Emblema de Macedonia do Norte

No escudo de Macedonia do Norte aparece representado o sol nacente sobre o país como símbolo da liberdade que se estende por todo o territorio. As figuras centrais representan a montaña de Shar e o lago Ohrid, rodeados polas plantas do trigo na parte superior e da papoula na parte inferior. Na base aparece unha cinta cun bordado tradicional que é usado como adorno nacional macedónico[1].

Escudo de Macedonia do Norte.

O escudo de Macedonia foi aprobado o 27 de xullo de 1946 pola Asemblea do Pobo da República Popular de Macedonia. Tras producirse a independencia de República Federal Socialista de Iugoslavia en 1991, estudouse recuperar o antigo escudo, un león heráldico de ouro nun campo de goles, mais esta iniciativa non prosperou porque o antigo escudo actualmente se usa como símbolo dalgúns partidos políticos nacionalistas, a etnia albanesa de Macedonia rexéitao como emblema nacional e os compoñentes do antigo brasón figuran na heráldica búlgara.

Escudos antigos editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar