Epicuro

filósofo grego do período helenístico
(Redirección desde «Epicuro de Samos»)

Epicuro de Samos, nado no -341 e finado no -270, foi un filósofo grego do período helenístico. O seu pensamento chegou a ser moi difundido e desenvolvéronse numerosos centros epicuristas en Xonia, Exipto e, a partir do século I, en Roma, onde Lucrecio foi o seu maior divulgador.

Infotaula de personaEpicuro

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἐπίκουρος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento342 a. C. Editar o valor em Wikidata
Samos, Grecia Editar o valor em Wikidata
Morte270 a. C. Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cálculo renal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaAtenas Editar o valor em Wikidata
Scholarch of the Epicurean school (en) Traducir
311 a. C. – 270 a. C. – Hermarchus (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAntiga Atenas Editar o valor em Wikidata
RelixiónRelixión da Grecia antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor em Wikidata
MovementoEpicureísmo Editar o valor em Wikidata
ProfesoresNausífanes de Téos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosHermarchus (en) Traducir, Polieno de Lâmpsaco (pt) Traducir, Leonteus of Lampsacus (en) Traducir, Temista de Lâmpsaco (pt) Traducir, Colotes (pt) Traducir, Leontina (pt) Traducir, Mys (en) Traducir, Menoeceus (en) Traducir, Pythocles (en) Traducir, Nicanor (en) Traducir, Ctesippus (en) Traducir, Apelles (en) Traducir, Mammarion (en) Traducir, Hedeia (en) Traducir, Erotion (en) Traducir, Nicidion (en) Traducir, Boison (en) Traducir, Demetria (en) Traducir, Athenaios (en) Traducir e Mentorides (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisNeocles (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Chaerestrate (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsChaeredemus (en) Traducir e Aristobulus Editar o valor em Wikidata

Discogs: 5361693 Editar o valor em Wikidata
Epicuro de Samos (341 a.C. - 270 a.C.)

Vida editar

Epicuro naceu en Atenas, en -341, mais marchou coa familia moi novo para Samos. En -323 retornou á terra natal.

Xa en Atenas, consta que Epicuro ouviu o filósofo académico Pánfilo. Con Nausífanes de Teo, discípulo de Demócrito de Abdera, entraría en contacto coa teoría atomista, da cal reformulou algúns puntos. Ensinou filosofía en Lampsaco, Mitilene e Colofón ata que en -306 fundou a súa propia escola filosófica, O Xardín. Ensinou nela ata a súa morte, en -270, rodeado de amigos e discípulos.

Filosofía e obra editar

Das numerosas obras escritas polo filósofo só restan tres cartas sobre a natureza, os meteoros e a moral, e unha colección de pensamentos. Estes textos foron recompilados por Hermann Usener baixo o título de Epicurea en 1887.

A certeza editar

Segundo Epicuro, para atinxir a certeza é necesario confiar naquilo que foi recibido pasivamente na sensación pura. Por consecuencia, cómpre confiar nas premocións ou ideas xerais que se forman no espírito como resultado dos datos sensíbeis recibidos pola facultade sensitiva.

O atomismo editar

Epicuro defendía ardorosamente a liberdade humana e a tranquilidade do espírito. Cría que o atomismo podería garantir ambas cousas desde que foi modificado. A representación vulgar do mundo, cos seus deuses e o medo a estes, fixo que se cometesen os peores actos, o que é un obstáculo á serenidade. Todas as doutrinas filosóficas, salvo o atomismo, participan desas supersticións.

No sistema epicurista, os átomos atópanse fortuitamente, ao contrario ca no atomismo de Demócrito, en que o encontro dos átomos é necesario. Este encontro fortuíto garante a liberdade, de non ser así, todo estaría baixo o xugo da Natureza. Así mesmo, garante a explicación dos fenómenos e a súa elucidación, o que fai que poidan ser explicados racionalmente. Así, ao comprender como opera a Natureza, o ser humano pode liberarse do medo e das supersticións que aflixen o espírito.

O pracer editar

A doutrina de Epicuro entende que o sumo ben reside no pracer, por iso, foi moitas veces confundida co hedonismo. O pracer do que fala Epicuro é o do sabio, entendido coma a quietude da mente e o dominio sobre as emocións e, polo tanto, sobre si mesmo. É a propia Natureza a que nos informa que o pracer é un ben.

Este pracer, porén, apenas satisfai unha necesidade ou aquieta a dor. A Natureza conduce a unha vida simple. O único pracer é o do corpo, mentres que o que se chama "pracer do espírito" é apenas unha lembranza dos praceres do corpo. O máis alto pracer reside no que chamamos saúde. A función principal da filosofía é liberar o ser humano.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Artigos relacionados editar

Ligazóns externas editar