A enerxía solar é a enerxía obtida do Sol. A radiación solar incidente na Terra pode aproveitarse, pola súa capacidade para quentar, ou directamente, a través do aproveitamento da radiación en dispositivos ópticos ou doutro tipo. É un tipo de enerxía renovable e limpa, o que se coñece como enerxía verde.

A central térmica solar PS10, de 11 MW, produce electricidade a partir do Sol, utilizando 624 espellos móbiles chamados helióstatos.

Características editar

Enerxías renovables
 
Logo de enerxías renovables
Biodiésel
Biomasa
Enerxía xeotérmica
Enerxía hidráulica
Enerxía solar
Enerxía mareomotriz
Enerxía undimotriz
Enerxía eólica

A potencia da radiación varía segundo o momento do día, as condicións atmosféricas que a amortecen e a latitude. Pódese asumir que en boas condicións de irradiación o valor é aproximadamente de 1000 W/m² na superficie terrestre. Esta potencia coñécese como irradiancia.

A radiación é aproveitable nos seus compoñentes directa e difusa, o na suma das dúas. A radiación directa é a que chega directamente do foco solar, sen reflexións ou refraccións intermedias. A difusa é a emitida pola bóveda celeste diúrna grazas ós múltiples fenómenos de reflexión e refracción solar na atmosfera, nas nubes e no resto de elementos atmosféricos e terrestres. A radiación directa pode reflectirse e concentrarse para a súa utilización, mentres que non é posible concentrar a luz difusa que provén de tódalas direccións.

A irradiancia directa normal (ou perpendicular ós raios solares) fora da atmosfera, recibe o nome de constante solar e ten un valor medio de 1354 W/m² (que corresponde a un valor máximo no perihelio de 1395 W/m² e un valor mínimo no afelio de 1308 W/m².)

Segundo os informes de Greenpeace, a fotovoltaica podería subministrar electricidade a dous terzos da poboación mundial no 2030.

Tecnoloxía e usos da enerxía solar editar

Clasificación por tecnoloxías e a súa correspondente uso mais xeral:

  • Enerxía solar pasiva: Aproveita a calor do Sol sen necesidade de mecanismos ou sistemas mecánicos.
  • Enerxía solar térmica: Para producir auga quente de baixa temperatura para uso sanitario e calefacción.
  • Enerxía solar fotovoltaica: Para producir electricidade mediante placas de semicondutores que altéranse coa radiación solar.
  • Enerxía solar termoeléctrica: Para producir electricidade cun ciclo termodinámico convencional a partir dun fluído quentado a alta temperatura (aceite térmico)
  • Enerxía solar híbrida: Combina a enerxía solar con outra enerxía. Segundo a enerxía coa que se combine é unha hibridación: Renovable: biomasa, enerxía eólica ...
  • Enerxía eólica solar: Funciona có aire quentado polo sol, que sobe por unha cheminea onde están os Xeradores.

Outros usos da enerxía solar e exemplos mais prácticos das súas aplicacións:

Centros de investigación en enerxía solar editar

  • Instituto de Enerxía Solar, da Universidade Politécnica de Madrid.
  • Centro de Investigacións Enerxéticas, Medioambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT).
  • Institut für Solare Energiesysteme (ISE) en Alemaña.
  • National Renewable Energy Laboratory (NREL) nos Estados Unidos de América.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar