Emmanuelle Riva

actriz francesa

Paulette Germaine Riva, nada en Cheniménil o 24 de febreiro de 1927 e finada en París o 27 de xaneiro de 2017, foi unha actriz francesa, coñecida como Emmanuelle Riva (|ɛmanɥɛl ʁiva|). É coñecida especialmente polas súas interpretacións nos filmes Hiroshima mon amour (1959) e Amour (2012).

Emmanuelle Riva
Nome completoPaulette Germaine Riva
Alcume/outrosEmmanuelle Riva
Nacemento24 de febreiro de 1927
LugarCheniménil
Falecemento27 de xaneiro de 2017
Lugar16º distrito de París
Causacancro
SoterradoCimetière de Charonne e Grave of Riva
NacionalidadeFrancia
Profesiónactriz, fotógrafa, poeta, actriz de teatro, actriz de cinema e escritora
Na rede
IMDB: nm0728938 Allocine: 2303 Rottentomatoes: celebrity/emmanuelle_riva Allmovie: p60411 TCM: 1352050
Musicbrainz: 7965e4fd-1937-4b3c-b73e-392ce3212883 Discogs: 1388799 Find a Grave: 175779301 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Riva foi candidata ao premio da BAFTA polo seu papel en Hiroshima mon amour, e gañou a Copa Volpi do Festival de Venecia por Thérèse Desqueyroux (1962). Pola súa interpretación en Amour, de Michael Haneke, gañou o BAFTA e o César e foi candidata ao Oscar á mellor actriz.

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Riva naceu en 1927 en Cheniménil, Francia,[1] filla de Jeanne Fernande (de solteira Nourdin), unha costureira, e René Alfred Riva, pintor de carteis italiano.[2]

Creceu en Remiremont e Riva amosou unha paixón temperá pola interpretación, actuando en obras de teatros locais, aínda que traballou durante varios anos como costureira. Tras ver un anuncio nun xornal local, Riva apuntouse a unha escola de interpretación de París.[3]

Aos vinte e seis anos mudouse a París para tratar de seguir unha carreira como actriz, a pesar das obxeccións da súa familia.[2][4] En 1954, debutou no teatro parisiense cunha produción de Arms and the Man, de George Bernard Shaw.[3] En 1957, Riva apareceu por primeira vez na televisión na serie Énigmes de l'histoire.[5]

Carreira cinematográfica editar

Riva tivo un dos papeis principais de Hiroshima mon amour (1959), filme dirixido de Alain Resnais e escrito por Marguerite Duras, en que interpretou unha actriz francesa que tiña un idilio cun arquitecto xaponés (Eiji Okada) en Hiroshima.[3] A súa actuación valeulle varios premios e candidaturas.[5] Máis tarde apareceu en Kapò, de Gillo Pontecorvo (1960), Léon Morin, prêtre, de Jean-Pierre Melville (1961) e Thérèse Desqueyroux, de Georges Franju (1962). Tamén apareceu en Trois couleurs: Bleu, de Krzysztof Kieślowski (1993), Vénus Beauté (Institut), de Tonie Marshall (1999) e Le Skylab, de Julie Delpy (2011).[3][4]

 
Emmanuelle Riva no Festival de Cannes de 2012.

Riva protagonizou o éxito de crítica Amour (2012), de Michael Haneke, con Jean-Louis Trintignant, en que interpretaba unha profesora de música anciá que é coidada polo seu marido tras unha serie de infartos debilitantes. Riva gañou o BAFTA e foi candidata ao Oscar á mellor actriz. Viaxou á cerimonia dos Oscar, que tiña lugar no seu 86º aniversario, pero perdeu contra Jennifer Lawrence.[4] Con 85 anos converteuse na actriz protagonista de máis idade candidata ao Oscar, e a segunda intérprete de máis idade, tras Gloria Stuart, que foi candidata con 87 anos.[6]

Outros traballos editar

Riva tivo unha extensa carreira teatral en París. En 2001 actuou en Medea no Festival d'Avignon. Tamén apareceu ocasionalmente na televisión francesa. Riva volveu aos escenarios parisienses en febreiro de 2014, coprotagonizando con Anne Consigny a obra de Marguerite Duras Savannah Bay no Théâtre de l'Atelier.[7]

Mentres filmaba Hiroshima mon amour, Riva fotografou Hiroshima; medio século despois expuxéronse estas fotografías no Nikon Salon e foron editadas en forma de libro en Francia e o Xapón.[8]

Riva tamén publicou poesía.[9]

Falecemento editar

Riva faleceu de cancro o 27 de xaneiro de 2017 en París, catro semanas antes do seu noventa aniversario. O 4 de febreiro de 2017 tivo lugar un servizo na súa memoria na igrexa de Saint-Germain de Charonne no 20.º arrondissement de París; foi enterrada no cemiterio de Charonne.[10][11]

Vida privada editar

Riva nunca casou nin tivo fillos.[4] Tivo unha parella, que faleceu en 1999.[3] Riva era a propietaria dun apartamento nun cuarto andar no Barrio Latino de París, en que viviu durante máis de medio século.[2]

