0-03-025982-7. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Ruppert, E. E.; Fox, R. S. & Barnes, R. D. (2004). "Introduction to Eumetazoa". Invertebrate Zoology (7 ed.). Brooks / Cole. pp. 99–103. ISBN 0-03-025982-7. 
  4. Spearman, R.I.C (1973). "Function Adaptation in the Invertebrate Integument:". The integument: a textbook of skin biology. Biological structure and function 3. CUP Archive. pp. 15–17. ISBN 0-521-20048-2. Consultado o 21 Mar 2010. 

 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.