Emirato de Córdoba

O emirato de Córdoba (en árabe, إمارة قرطبة, Imārat Qurṭuba) foi un emirato musulmán con capital en Córdoba. Inicialmente tratouse dunha dependencia do califato de Damasco, até que no 756 os omeias son expulsados do califato, erixíndose en independentes e creando o Emirato Independente de Córdoba ou Emirato Omeia de Córdoba.

Al-Andalus contra o ano 910