Filmografía seleccionada editar

Ano Título Director Notas
1959 Hiroshima mon amour Alain Resnais Candidata—BAFTA á mellor actriz estranxeira
1959 Kapò Gillo Pontecorvo
1960 Le huitième jour Marcel Hanoun
Adua e le compagne Antonio Pietrangeli
Recours en grâce Laslo Benedek
1961 Léon Morin, prêtre Jean-Pierre Melville
1962 Thérèse Desqueyroux Georges Franju Copa Volpi á mellor actriz
Climats Stellio Lorenzi
1963 Le ore dell'amore Luciano Salce
Le gros coup Jean Valère
1965 Thomas l'imposteur Georges Franju
1967 Les risques du métier André Cayatte
1973 J'irai comme un cheval fou Fernando Arrabal
1982 Gli occhi, la bocca Marco Bellocchio
1993 Trois couleurs: Bleu Krzysztof Kieślowski
1999 Vénus Beauté (Institut) Tonie Marshall
2001 Médée Don Kent
2009 Un Homme et Son Chien Francis Huster
2011 Le Skylab Julie Delpy
2012 Amour Michael Haneke BAFTA á mellor actriz protagonista
Boston Society of Film Critics Award á mellor actriz
César á mellor actriz
Dublin Film Critics Circle Award á mellor actriz
Premio do Cinema Europeo á mellor actriz
International Cinephile Society Award á mellor actriz
London Film Critics Circle Award á mellor actriz do ano
Los Angeles Film Critics Association Award á mellor actriz
Premios Lumières á mellor actriz]
National Society of Film Critics Award á mellor actriz
Premio New York Film Critics Online á mellor actriz
Premio Cinema Ludus á mellor actriz europea
San Francisco Film Critics Circle Award á mellor actriz
Candidata—Oscar á mellor actriz
Candidata—AACTA International Award á mellor actriz
Candidata—Premio da Alliance of Women Film Journalists á mellor actriz
Candidata—Broadcast Film Critics Association Award á mellor actriz
Candidata—Chicago Film Critics Association Award á mellor actriz
Candidata—Dallas-Fort Worth Film Critics Association Award á mellor actriz
Candidata—Premio Dorian á mellor actriz
Candidata—Houston Film Critics Society á mellor actriz
Candidata—Irish Film & Television Awards á mellor actriz internacional
Candidata—Online Film Critics Society Award á mellor actriz
Candidata—Premio do New York Film Critics Circle á mellor actriz
Candidata—Satellite Award á mellor actriz - Drama
Candidata—Toronto Film Critics Association Award á mellor actriz
Candidata—Washington D.C. Area Film Critics Association Award á mellor actriz
2016 Marie et les naufragés Sébastien Betbeder
2016 Paris pieds nus Dominique Abel e Fiona Gordon
2017 La Sainte Famille Marion Sarraut

Obras editar

  • Riva, Emmanuelle (1975). Le Feu des miroirs (en francés). París: Éditions Saint-Germain-des-Prés. 
  • Riva, Emmanuelle (1976). Juste derrière le sifflet des trains (en francés). París: Éditions Saint-Germain-des-Prés. ISBN 2-243-00380-5. 
  • Riva, Emmanuelle (1982). L'otage du désir (en francés). París: Nouvelles Éditions latines. ISBN 2-7233-0184-2. 
  • Riva, Emmanuelle (2008). Hiroshima 1958 (en xaponés). Tokyo: Inscript. ISBN 978-4-900997-22-6. 
  • Riva, Emmanuelle (2009). Tu n'as rien vu à Hiroshima (en francés). París: Gallimard. ISBN 978-2-07-012298-1. 

Notas editar

  1. "Emmanuelle Riva: a life in pictures". The Guardian. 28 de xaneiro de 2017. Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Emmanuelle Riva: ‘I thank heaven for the child that’s still in me’". The Irish Times. 10 de xaneiro de 2015. Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Renewed Love for Symbol of New Wave". The New York Times. 1 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Emmanuelle Riva, French icon who starred in Amour, dies aged 89". The Guardian. 28 de xaneiro de 2017. Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 "‘Amour’ Star Emmanuelle Riva Dies: Oscar-Nominated Actress Was 89". IndieWire. 28 de xaneiro de 2017. Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  6. "Oscars 2013: Records Broken for Oldest, Youngest Nominees". The Hollywood Reporter. 10 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  7. "Oscar Nominee Emmanuelle Riva to Star in French-Language Savannah Bay in Paris and Washington, D.C.". Playbill. 30 de outubro de 2013. Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  8. "Emmanuelle Riva 'Hiroshima 1958'", Tokyo Art Beat. エマニュエル・リヴァ展 [Hiroshima 1958], Nikon. Consultados o 24 de xullo de 2010.
  9. Kim Willsher "Emmanuelle Riva, 85, star of Amour, tells of her extraordinary life", The Observer, 10 de febreiro de 2013.
  10. "L'actrice Emmanuelle Riva enterrée dans la discrétion à Paris". Le Parisien. 4 de febreiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2017. Consultado o 17 de marzo de 2019. 
  11. "Emmanuelle Riva enterrée en toute discrétion à Paris". Paris Match. 5 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar