Ellery Queen é un dos heterónimos escolleitos en 1929 polos curmáns Frederic Dannay (20 de outubro de 1905-3 de setembro de 1982)[1] e Manfred B. Lee (11 de xaneiro de 1905-3 de abril de 1971)[2], dous prolíficos escritores norteamericanos de novela policial. Co tal alcume, seguiron a asinar obras até 1979. Así mesmo, Ellery Queen é o nome co que estes autores bautizaron o detective protagonista dunha longa serie de relatos e novelas. Este personaxe acadou gran sona, feito polo que os curmáns Dannay e Lee decidiron crear en 1941 a revista literaria Ellery Queen’s Mystery Magazine (EQMM), considerada unha das máis influentes publicacións relacionadas co xénero do misterio en lingua inglesa na segunda metade do século XX[3].

Ellery Queen
AlcumeEllery Queen, Ellery Queen, Jr. e Barnaby Ross
Falecemento3 de setembro de 1982
Ocupaciónfutbolista, editor literario e escritor
PremiosGrand Prix de Littérature Policière e The Grand Master
Na rede
IMDB: nm0200366 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

As historias de Ellery Queen foron levadas á radio (o rol do detective correspondeulle a Hugh Marlowe), ao cinema (con George Nader como protagonista) e á televisión[4], onde Queen foi interpretado por Donald Cook, Eddie Quillan, Ralph Bellami ou William Gargan.

A franquía Ellery Queen tamén se estendeu ao teatro[5], á banda deseñada e mesmo aos xogos de mesa[6].

Obra[7] editar

  • 1929: The Roman Hat Mystery
  • 1931: The Dutch Shoe Mystery
  • 1932: The Greek Coffin Mystery
  • 1932: The Egyptian Cross Mystery
  • 1933: The Siamese Twin Mystery
  • 1934: The Chinese Orange Mystery
  • 1935: The Spanish Cape Mystery
  • 1936: Halfway House
  • 1939: The Dragon’s Teeth
  • 1945: The Murderer is a Fox
  • 1949: Cat of Many Tails
  • 1950: Double, Double
  • 1951: The Origin of Evil
  • 1958: The Finishing Stroke
  • 1964: … and on the Eighth Day
  • 1966: A Study in Terror

Traducións ao galego editar

En galego está publicado un relato seu dentro da obra Antoloxía do relato policial (Vicens Vives, 2013)[8].

Notas editar

  1. Ficha do persoeiro en Findagrave.com (en inglés).
  2. Ficha do persoeiro en Findagrave.com (en inglés).
  3. Symons, Julian. Bloody Murder. Faber and Faber, 1972. ISBN 0-14-003794-2
  4. Ficha de The Mandarin Mystery en Archive.org (en inglés).
  5. Vertigo brings Ellery Queen to Calgary stage with Calamity Town, nova en Calgary Herald o 29 de xaneiro de 2016 (en inglés).
  6. Páxina web sobre a figura de Ellery Queen, en Neptune.spaceports.com. Consultada o 10 de febreiro 2017 (en inglés).
  7. É unicamente unha escolma.
  8. Catálogo da editorial en 2017 Arquivado 11 de febreiro de 2018 en Wayback Machine., páx. 13.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar