Un epónimo é un nome derivado dunha persoa que designa un pobo, lugar, concepto ou obxecto de calquera clase.

A eponimia é un costume xa presente en épocas arcaicas, en que non era infrecuente chamar a un período polo gobernante que ocupase o cargo; así, na Atenas clásica os anos levaban o nome do arconte epónimo, e na antiga Roma republicana os anos nomeábanse polos cónsules elixidos para o mesmo.

No Xapón o tempo mídese por eras, que son coincidentes coa duración do reinado dos seus emperadores; así, 2012 equivale ao ano 23 da era Heisei, do emperador Akihito.

Ao longo da historia, designouse o nome de unidades militares polo nome do seu comandante. E hoxe en día é frecuente nas ciencias; aínda que se trascenda do purismo etimolóxico, no presente é frecuente que se use cientificamente a palabra epónimo para designar xa non só a un personaxe, senón a un obxecto ou unha entidade da cal algo, por metonimia, o nome dun científico.[1] En anatomía humana eran frecuentes os epónimos, pero na normativa terminolóxica actual non se recomenda o uso de epónimos (por exemplo, en vez de trompa de Falopio diríase tuba uterina).

Epónimos famosos editar

Lugares editar

Epónimos famosos editar

Ámbitos especializados editar

As seguintes persoas e os seus respectivos epónimos son coñecidos en ámbitos especializados.

Ciencia e técnica editar

Política editar

Notas editar

  1. Por exemplo, en Vipera seoanei, e nome específico seoanei é un epónimo de Seoane (o naturalista ferrolán Víctor López Seoane).

Véxase tamén editar