Elvira Méndez (864 - 921)

nobre e raíña consorte galega

Elvira Méndez, ou Elvira Menéndez ou Elvira Menendiz, nada no ano 864 e finada en 921, foi unha nobre e raíña consorte galega.

Infotaula de personaElvira Méndez
Biografía
Nacementoc. 885 Editar o valor em Wikidata
Reino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Morte20 de febreiro de 921 ↔ 12 de outubro de 921 Editar o valor em Wikidata (35/36 anos)
Zamora Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturapanteón real da catedral de Oviedo Editar o valor em Wikidata
Raíña de León
914 – 924
← Nuna Muñoz (en) TraducirAragonta González →
Raíña de Galicia
910 – 924
← Nuna Muñoz (en) TraducirAragonta González → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeOrdoño II de Galicia e León Editar o valor em Wikidata
FillosSancho I, Ramiro II, Afonso IV de León Editar o valor em Wikidata
PaisHermenexildo Gotérrez Editar o valor em Wikidata  e Hermesinda Gatoniz Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Menéndez-166

Traxectoria editar

Filla dos magnates galegos Hermenexildo Guterrez (conde de Tui e do Porto e conquistador de Coímbra) e de Hermesinda, que viviu no século IX.

Casou no ano 900 con Ordoño (o futuro Ordoño II), fillo de Afonso III o Magno e Ximena Garcés, como enlace entre a nobreza galega e a monarquía.

Raíña de Galicia editar

No ano 910 recibiu o recoñecemento de todos os magnates galegos xunto ao seu marido, Ordoño II. A súa importante condición aristocrática foi imprescindible para que os grandes magnates galegos recoñeceran a Ordoño II como o seu rex ou señor. Algúns autores ven neste momento o nacemento dun reino de Galicia de seu, outros, porén, consideran tal recoñecemento como un pacto feudal entendendo que o reino de Galicia era moito maior que o territorio estritamente galego.

Tras a morte do seu cuñado, o rei García I, foi coroada como raíña consorte. Asinou co seu home numerosos documentos a prol da nobreza e da Igrexa Galega. A diocese de Iria Flavia-Santiago de Compostela beneficiouse das súas doazóns en vilas, servos e alfaias, sobresaíndo as doazóns á catedral de Santiago de Compostela, ao mosteiro de san Martiño Pinario, ao mosteiro de san Isidro de Dueñas e ao mosteiro de san Pedro de Montes.[1]

Fundadora dunha estirpe editar

Foi nai dos reis Sancho Ordóñez (o primoxénito e rei privativo de Galicia), Afonso IV e Ramiro II. Dela agromou unha estirpe de monarcas de Galicia e León.

Nupcias e descendencia editar

Froito do seu matrimonio co rei Ordoño II naceron cinco fillos que aparecen na documentación cos seus pais na seguinte orde:

Morte e sepultura editar

A raíña Elvira faleceu entre o 20 de febreiro e o 12 de outubro do ano 921.[4] Segundo a Crónica de Sampiro, cando o rei Ordoño II recibiu a nova da morte de Elvira ao seu regreso a Zamora dunha campaña contra os musulmáns, «foi tanto a dor que tivo polo seu pasamento canto fora o seu fozo do seu triunfo».[4]

Recibiu sepultura no panteón de reis da catedral de Oviedo. Os restos mortais da raíña foron depositados nun sepulcro acubillado por un arco de medio punto, no que aparecía esculpido o seguinte epitafio:[5]

HIC COLLIGIT TUMULUS REGALI EX SEMINE CORPUS GELCYRAE REGINAE ORDONII SECUNDI UXOR. OBIIT ERA DCCC... ET HOC ETIAM


Predecesor:
Ximena Garcés
 Raíña consorte de Galicia 
914 - 921
Sucesor:
Munia Ximena

Notas editar

  1. Sáez 1947, p. 30.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Rodríguez Fernández 1997, p. 103-104.
  3. Rodríguez Fernández 1997, p. 98.
  4. 4,0 4,1 Sáez 1947, pp. 31–33.
  5. Arco y Garay 1954, p. 144.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar