Elsa Sullivan Lanchester, nada en Londres o 28 de outubro de 1902 e finada nos Ánxeles o 26 de decembro de 1986, foi unha actriz británica cunha longa carreira no teatro, no cinema e na televisión. Fíxose célebre polo seu papel no filme Bride of Frankenstein (1935), en que interpretou a compañeira do monstro.

Elsa Lanchester
Nome completoElsa Sullivan Lanchester
Nacemento28 de outubro de 1902
Lugar de nacementoMetropolitan Borough of Lewisham
Falecemento26 de decembro de 1986
Lugar de falecementoWoodland Hills
Causapneumonía
NacionalidadeReino Unido
Relixiónateísmo
Ocupaciónactriz de teatro, actriz de cinema e actriz de televisión
NaiEdith Lanchester
CónxuxeCharles Laughton
PremiosGolden Globe Award de melhor atriz coadjuvante em cinema
Na rede
http://elsalanchester.freeservers.com/main.htm
IMDB: nm0006471 Allocine: 7551 Rottentomatoes: celebrity/elsa_lanchester Allmovie: p40228 TCM: 107841%7C47094 TV.com: people/elsa-lanchester IBDB: 12020
Musicbrainz: b1fa638a-53be-4c0b-9237-3d87543ae36c Discogs: 1516813 WikiTree: Lanchester-3 Find a Grave: 5588 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Inicios editar

Elsa Lanchester naceu en Lewisham, Londres.[1] Os seus pais, James "Seamus" Sullivan (1872–1945) e Edith "Biddy" Lanchester (1871–1966) eran considerados bohemios e rexeitaron legalizar a súa unión de calquera xeito convencional para satisfacer a sociedade conservadora da época. Eran ambos socialistas, de acordo coa entrevista de Lanchester na década de 1970 para Dick Cavett. O irmán máis vello de Elsa, Waldo Sullivan Lanchester, nacido cinco anos antes, era un monicrequeiro, e tiña a súa propia empresa de monicreques con sede en Malvern, Worcestershire e máis tarde en Stratford-upon-Avon.

Estudou danza en París con Isadora Duncan, de quen ela non gustaba. Cando a escola foi interrompida debido ao inicio da primeira guerra mundial, volveu ao Reino Unido. Naquel momento (tiña preto de doce anos de idade), comezou a ensinar danza no estilo de Duncan dando clases para nenos no distrito de South London onde moraba, a través do que gañou cartos extra que eran benvidos na súa casa.

Despois da primeira guerra mundial, comezou no Children's Theatre, e máis tarde no Cave of Harmony, un teatro en que se realizaban pezas modernas e espectáculos de cabaré. Alí reviviu vellas músicas e baladas vitorianas, moitas das cales mantivo nas súas interpretacións tituladas Riverside Nights. Fíxose suficientemente famosa para que a Columbia a convidase ao estudio de gravación para facer discos de 78 rpm de catro das músicas que ela cantaba nesas actuacións: "Please Sell No More Drink to My Father" e "He Didn't Oughter" apareceron nun disco (gravado en 1926) e "Don't Tell My Mother I'm Living in Sin" e "The Ladies Bar" apareceron noutro (gravado en 1930).[2]

As súas aparicións en cabarés e teatros levárona a realizar un traballo máis serio no escenario e foi nunha peza de Arnold Bennett chamada Mr. Prohack (1927) cando Lanchester coñeceu outro membro do elenco, Charles Laughton. Casaron dous anos despois e continuaron a actuar xuntos de cando en cando, tanto no escenario como na pantalla. Ela interpretou a súa filla na obra Payment Deferred (1931), aínda que non na versión do filme realizada en Hollywood. Lanchester e Laughton apareceron no Old Vic na temporada de 1933-34, interpretando Shakespeare, Chekhov e Wilde. En 1936 ela foi Peter Pan e Laughton o Capitán Gancho na obra de J. M. Barrie no London Palladium. A súa última aparición no escenario foi na obra The Party de Jane Arden (1958) no New Theatre, en Londres.[2]

Carreira cinematográfica editar

Lanchester debutou no cinema con The Scarlet Woman (1925) e en 1928 apareceu en tres curtas mudas, escritas por H. G. Wells e dirixidas por Ivor Montagu (Bluebottles, Daydreams e The Tonic), nos cales Laughton fixo pequenas aparicións. Tamén apareceron xuntos no "filme revue" Comets (1930), cun elenco británico de actores de teatro, musical e variedades. Nel cantaron o dueto "The Ballad of Frankie and Johnnie". Lanchester apareceu en varios outros filmes sonoros británicos anteriores, incluíndo Potiphar's Wife (1931), protagonizado por Laurence Olivier.

Lanchester apareceu novamente na pantalla con Laughton como unha Ana de Cleves altamente cómica, en The Private Life of Henry VIII (1933). Laughton estaba facendo filmes en Hollywood e Lanchester seguiuno, facendo pequenas aparicións en David Copperfield (1935) e Naughty Marietta (1935). Esas e as súas aparicións en filmes británicos axudárona a obter o papel do título no filme Bride of Frankenstein (1935). Ela e Laughton volveron a Gran Bretaña para actuaren xuntos novamente en Rembrandt (1936) e máis tarde en Vessel of Wrath (1938).[2]

Posteriormente, ambos volveron a Hollywood, onde el protagonizou The Hunchback of Notre Dame (1939), a pesar de que Lanchester non apareceu en ningún outro filme ata Ladies in Retirement (1941). Ela e Laughton actuaron como marido e muller (as súas personaxes chamáronse Charles e Elsa Smith) en Tales of Manhattan (1942) e apareceron novamente no elenco de estrelas, principalmente británico, de Forever and a Day (1943). Ela recibiu o maior caché en Passport to Destiny (1944) por única vez na súa carreira en Hollywood.[3]

Lanchester desempeñou papeis secundarios en The Spiral Staircase e The Razor's Edge (ambos de 1946). Apareceu como gobernanta en The Bishop's Wife (1947) con David Niven como o bispo, Loretta Young como a súa esposa, e Cary Grant como un anxo. Lanchester realizou un papel cómico como artista no suspense The Big Clock (1948), que Laughton protagonizou como un megalomaníaco magnate da prensa. Ela fixo unha participación como pintora especializada en escenas de natividade no filme Come to the Stable (1949), polo cal foi candidata ao Óscar á mellor actriz secundaria (1949).[2]

Durante o final da década de 1940 e 1950, apareceu en pequenos, mais altamente variados papeis secundarios en varios filmes, mentres aparecía simultaneamente no escenario do Turnabout Theatre en Hollywood.[4] Alí, realizou un espectáculo de vodevil xunto cun de monicreques, cantando músicas off-colors que máis tarde gravou nun par de LPs.[5]

Na pantalla, apareceu ao lado de Danny Kaye en The Inspector General (1949), actuou como unha chantaxista no filme Mystery Street (1950) e foi a compañeira de viaxe de Shelley Winters en Frenchie (1950). Tivo papeis secundarios no inicio da década de 1950, incluíndo unha breve aparición de 2 minutos como muller barbada en 3 Ring Circus (1954), a piques de ser barbeada por Jerry Lewis.

Uutro significativo e memorábel papel foi novamente co seu marido en Testemuña de cargo (1957), unha versión cinematográfica da obra de 1953 de Agatha Christie, pola que ambos recibiron candidaturas ao Óscar (ela pola segunda vez como mellor actriz secundaria), se ben ningún gañou. Non obstante, recibiu o Globo de Ouro á mellor actriz secundaria.

 
Lanchester e Edward Everett Horton como convidados especiais na Lei de Burke, 1964

Lanchester interpretou unha bruxa en Bell, Book and Candle (1958) e apareceu en filmes como Mary Poppins (1964), That Darn Cat! (1965) e Blackbeard's Ghost (1968). Apareceu o 9 de abril de 1959 no programa da NBC The Ford Show, Starring Tennessee Ernie Ford. Actuou en dous episodios do The Wonderful World of Disney tamén da NBC. Alén diso, tivo papeis convidados nun episodio de I Love Lucy en 1956 e en episodios de The Eleventh Hour da NBC (1964) e The Man from U.N.C.L.E. (1965).[6]

En 1965-66 apareceu regularmente na televisión na sitcom de John Forsythe, The John Forsythe Show, na NBC como Miss Culver, directora dunha academia privada de meniñas en San Francisco. Continuou a traballar na televisión no inicio da década de 1970, aparecendo como unha personaxe recorrente en Nanny and the Profesor, con Richard Long e Juliet Mills.

Lanchester continuou a facer aparicións ocasionais no cinema, cantando un dueto con Elvis Presley en Easy Come, Easy Go (1967) e interpretando a nai de Willard (1971), con Bruce Davison e Ernest Borgnine, que tivo éxito de público.

Foi tamén Jessica Marbles, unha detective baseada en Jane Marple de Agatha Christie, na parodia de misterio e asasinato de 1976, Murder by Death. O seu último filme foi Die Laughing en 1980.

Carreira musical editar

Lanchester publicou tres discos LP na década de 1950. Dous tituláronse "Songs for a Shuttered Parlour" e "Songs for a Smoke-Filled Room" e eran vagamente sensuais e de dobre sentido, como a música sobre o "reloxo" do marido que non estaba a funcionar. Laughton forneceu introducións faladas para cada número e ata se xuntou a Lanchester cantando "She Was Poor But She Was Honest". O seu terceiro LP titulouse "Cockney London", e era unha selección de vellas músicas de Londres.

Últimos días editar

Pouco tempo despois da publicación da súa autobiografía, a saúde de Lanchester empeorou. En 30 meses sufriu dous derrames, tornándose totalmente incapacitada, confinada na cama, e precisando coidados constantes. En marzo de 1986, o Motion Picture and Television Fund recorreu para converterse en administrador de Lanchester e das súas propiedades, que foron avaliadas en 900 000 dólares.[7]

Elsa Lanchester morreu en Woodland Hills, California, o 26 de decembro de 1986, aos 84 anos, no Motion Picture Hospital, a causa dunha broncopneumonía. O seu corpo foi cremado en 5 de xaneiro de 1987, na Chapel of the Pines nos Ánxeles e as súas cinzas espalladas polo océano Pacífico.[8]

Vida persoal editar

Lanchester casou con Charles Laughton en 1929.[9]

En 1938, Lanchester publicou un libro sobre a súa relación con Laughton, Charles Laughton and I. En marzo de 1983, Lanchester lanzou unha autobiografía, titulada Elsa Lanchester Herself. No libro alegaba que ela e Charles Laughton nunca tiveran fillos porque Laughton era homosexual.[10] Maureen O'Hara, amiga e compañeira de traballo de Laughton, negou que este for o motivo da falta de fillos da parella. Afirmou que Laughton lle dixera que a razón pola cal el e a súa esposa nunca tiveran fillos era por causa dun aborto mal realizado que Lanchester sufrira no inicio da súa carreira no burlesque. Lanchester admitiu na súa autobiografía que tivera dous abortos na súa mocidade (un deles de Laughton), mais non está claro se o segundo a deixou incapaz de volver quedar embarazada. As dúas mulleres non se gustaban. Lanchester dixo unha vez sobre O'Hara: "Parece que a manteiga non se derretería na boca dela ou en calquera outro lugar".

Lanchester era atea.[11]

Filmografía editar

Notas editar

  1. GRO Register of Births: MAR 1903 1d 1194 LEWISHAM - Elsa Sullivan Lanchester
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Maltin 1994, p. 494.
  3. Jewell and Harbin 1982, p. 193.
  4. "Elsa's Gazebo" Arquivado 23 de agosto de 2013 en Wayback Machine., time.com, 24 de maio de 1948.
  5. "New Pop Records" Arquivado 24 de xullo de 2013 en Wayback Machine., time.com, 6 de novembro de 1950.
  6. Favell, Jack. "A Fan Tribute to Elsa Lanchester" Arquivado 30 de xuño de 2013 en Archive.is, Turner Classic Movies; consultado o 19 de maio de 2013.
  7. Mank 1999, p. 315.
  8. Mank 1999, p. 316.
  9. GRO Register of Marriages: MAR 1929 1a 986 ST MARTIN - Charles Laughton=Elsa Sullivan or Lanchester
  10. Houseman, John. "The Bride of Frankenstein'". The New York Times, 17 de abril de 1983. Consultado o 12 de agosto de 2007.
  11. Elsa Lanchester, Charles Laughton and I, (Harcourt, Brace, 1938)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Callow, Simon. Charles Laughton: A Difficult Actor. Mt Prospect, Illinois: Fromm International, 1987. ISBN 978-0-31224-377-7.
  • Higham, Charles. Charles Laughton: An Intimate Biography. Nova York: Doubleday, 1976. ISBN 978-0-38509-403-0.
  • Jewell, Richard e Vernon Harbin. The RKO Story. New Rochelle, Nova York: Arlington House, 1982. ISBN 978-0-70641-285-7.
  • Lanchester, Elsa. Charles Laughton and I. San Diego, California: Harcourt, Brace Jovanovich, 1938. ISBN 0-15-164019-X.
  • Lanchester, Elsa. Elsa Lanchester Herself. Nova York: St. Martin's Press, 1984. ISBN 978-0-31224-377-7.
  • Maltin, Leonard. "Elsa Lanchester". Leonard Maltin's Movie Encyclopedia. Nova York: Dutton, 1994. ISBN 0-525-93635-1.
  • Mank, Gregory William. Women in Horror Films, 1930s. Jefferson, Carolina do Norte: McFarland & Company, 1999. ISBN 978-0-78640-553-4.
  • Singer, Kurt. The Charles Laughton Story. Londres: R. Hale, 1952.
  • Singer, Kurt. The Laughton story; An Intimate Story of Charles Laughton. Philadelphia: Winston, 1954.

Ligazóns externas editar