Enrique Salcedo

militar español

Enrique Salcedo Molinuevo, nado en Salamanca o 15 de xullo de 1871 e finado en Ferrol o 9 de novembro de 1936, foi un militar español. Ao negarse a secundar a sublevación militar que deu orixe á Guerra Civil Española foi fusilado polos sublevados.[1]

Infotaula de personaEnrique Salcedo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1871 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de novembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteFerida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Commander-in-Chief of the VIII Organic Division (en) Traducir
11 de xaneiro de 1936 – 20 de xullo de 1936
← José Riquelme y López-Bago (pt) TraducirEnrique Cánovas Lacruz (en) Traducir →
Q106204070 Traducir
1928 –
Comandante en xefe Grupo de Fuerzas Regulares Indígenas "Larache" Nº 4
12 de xaneiro de 1917 – 12 de xuño de 1919 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1888 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeRestauración borbónica en España Editar o valor em Wikidata
Rama militarExército de Terra de España Editar o valor em Wikidata
Rango militargeneral de divisão (pt) Traducir (1928–) Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra de Independencia cubana e Guerra do Rif Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Naceu en Salamanca, de pai español e nai filipina. Aos 17 anos ingresou na Academia de Infantería e, logo de graduarse, participou en campañas en Cuba e despois en Marrocos, obtendo a medalla militar individual. O 12 de xaneiro de 1917 foi nomeado Xefe do Grupo de Fuerzas Regulares Indígenas "Larache" Nº 4 substituíndo a Federico Berenguer Fuster. O 12 de xuño de 1919 foi substituído por Manuel González Carrasco.

Casou coa galega Amalia Portela. En 1928, durante a ditadura de Primo de Rivera alcanzou a graduación de xeneral de división. Cando se proclamou a República era gobernador militar de Tarragona.

Durante o período republicano seguiu en activo. A pesar da súa amizade co xeneral Sanjurjo, non participou no seu frustrado intento de golpe de Estado en agosto de 1932. Pouco antes das eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado xeneral xefe da VIII División Orgánica, con sede na Coruña, polo ministro da Guerra, o tamén militar Nicolás Molero Lobo. Logo da subida ao poder do Fronte Popular, foi confirmado polo novo ministro, Carlos Masquelet.

Salcedo coñecía a conspiración que culminou na sublevación de xullo de 1936. Pero ao producirse, mantívose leal á República. O día 19 de xullo (a sublevación en Galicia non se produciu ata o 20) o deputado de Unión Republicana, José Miñones Bernárdez, entrevistouse con el. O deputado insistiulle no perigo que a súa participación na sublevación suporía para a súa carreira, ao que Salcedo respondeu que faría o que indicase Sanjurjo. Porén, non puido recibir ningunha indicación do seu amigo, xa que este morreu ese mesmo día en Lisboa en accidente de avión. Salcedo si recibira, na noite do 18 de xullo, un telegrama de Queipo de Llano conminándoo a que se unira á sublevación e despois unha chamada telefónica, o mesmo día 19, do xeneral Mola. Salcedo e o xeneral Caridad Pita, xefe da 15.ª Brigada de Infantaría con sede na Coruña, aseguráronlle ao gobernador civil, Francisco Pérez Carballo, a súa fidelidade á República.

 
Tumba de Enrique Salcedo no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

O día 20 ás cinco da madrugada, Salcedo reuniuse na Capitanía Xeneral co xeneral Caridad Pita, quen lle advertiu que o coronel Martín Alonso, ao mando do Rexemento de Infantaría de Zamora número 54, e o tenente coronel Montel, secundados polo xefe de Estado Maior provisional de Capitanía, o tenente coronel Tovar, pretendían sublevarse.

Durante a mañá, Salcedo destituíu a Tovar. Porén, os sublevados reducírono no seu despacho en Capitanía e cominárono a unirse á sublevación, o que Salcedo rexeitou. Foi detido e despois trasladado a Ferrol, xunto co xeneral Caridad Pita, no buque correo Plus Ultra, convertido en prisión militar. Alí foron internados no castelo de San Felipe. Ambos foron procesados por un consello de guerra (24 de outubro de 1936), e acusados de traizón, foron condenados a morte e fusilados o 9 de novembro no castelo de San Filipe[2].

Notas editar

  1. Enrique Salcedo en Nomes e Voces.
  2. "Nota de la plaza". El Correo Gallego. 10 de novembro de 1936. p. 1. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar