Enida ou Enide é unha personaxe da lenda Artúrica. É a muller de Erec no Érec et Énide de Chrétien de Troyes, e de Geraint no romance galés Geraint e Enid, análogo á versión de Chrétien. Algúns estudosos acreditan que tanto o romance en francés antigo como en galés derivan dunha fonte común máis antiga agora perdida. De calquera forma, parece probábel que Geraint derive directa ou indirectamente de Erec, a pesar de que Chrétien poida ter usado fontes galesas ou en bretón.

Enida, na súa primeira aparición, ao lado da súa nai nos Idilios do Rei, ilustración de Gustave Doré