O Emajõgi (en alemán: Embach, en letón: Mētra) é un río de Estonia, da conca hidrográfica do lago Peipus, da cal tamén forma parte o río Narva. Nace no lago Võrtsjärv e flúe cara ao leste polo territorio do condado de Tartu ao longo de 100 km até a súa desembocadura no citado lago Peipus. Atravesa a cidade de Tartu.

Emajõgi
O río Emajogi ao seu paso polo ponte de Kaarsild en Tartu.
PaísEstonia Estonia
NacementoVõrtsjärv
Altitude33,6 msnm
Lonxitude100 km
Conca9 740 km2
Caudal medio70 m3/s
DesembocaduraLago Peipus

O termo Emajõgi significa "Río Nai" en idioma estoniano, aínda que tamén é coñecido como Suur Emajõgi (o "Grande Emajõgi"), en oposición ao Väike Emajõgi ("Pequeno Emajõgi"), outro río que ten o seu nacemento ao sur do lago Võrtsjärv.

O Emajõgi é o segundo río máis importante de Estonia polo seu caudal hídrico, e o único aberto á navegación.[1] Os seus afluentes son, pola marxe dereita: o Pede, o Laeva e o Amme; pola esquerda: o Elva, o Porijõgi e o Ahja.

Notas editar

  1. Ritsberg, Kersti; Hang, Tiit; Miidel, Avo (2005). "On the geology and morphology of the Emajõgi valley". Eesti Geograafia Seltsi aastaraamat (en estoniano) 35. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2012. Consultado o 6 de outubro de 2009.