Entalpía de vaporización

A entalpía de vaporización ou calor de vaporización é a cantidade de enerxía necesaria para que a unidade de masa (quilogramo, mol etc.) dun elemento que se atope en equilibrio co seu propio vapor a unha presión dunha atmosfera pase completamente ao estado gaseoso. Represéntase por , por ser unha entalpía. O valor diminúe a temperaturas crecentes, lentamente cando se está lonxe do punto crítico, máis rapidamente ao achegarse, e por riba da temperatura crítica as fases de líquido e vapor xa non coexisten. Xeralmente determínase no punto de ebulición da substancia e corríxese para tabular o valor en condicións normais.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.