Enrique Peñalosa
Enrique Peñalosa Londoño, nado en Washington, D.C., Estados Unidos, o 30 de setembro de 1954, é un economista, administrador e político colombiano.
Biografía | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1954 (69 anos) Washington, D.C. | ||||||||||||||
Cargos Alcalde de Bogotá | |||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||
País de nacionalidade | Estados Unidos de América (1954–1975) Colombia | ||||||||||||||
Educación | Universidade Duke (pt) - Artes liberais Universidade Pantheon-Assas (pt) - administración pública Gimnasio Campestre (en) | ||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||
Ocupación | Economista, administrador e político | ||||||||||||||
Partido político | Alianza Verde | ||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||
Irmáns | Gil Peñalosa | ||||||||||||||
Lista
|
Traxectoria editar
Está licenciado en Economía pola Duke University, cos títulos de mestría e doutoramento do Institute International d'Aministration Publique e mais da Universidade de París, respectivamente.
Alcaldía de Bogotá editar
Logo de ser representante na Cámara a fins dos anos oitenta, Peñalosa foi precandidato do Partido Liberal á alcaldía de Bogotá en 1992, mais foi derrotado polo exministro Jaime Castro Castro. Para as eleccións de 1994 partiu como gran favorito e presentouse como candidato independente. Non obstante, foi derrotado contra todo prognóstico polo matemático Antanas Mockus. Finalmente, en 1997 derrotou a Carlos Moreno de Caro e foi elixido como alcalde da capital colombiana.
Transporte público editar
Peñalosa, conxuntamente co seu equipo de goberno, deseñou un ambicioso plan de remodelación da vida pública da cidade colombiana. Así, desenvolveu un novo Sistema de Bus Rápido chamado TransMilenio, inspirado no sistema xa existente en Curitiba. De igual xeito, promoveu un día libre de automóbiles e recibiu un masivo apoio popular para unha idea pola cal recibiu o Galardón do Desafío de Estocolmo (Stockholm Challenge Award). A través dun referendo, a xente decantouse por un día ao ano libre de circulación de vehículos a motor e decidiu que a partir do 2005 non teríán autos durante as horas pico da xornada, é dicir, dende as 6 da mañá até as 9 e dende as 4 da tarde até as 7:30.
Ciclorrutas editar
Por outra banda, con el comezou a creación de ciclorrutas de Bogotá, co propósito de dotar á cidade dun rede completa de vieiros para bicicletas. A rede de ciclorrutas de Bogotá deseñouse tendo en conta a morfoloxía e topografía da cidade. En sentido Norte-Sur, a cidade presenta unha topografía relativamente plana; en sentido Leste-Oeste presenta diversos tipos de pendentes. Por iso, seleccionouse o concepto de rede en malla por ser o modelo teórico que presenta maior versatilidade e adecuación, trazando deste xeito eixes lonxitudinais e transversais da cidade. Xa que logo, súa é a primeira pedra na construción da rede de ciclorrutas máis extensa de América Latina.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Capitalismo: La mejor opción.
- Democracia y Capitalismo: retos para el próximo siglo.
Ligazóns externas editar
- Entrevista con Enrique Peñalosa (en inglés)
- Biografía de Enrique Peñalosa (en castelán)
- CV de PeñalosaArquivado 29 de abril de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- Páxina de Facebook de Peñalosa (en castelán)