Enrique Labarta Pose

escritor e xornalista galego

Enrique Labarta Pose, nado en Baio (Zas) o 22 de xullo de 1863 e finado en Barcelona o 13 de maio de 1925, foi un escritor e xornalista galego en lingua castelá e lingua galega. Fundou e dirixiu xornais e revistas. A súa obra, fundamentalmente poesía e contos, caracterízase por unha sátira humorística moi marcada.[1] O profesor Ricardo Carballo Calero encadrouno entre Os epígonos, xunto con Manuel Lugrís Freire, Salvador Cabeza de León e Juan Armada Losada, entre outros.[2] Foi coñecido polo sobrenome de Quevedo galego.[3]

Infotaula de personaEnrique Labarta Pose

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xullo de 1863 Editar o valor em Wikidata
Baio, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de maio de 1925 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionaldereito
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario de facenda
Xénero artísticoPoesía e narrativa
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeElisa Martínez del Río
Felipa Genovés
FillosBuenaventura Labarta Martínez
Enrique Labarta Martínez

Galiciana: 64370 Bitraga: 1222

Traxectoria editar

Descendente, por parte materna, dos condes de Andrade, naceu Enrique nun pazo do século XVIII. Foi o derradeiro fillo de Francisco Labarta Raña, farmacéutico, e Ramona Pose, que xa tiñan tres fillas. Estudou en Santiago de Compostela. Alí cursou o bacharelato de 1873 a 1877.[4] En Santiago participou nos faladoiros da Academia de la Juventud Católica e coñeceu a Valle-Inclán, Augusto González Besada, Juan Barcia Caballero, Juan Vázquez de Mella, Salvador Cabeza de León, Alfredo Brañas, Manuel Casás Fernández e Alejandro Pérez Lugín.[2] Licenciouse en 1884 en dereito civil e canónico pola Universidade Compostelá.

Ese mesmo ano casou con Elisa Martínez del Río, estanqueira santiaguesa, e publicou o seu primeiro libro: Última novedad. Noventa y nueve céntimos de versos de todas clases y arreglados a todos los gustos, escrito en castelá, agás un poema en galego, "Meu orfiño",[5] no que amosa influencias de Manuel Curros Enríquez.[4] Ao rematar a carreira, e por consello de Alfredo Brañas, ingresou na administración pública como empregado de Facenda, da man do deputado Eduardo Vincenti, a quen lle dedicou o libro Bálsamo de Fierabrás. Colección de versos en gallego y castellano (Madrid, 1889, 281 pp.). Outras composicións poéticas en galego incluídas nos seus libros son: a terceira en Un café flamenco en Galicia—A mi aldea—Sátira de costumes contemporáneas (Santiago, 1892, 52 pp.); todas, dezaoito, en Millo miúdo (Pontevedra, 1896, 156 pp.) e A festa da patrona de Tabeirón (Caldas de Reis, 1904, 22 pp.).

Residiu en Pontevedra ata 1904, cando foi destinado, primeiro a Barcelona (1904), despois a Burgos (1905) e máis tarde a Valladolid, onde contraeu matrimonio con Felipa Genovés; de novo Barcelona, Ourense (1911), Toledo (1912), outra vez Barcelona (1913), A Coruña (1919) e para rematar, dende 1920, a Cataluña.[4]

Fundou Galicia Humorística (Santiago, 1888), El País Gallego (Santiago, 1888), La Pequeña Patria (Santiago, 1890-1891), Extracto de Literatura (Pontevedra, 1893) e Pasatiempos (Pontevedra, 1893-1894); e dirixiu Galicia Moderna (Pontevedra, 1897-1898). En 1896 fixo unha recompilación dos seus poemas galegos máis coñecidos e publicounos no libro Millo miúdo, dedicado a Laureano Salgado Rodríguez. No ano 1900 publicou El carnaval de 1900 en Pontevedra, que inclúe "Recuerdos del carnaval de 1900" e "Pontevedra en 1900. Despropósito bufo, lírico, fantástico … dividido en 2 actos y 10 cuadros". Este último fora estreado o día 1 de marzo no Teatro Principal, con música de Isidro Puga.

 
Extracto de Literatura, 7/1/1893

A súa produción sobresae polo humor, que se manifesta sobre todo nos contos. Como poeta encádrase na liña costumista de finais do século XIX, aínda que incorporou elementos modernistas.

Colaborou en Gaceta de Galicia, Galicia Liberal, A Gaita Gallega, Café con Gotas, Galicia Revista Regional, Galicia Recreativa, El Eco de Galicia, La Actualidad, Fray Prudencio, El Cínife, El Grito del Pueblo, El Eco de Mugía, Coruña Moderna, Galicia en Madrid, Aires d’a Miña Terra, Mi Tierra, Suevia, Galicia en Cataluña, Don Quijote e outras publicacións.[6][7] Empregou o pseudónimo de Antón de Rabodegalo.

O retrato de Labarta Pose feito por Francisco Zagala, ilustrando a portada do semanario Extracto de Literatura, que el mesmo dirixía, está documentado como a primeira fotografía aparecida nun medio impreso galego, o 7 de xaneiro de 1893.[8]

O personaxe central, Casimiro Barcala, da obra de Pérez Lugín, La casa de la Troya (1915), está inspirado na persoa de Labarta.[2][9][10]

Faleceu en Barcelona despois dunha intervención cirúrxica[2] a consecuencia do accidente ferroviario ocorrido na tarde do 9 de abril de 1925, Xoves Santo, entre as estacións de Les Planes e Sarrià, da capital catalá,[11] no que morreron máis de vinte persoas.[12]

Obras editar

Poesía editar

  • Última novedad. Noventa y nueve céntimos de versos de todas clases y arreglados a todos los gustos, 1884:
"Prologo"
"Ante todo"
"Introducción"
"Una noche en la luna"
"Polvo eres y al polvo te has de volver"
"El amor definido por sus efectos"
"El cesante suicida"
"Amarse en vida y unirse en muerte"
"La noche de San Juan"
"A Aurora Pardiñas"
"¡Destino igual!"
"Preguntas sin respuestas"
"Epigrama"
"Cálculo de un avaro"
"A un amigo dormido a la orilla de un río"
"La carcajada de un viejo"
"Poder de una lágrima"
"El placer fugitivo"
"Al corazón de una coqueta"
"¡Ella!"
"Las dos yerbas"
"¡Triste es la vida!"
"¡¡¡Venid a mí!!!"
"Las aspiraciones del hombre"
"A una mujer"
"¡Risa y llanto!"
"Los dos tesoros"
"¡Madre infeliz!"
"Examen de conciencia del pasado, que hace un hombre…"
"Una noche de recuerdos"
"¡A Raquel!"
"Hielo y fuego"
"Despedida"
"En pos de la gloria"
"¡Meu orfiño!" [13]
"Dedicatoria"
"Prólogo"
"El Carmen del Briño"
"La feira de Verdillo"
"La última hora"
"¡¡La medicina ante la veterinaria!!" [16]
"!Tormenta!"
"Los dos estremos se juntan"
"El nido del ruiseñor"
"A Rosalía"
"A Rosalía"
"Bécquer y yo"
"¡¡¡El último romano!!!"
"El llanto de una guitarra"
"Cartas que un hombre ex-chiflado"
"Soneto"
"¡Las mujeres!"
"Ser santa por fatalidad"
"A rey muerto, rey puesto"
"Un secreto"
"El canto del expatriado"
"¿Es conveniente el baile?"
"¡¡¡Pontevedra!!!"
"¡Una es el clavo y mil en la herradura"
"Ortografía"
"¿Quién soy yo?"
"¡¡¡El último brindis!!!"
"Ó Padre Feixoo"
"¡Meu orfiño!" [13]
"¿Por que fago estes versos?"
"Defensa das mulleres"
  • Un café flamenco en Galicia. A mi aldea. Sátira de costumbres contemporáneas, 1892, Santiago:[17]
"Un café flamenco en Galicia", en castelán, dedicado ao Marqués de Figueroa.
"A mi aldea", en castelán, dedicado a Consuelo, irmá.
"Sátira de costumes contemporáneas", en galego, dedicado a Gerardo Álvarez Limeses.[18]
"¡Facer versos!"
"Unha reunión de confianza" [20]
"Revista dunha corrida ¿de touros?"
"Vaiche boa"
"A fonte do demo" [21]
"¿Veñen eses cartos?"
"A festa de San Palanquín" [22]
"Sátira de costumes contemporáneas" [18]
"¡O prémeo gordo de navidá!"
"Os caprichos da moda" [23]
"O Carmen do Briño"
"A feira de Verdillo"
"Carta que dende a súa aldea manda un abogado…" [24]
"Epigrama"
"¡¡¡Probe gaiteiro de Bayo!!!"
"Canto a Pontevedra"
"¡Que hermosa é a patria!"
"A hirmán da Caridade"
  • Adormideras. Poesías festivas, 1902, Pontevedra. Tipografía de A. Landín.[25]
"Dedicatoria"
"Adormideras"
"En el álbum de una maestra de párvulos"
"El poeta y su parodia"
"Carta abierta a los habitantes del planeta Saturno"
"El país de los grandes hombres"
"¡Quiero ser gallo!"
"A duro la manera de hacerse rico"
"La reunión de Cachemir"
"La petición de un peregrino"
"¡Yo carterista!"
"Los reyes Magos"
"Un café flamenco en Galicia"
"El cerdo y el hombre"
"Don Juan de la Coba y yo"
"¡La felicidad de los pobres!"
"Un invento prodigioso"
"Máximas inmorales"
"¡Dos prohijados!"
"El robo de las cerezas"
"Adiós... siglo"
"¿Que vería?"
"¡¡¡Nada!!!"
"Las grandezas humanas"
"La ley del mundo"
"¡Mi primer ascenso!"
Edicións póstumas
  • Poesía castelá completa.
  • A poesía galega completa.[29] Amais das composicións publicadas en libro en vida do autor, inclúe as seguintes:
"Manuel Martínez e González"
"Benito Losada"
"Pregunta extraordinaria"
"Carta dun candidato ó seu eleutor"
"Xan Francisco"
"Maruxiña do Penedo"
"No que pensa"
"Epístola ou cousa eisí"
"Laureano Salgado"
"Ó río Lérez"
"¡¡Cen pesetas!!"
"Triadas célticas"
"A Pax"
"A Foliada"
"N'hai millos vida que a do labrego"
"Prólogo a Frangullas" (1910) de José Rey
"¡Morreu o poeta!"
"Váiseme a musa"
"Miña Pontevedra"
"A Santiago de Compostela no Xubileo de 1920"
"A fin do mundo"
"¡Que me enterren aló!"

Narrativa editar

  • Cuentos humorísticos. Est. Tipográfico de Ricardo Fé, Madrid 1905:[30]
"El problema del Sr. Cayetano
"Un ratón ilustre"
"El fabricante de palillos"
"Grandezas humanas"
"El matrimonio de doña Brigida"
"Amor interplanetario"
"El mártir de la opinión"
"Plantar un robre"
"Un loco hace ciento"
"El hombre fúnebre"
"Aventuras de un antropófago en Nueva Guinea"
"Entender la Química"
Edicións póstumas
Inclúe 18 contos, os da edición de 1905, en castelán, máis cinco en galego:
"O rey que rabiou. Conto antediluviano sin pés nin cabeza" [31]
"O tío Miseria. Conto metá deste mundo, e metá do outro" [32]
"O secreto do tío Sanfona. Conto popular" [33]
"Alegría que pasa. ¡Unha mala visita!"
"A língoa pequena. Conto" [34]
 
O tío Miseria e outros contos é o v. 15 da Biblioteca Galega 120
"O tío Miseria. Conto metá deste mundo, e metá do outro" [32]
"O secreto do tío Sanfona. Conto popular" [33]
"A língoa pequena. Conto" [34]
"O rei que rabiou. Conto antediluviano sin pés nin cabeza" [31]
"A compaña. Conto"
"O libro de San Ciprián"
"Na romaría da Barca. Como se sacan os demos do corpo"
"Alegría que pasa. ¡Unha mala visita!"

