En perigo crítico

A denominación "en perigo crítico" (abreviada CR, do inglés critically endangered) é a denominación utilizada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) para un dos estado de conservación dunha especie cando esta se considera que está ante un grave risco de extinción na natureza.[1] É a categoría de maior risco asignada pola IUCN na súa lista vermella para unha especie en estado silvestre. No sistema de categorías da UICN é o nivel de risco inmediatamente superior a "en perigo" (EN) e anterior a "extinta en estado silvestre" (EW).

En 2014, había 2464 especies animais e 2104 de plantas con esta valoración, o que supón un aumento con respecto ao ano 1998, cando había 854 e 909 catalogadas, respectivamente.[2]

Como na lista vermella da IUCN non se considera extinta unha especie ata que se fan exames específicos e extensos sobre a súa situación na natureza, as especies que posiblemente están xa extintas pero para as que non se realizaron estes estudos son colocadas polo momento como en perigo crítico. A IUCN ten unha lista[3] de especies "posiblemente extintas" CR(PE) e "posiblemente extintas na natureza" CR(PEW), modeladas nas categorías usadas pola BirdLife International par categorizar estes taxons.

Definición da IUCN editar

Para que unha especie sexa definida como en perigo crítico na Lista vermella, esa especie debe cumprir calquera dos seguintes criterios (do A ao E). A abreviación usada pola IUCN "3G/10Y" (3 generations/10 years) significa tres xeracións ou dez anos —aínda que sexa máis longa— nun máximo de 100 anos; "MI" significa individuos maduros (mature Individuals):[4]

A: A especie aparece nunha área de menos de 100 km² e ademais cumpre dúas das seguintes condicións:
1. Grave fragmentación do seu hábitat ou existe só nunha localidade
2. Declive na extensión da súa aparición, área de ocupación, área/extensión/cualidade do hábitat, número de localizacións/subpoboacións, ou cantidade de MI.
3. Flutuacións extremas na extensión da aparición, área de ocupación, número de localizacións/subpoboacións, ou cantidade de MI.
B: Igual que arriba, pero menos de 10 km² (utilizado para mostrar diferentes niveis de gravidade).
C: Declive da poboación de menos de 250 MI e ou un dos seguintes:
1. Un declive do 25% en 3G/10Y;
2. Flutuacións extremas, ou un 90% de MI nunha soa subpoboación, ou non máis de 50 MI en calquera das subpoboacións.
D: Cantidades menores de 50 MI.
E: Polo menos un 50% de posibilidades de extinguirse na natureza en 3G/10Y.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar