Steven Paul "Elliott" Smith, nado en Omaha (Nebrasca) o 6 de agosto de 1969 e finado en Echo Park (Os Ánxeles, California) o 21 de outubro de 2003, foi un cantante, compositor e multiinstrumentista estadounidense.

Elliott Smith
Nome completoSteven Paul Smith
Data nacemento6 de agosto de 1969
Nado enOmaha
Falecemento21 de outubro de 2003
 Echo Park
Causastab wound to the chest
Ocupacióncantautor, cantante, compositor, escritor, guitarrista e músico
Xéneroindie folk, indie pop, indie rock, lo-fi
Relacionado conHeatmiser, Quasi, Mary Lou Lord, Pete Krebs, No. 2, Beck
Tempo en activo1991 - 2003
PseudónimoElliott Smith
Na rede
https://elliottsmith.co/ e http://www.sweetadeline.net/
IMDB: nm0808129 Rottentomatoes: celebrity/elliott_smith_2
Facebook: elliottsmithofficial Spotify: 2ApaG60P4r0yhBoDCGD8YG iTunes: 2893902 Last fm: Elliott+Smith Musicbrainz: 03ad1736-b7c9-412a-b442-82536d63a5c4 Songkick: 299589 Discogs: 243300 Allmusic: mn0000172167 WikiTree: Smith-220919 Find a Grave: 8009229 Genius: Elliott-smith Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Medrou principalmente en Texas, e pasou gran parte da súa vida en Portland, Oregón, onde comezou a conseguir popularidade. O seu instrumento principal foi a guitarra, aínda que tamén tocaba o piano, o clarinete, o baixo, a batería e a harmónica. Smith tiña un estilo vocal peculiar, caracterizado pola súa "entrega susurrante",[1] e adoitaba a usar gravacións multipista para crear capas, texturas e harmonías de voces. Despois de tocar na banda de rock Heatmiser durante varios anos, Smith comezou a súa carreira en solitario en 1994, publicando traballos a través dos selos independentes Cavity Search e Kill Rock Stars. No ano 1997 fichou por DreamWorks Records e publicou dous álbums coa discográfica.[2] A música de Smith chegou ao gran público cando a súa canción "Miss Misery", incluída na banda sonora da película Good Will Hunting (1997), foi nomeada ao Óscar á Mellor canción orixinal en 1998.[3]

Smith bebía e usaba drogas e diagnosticáronlle trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH) e trastorno depresivo maior. Os seus problemas coas drogas e a súa saúde mental afectaron á súa vida e ao seu traballo, e adoitaban a aparecer nas súas letras. En 2003, con 34 anos, morreu nos Ánxeles, California, por dúas puñaladas no peito.[4] A autopsia non puido determinar se as feridas foran autoinflixidas ou se se trataba dun homicidio.[5] No momento da súa morte Smith estaba traballando no seu sexto álbum de estudio, From a Basement on the Hill, que foi postumamente rematado e publicado no 2004.

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Roman Candle 1994 Cavity Search
Elliott Smith 1995 Kill Rock Stars
Either/Or 1997 Kill Rock Stars
XO 1998 DreamWorks Records
Figure 8 2000 DreamWorks Records
From a Basement on the Hill 2004 ANTI-, Domino completado e rematado tras a súa morte

Notas editar

  1. "Elliott Smith - Elliott Smith | Songs, Reviews, Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 2020-09-28. 
  2. "Elliott Smith: Figure 8". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-09-28. 
  3. "Today's Candy: Elliott Smith 'Miss Misery'". www.wearetheguard.com. 2012-09-06. Consultado o 2020-09-28. 
  4. "Rocker's Autopsy Doesn't Rule Out Homicide". The Smoking Gun (en inglés). 2010-07-12. Consultado o 2020-09-28. 
  5. Dansby, Andrew; Dansby, Andrew (2003-12-31). "Smith Autopsy Inconclusive". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-09-28.