Teatro editar

  • El carnaval de 1900 en Pontevedra: "Recuerdos del carnaval de 1900" e "Pontevedra en 1900".[37]
  • Unha boa misa, sainete publicado en 1905 no n.º 86 de Nova Galicia.[4][38]
  • El planeta Marte, zarzuela, inédita.[4][38]
  • El alcalde de Matalarrana, zarzuela, inédita.[4][38]

Recoñecementos editar

Obtivo algúns premios, entre os que destaca a composición “Unha corrida de touros en Noya” gañadora no Certame Literario Musical de O'Galiciano de Pontevedra de 1886. Participou tamén nos Xogos florais de Betanzos.

Unha praza e o colexio público de Baio (CEIP Labarta Pose)[39] e dúas rúas, nos concellos de Carballo e Pontevedra, levan o seu nome.

Nos últimos anos, unha comisión que representa a varios colectivos da súa veciñanza, coordinada por Jorge Mira,[40] ven reclamando que se lle dedique un Día das Letras Galegas á figura de Enrique Labarta.[41]

O 24 de outubro de 2017 o Congreso dos Deputados aprobou, por unanimidade, unha proposición non de lei co texto seguinte:

... El Congreso de los Diputados manifiesta la voluntad firme de dar a conocer y promover la difusión de la figura y de la obra del intelectual, escritor y poeta baiés Enrique Labarta Pose e instar a promover la firma de convenios de colaboración con el Ayuntamiento de Zas, en el que se ubica la localidad de Baio, donde nació, y con las entidades culturales Adro y Badius, que vienen emprendiendo actualmente actividades de homenaje y conmemoración de la vida y obra del escritor".[42]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Labarta Pose, Enrique". Diccionario enciclopédico galego universal 36. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 80. ISBN 84-7680-429-6. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Carballo, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 477–478. ISBN 84-7154-227-7. 
  3. Brañas, Alfredo (1889). Jaime Molinas, ed. El regionalismo: estudio sociológico, histórico y literario (en castelán). Barcelona. p. 336. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Varela, X. M. (1995). "Enrique Labarta Pose: apuntamentos para unha biografía". BGL (13): 105–115. 
  5. "Meu orfiño" aparece publicado tamén en Revista Gallega: nº 307, p. 5-6, 2/2/1901 Arquivado 17/09/2017, en Wayback Machine.
  6. Santos Gayoso, E. (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8. 
  7. Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. II. Publicacións periódicas. Galaxia. ISBN 84-8288-137-X. 
  8. "Enrique Labarta Pose, unha das primeiras fotografías impresas da historia en Galicia". Que pasa na Costa. 14/1/2017. Arquivado dende o orixinal o 15/09/2017. Consultado o 14/09/2017. 
  9. Rei Lema, Xosé María (2000). "Francisco Romero Lema ou unha vida de homenaxe a Enrique Labarta Pose" (PDF). BGL (24): 125–132. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 02 de maio de 2015. 
  10. Lamela, L. (2002). "Retranca galega". Crítica e autores I. Biblioteca Galega 120. La Voz de Galicia. pp. 69–70. ISBN 84-9757-097-9. 
  11. "Una catástrofe en Barcelona. Descarrilamiento y choque de un tren". El Imparcial: 2. 10/4/1925. 
  12. "La espantosa catástrofe de Sarriá, que ha costado la vida a 22 viajeros". Mundo Gráfico: 8–14. 15-4-1925. 
  13. 13,0 13,1 "Meu orfiño" aparece publicado tamén en Revista Gallega: nº 307, p. 5-6, 2/2/1901 Arquivado 17/09/2017, en Wayback Machine.
  14. O título completo é Bálsamo de Fierabrás. Colección de versos en gallego y castellano. Foi impreso na "Librería de Fernando Fé", na Carrera de San Jerónimo.
  15. Iglesias, Xabier (14/7/2013). "Bálsamo de Ferabrás"". Os libros de Ánxel Casal. 
  16. Publicado anteriormente en Galicia Humorística n.º 4, 29/2/1988
  17. Poesías premiadas Biblioteca Digital Hispánica, Biblioteca Nacional de España.
  18. 18,0 18,1 Publicado en 1897 no n.º 12 de Galicia Moderna Arquivado 07 de setembro de 2018 en Wayback Machine.
  19. Millo miúdo Biblioteca Digital Hispánica, Biblioteca Nacional de España.
  20. Publicado anteriormente en Extracto de Literatura n.º 15, p. 13-14, 15/04/1893.
  21. Publicado en 1900 no n.º 272 de Revista Gallega Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine.
  22. Publicado en 1898 no n.º 21 de Galicia Moderna Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine.
  23. Publicado anteriormente en Galicia Humorística n.º 4, 29/2/1988
  24. Publicado anteriormente en Galicia. Revista Regional n.º 1, xaneiro de 1887 Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine.
  25. "Recensión". Blanco y Negro (en castelán): 22. 19/4/1902. 
  26. Poesía premiada n-os xogos florales d'o Circulo Católico de Obreros de Pontevedra que se celebraron no mes d'Agosto de 1903.
  27. Mira Pérez, Jorge (17/4/2018). "Enrique Labarta Pose: alén de Troia". Real Academia Galega. 
  28. O antetítulo é Obras de Enrique Labarta, editado pola "Editorial Políglota". Reeditado en 1960 en Santiago de Compostela por Porto y Cía con prólogo de Benito Varela Jácome.
  29. Platas Tasende, A (febreiro de 1996). "Recensión" (PDF). EDUGA (10): 183–186. 
  30. Reeditado en 1929 pola "Editorial Políglota", de Barcelona.
  31. 31,0 31,1 Publicado en 1898 no n.º 30 de Galicia Moderna Arquivado 13 de setembro de 2017 en Wayback Machine.
  32. 32,0 32,1 Publicado en 1897 no n.º 6 de Galicia Moderna Arquivado 13 de setembro de 2017 en Wayback Machine.
  33. 33,0 33,1 Publicado en 1897 no n.º 3 de Galicia Moderna Arquivado 13 de setembro de 2017 en Wayback Machine.
  34. 34,0 34,1 Publicado en 1897 no n.º 13 de Galicia Moderna Arquivado 13 de setembro de 2017 en Wayback Machine.
  35. En 1996 Galaxia reeditouno co simple título de: Contos.
  36. Varela, X. M. (2002). "A fortuna do tío Miseria". Crítica e autores I. Biblioteca Galega 120. La Voz de Galicia. pp. 67–68. ISBN 84-9757-097-9. 
  37. "Pontevedra en 1900. Despropósito bufo, lírico, fantástico y carnavalesco, sin pies ni cabeza, en prosa y verso, dividido en 2 actos y 10 cuadros."
  38. 38,0 38,1 38,2 Rei Lema, Xosé María (13/3/2012). "Aparece un sainete escrito en galego por Labarta Pose". La Voz de Galicia. 
  39. CEIP Labarta Pose
  40. Mira, Jorge (2002). "Figura esquecida". Crítica e autores I. Biblioteca Galega 120. La Voz de Galicia. pp. 66–67. ISBN 84-9757-097-9. 
  41. Díaz, Taciana (29/11/2004). "Enrique Labarta Pose, el rey de la prensa satírica gallega". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12/09/2017. Consultado o 11/09/2017. 
  42. "Proposición no de Ley sobre la conmemoración y difusión de las figuras de … y de Enrique Labarta Pose (1863-1925), en el 92 aniversario de su fallecimiento. (Núm.Exp. 161/002353 )". 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar