Emmerson Mnangagwa

político zimbabwés

Emmerson Dambudzo Mnangagwa, nado o 15 de setembro de 1942, é un revolucionario e político cimbabués que exerce como o terceiro e actual presidente de Cimbabue dende o 24 de novembro de 2017.

Infotaula de personaEmmerson Mnangagwa
Biografía
Nacemento15 de setembro de 1942 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Zvishavane (Rodesia do Sur) Editar o valor em Wikidata
Cargos
   Presidente de Cimbabue
Período24 de novembro de 2017 – 
AntecesorRobert Mugabe
Datos persoais
Outros nomesGarwe, Ngwena (o crocodilo)
ResidenciaZvishavane (pt) Traducir
Pequín
Lusaca
Mumbwa (pt) Traducir
Nanjing Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeCimbabue
República de Rodesia
Rodesia do Sur
Federação da Rodésia e Niassalândia (pt) Traducir
Zimbabwe-Rodésia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Zâmbia (pt) Traducir - Grao en Leis (1973–1974)
Academia Militar Exipcia
Universidade de Londres
David Kaunda Technical High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Chililabombwe (pt) Traducir
Lusaca
Harare Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoZANU–PF
Participou en
16 de xaneiro de 2023World Economic Forum Annual Meeting 2023 (en) Traducir
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Forum Económico Mundial de 2019
23 de xaneiro de 2018World Economic Forum Annual Meeting 2018 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJayne Mnangagwa (1973–2002)
Auxillia Mnangagwa
FillosFarai Mlotshwa (en) Traducir
 ()
Emmerson Tanaka Mnangagwa (en) Traducir
 ()
Sean Mnangagwa (en) Traducir
 ()
Emmerson Dambudzo Mnangagwa (en) Traducir
 ()
Tasiwa Mnangagwa (en) Traducir
 ()
Collins Mnangagwa (en) Traducir
 () Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webedmnangagwa.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: Emmerson-Dambudzo-Mnangagwa-709844565772844 Twitter: edmnangagwa Editar o valor em Wikidata

Membro de ZANU-PF e aliado durante moitos anos do presidente anterior, Robert Mugabe, ostentou unha serie de postos de goberno e foi vicepresidente de Cimbabue durante o goberno de Mugabe até novembro de 2017, cando foi destituído antes de chegar ao poder nun golpe de Estado. O 26 de agosto de 2018 gañou as eleccións xerais de Cimbabue.

Traxectoria editar

Mnangagwa naceu en 1942 en Shabani, Rodesia do sur, nunha familia numerosa da etnia Shona.[1] Os seus pais eran campesiños, e na década de 1950 a familia tivo que se mudar a Rodesia do norte debido ao activismo político do seu pai. Alí, Emmerson realizou actividades anti-coloniais, e en 1963, uniuse ao novo Exército de Liberación Nacional Africano de Cimbabue, o brazo militar da Unión Nacional Africana de Cimbabue (ZANU), e regresou a Rodesia en 1964.[2] Liderando un grupo chamado a "Banda do Crocodilo", atacaba granxas de donos brancos nas montañas do oeste de Cimbabue. En 1965, fixo estourar un tren preto de Fort Victoria (agora Masvingo)[3] polo que pasou dez anos no cárcere (onde coñeceu a Robert Mugabe),[2] foi logo liberado e deportado a Rodesia Do norte, por aquel entón xa un país independente chamado Zambia. Estudou entón na Universidade de Zambia e máis tarde na Universidade de Londres, e exerceu como un avogado. Pero pronto deixou a práctica privada legal e foi ao Mozambique portugués para volverse unir ao ZANU. Alí foille asignado o labor de escolta de Robert Mugabe,[1] ao que acompañou a asinar o Acordo da Casa de Lancaster, que recoñecía a independencia de Cimbabue en 1980.[2]

Despois da independencia, Mnangagwa ostentou unha serie de cargos no goberno de Mugabe. Desde 1980 a 1988, foi Ministro de Seguridade Estatal, e supervisou a Organización Central de Intelixencia. É debatido o seu papel nos masacres do Gukurahundi, nos que miles de civís ndebele foron asasinados e que ocorreron durante o seu mandato.[4][5]

Foi Ministro de Xustiza e Asuntos Legais e Parlamentarios de 1989 a 2000 e logo Portavoz do Parlamento de 2000 a 2005, cando foi degradado a Ministro de Aloxamento Rural para disuadilo abertamente de suceder o avellentado Mugabe. Recuperou o favor durante as eleccións xerais de 2008, nas que participou na campaña de Mugabe, orquestrando violencia política contra o Movemento para o Cambio Democrático - Tsvangirai. Mnangagwa exerceu como Ministro de Defensa de 2009 até 2013, cando se converteu outra vez en Ministro de Xustiza. Foi tamén nomeado Primeiro Vicepresidente en 2014 e era amplamente considerado como candidato principal para suceder a Mugabe.

A ascensión de Mnangagwa contou coa oposición da muller do presidente, Grace Mugabe,[6] e a súa facción chamada Xeración 40. Foi destituído dos seus cargos por Mugabe en novembro de 2017, e fuxiu a Suráfrica.[7] Pouco despois, o xeneral Constantino Chiwenga, apoiado por elementos das Forzas de Defensa de Cimbabue e membros da facción de Mnangagwa, coñecida como Lacoste, deu un golpe. Despois de perder o apoio do ZANU-PF, Mugabe dimitiu,[6] e Mnangagwa regresou a Cimbabue para asumir a presidencia.[8] Asegurou o seu primeiro mandato completo como Presidente de Cimbabue nas eleccións de xullo de 2018, que gañou cun 50.8% dos votos.[9]

Mnangagwa é alcumado "Garwe" ou "Ngwena", que significa "o crocodilo" en lingua shona,[10][11] inicialmente porque ese era o nome do grupo guerrilleiro que fundou, e máis tarde debido á súa sagacidade política. A facción dentro do ZANU–PF que o apoia é chamada Lacoste como a empresa de roupa francesa cuxo logo é un crocodilo.[12][13]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "A Strongman Nicknamed ‘Crocodile’ Is Poised to Replace Mugabe". The New York Times (en inglés). 16 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "President Mnangangwa’s early days, political career" (en inglés). 26 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  3. "Chimurenga II Chronicles: Torture, death & love in prison" (en inglés). 3 de abril de 2016. Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  4. "Gukurahundi ghosts haunt Mnangagwa" (en inglés). 24 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  5. "US cables link Mnangagwa, Mugabe to Gukurahundi" (en inglés). 31 de decembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2018. Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  6. 6,0 6,1 "Emmerson Mnangagwa: After Robert Mugabe resigns, who is the Zanu-PF politician favourite to succeed him as Zimbabwe President?" (en inglés). 21 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  7. "Zimbabwe's Ousted Vice President Flees After Death Threats". 8 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  8. "Zimbabwe's Mnangagwa promises jobs in 'new democracy'". BBC (en inglés). 22 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019.. 
  9. "Resultados das eleccións 2018" (en inglés). 3 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2018. Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  10. "Who is Emmerson Mnangagwa, Mugabe's successor in Zimbabwe?" (en inglés). 22 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  11. Dale, D. (1981). Duramazwi: A Basic Shona-English Dictionary (en inglés). Mambo. pp. 66, 154. 
  12. "Emmerson Mnangagwa: Will he be different from Mugabe?". BBC (en inglés). 24 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019. 
  13. "Emmerson Mnangagwa, the 'crocodile,' in line to be Zimbabwe's next leader" (en inglés). 22 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar