Enxeñaría naval

A enxeñaría naval e oceánica ocúpase do deseño, planificación, proxecto e construción de todo material flotante, como poden ser buques ou plataformas petrolíferas.

Historia e características editar

A enxeñaría naval abrangue as funcións de enxeñaría incluíndo o proxecto creativo do buque e artefactos flotantes, a investigación aplicada, o desenvolvemento técnico nos campos de deseño e construción e a administración dos centros de produción de material flotante (estaleiros). Así como tamén do mantemento e reparación destes.

En España e ata o século XVIII eran chamados "construtores". A partir de 1770 apareceron os "enxeñeiros de mariña" (ou "hidráulicos"), posteriormente o termo acabou en "enxeñeiros navais".


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.