Ellen Johnson Sirleaf

Ellen Johnson-Sirleaf, nada o 29 de outubro de 1938, é unha política liberiana. En 2005 foi nomeada presidenta do seu país, e no ano 2011 recibiu o Premio Nobel da Paz. A súa vitoria electoral foi formalmente anunciada pola comisión electoral liberiana o 23 de novembro de 2005 logo dos comicios presidenciais dese mesmo ano. Foi a primeira muller negra que foi elixida presidenta e asemade a primeira muller elixida xefa de estado en África. O seu vicepresidente foi Joseph Boakai. É frecuente que a chamen, como a outras mulleres que chegaron ao poder, a dama de ferro. A revista Forbes nomeouna en 2006 como a 51ª muller máis poderosa do mundo.

Infotaula de personaEllen Johnson Sirleaf

(2015) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Ellen Johnson-Sirleaf Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de outubro de 1938 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Monrovia, Liberia Editar o valor em Wikidata
24ª Presidente de Liberia
16 de xaneiro de 2006 – 22 de xaneiro de 2018
← Charles Gyude BryantGeorge Weah →
Finance Minister of Liberia (en) Traducir
1979 – abril de 1980 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaWashington, D.C.
Nairobi
Monrovia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeLiberia Editar o valor em Wikidata
RelixiónMetodismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Colorado en Boulder (1970–)
Universidade Harvard - Master in Public Administration (en) Traducir (1969–1971)
College of West Africa (en) Traducir (1948–1955)
Universidade de Wisconsin-Madison
Escola de Goberno John F. Kennedy
Madison Business College (en) Traducir - Accounting (en) Traducir
Universidade de Colorado Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosPreto (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloPelo negro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , emprendedora , economista , escritora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorPrograma das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, directora (1992–1997)
Citibank (pt) Traducir (1981–1985)
Banco Mundial
HSBC (pt) Traducir
Open Society Initiative for West Africa (en) Traducir, presidente Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido True Whig (pt) Traducir (–1980)
Unity Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
22 de xaneiro de 2014Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014 Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxevalor descoñecido (1956–1961), divorcio
ParentesRetta (pt) Traducir () Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
5 de novembro de 2017Paradise Papers
11 de outubro de 20112011 Liberian general election (en) Traducir
20052005 Liberian general election (en) Traducir
19 de xullo de 19971997 Liberian general election (en) Traducir
1956matrimonio
parto
divorcio Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2770344 Twitter: MaEllenSirleaf Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Tres dos avós de Johnson-Sirleaf eran indíxenas liberianos mentres que o cuarto era un alemán que casou cunha vendedora rural. Este seu avó tivo que marchar do país cando Liberia, en lealdade cos Estados Unidos lle declarou a guerra a Alemaña en 1917.

Johnson-Sirleaf graduouse no College of West Africa (en Monrovia), un instituto metodista, e proseguiu os seus estudos de Economía en Madison, Wisconsin, nos Estados Unidos en 1964, e obtivo o diploma na Universidade de Colorado en 1970, e un máster en administración Pública pola Universidade Harvard en 1971.

Á volta a Liberia tras Harvard, Johnson-Sirleaf conseguiu un posto de asistente no ministerio de Economía do goberno de William Tolbert. En 1980, o sarxento do exército Samuel Doe destitúe e asasina o presidente Tolbert, poñéndolle fin a décadas de relativa estabilidade. Doe era da etnia krahn e o primeiro presidente liberiano que non procedía da elite de descendentes de escravos estadounidenses. Nos dez anos seguintes, Doe levou os krahn a dominar a vida pública.

Durante o goberno de Doe, Johnson-Sirleaf marchou para o exilio en Nairobi, onde traballou para Citibank. Volveu ao país en 1985 para presentarse ao senado, pero cando falou contra o réxime militar de Doe, foi condenada a dez anos de cárcere. Posta en liberdade ao cabo duns meses, exiliouse a Washington, D.C., e regresou ao país doce anos despois, en 1997, como economista, traballando para o Banco Mundial e Citibank en África.

Aínda que inicialmente apoiou a rebelión sanguenta de Charles Taylor contra o presidente Samuel Doe en 1990, despois opúxose a el nas eleccións presidenciais de 1997. Só conseguiu o 10% dos votos, mentres que o seu contrincante Taylor acadaba o 75%. Daquela Taylor acusouna de traizón. Ela fixo campaña na súa contra, e foi unha membro moi activa do goberno de transición que se preparaba para as presidenciais de 2005. Coa saída de Taylor do país, colleu o liderado do Partido da Unidade.

Presidencia editar

Na primeira rolda das votacións, quedou segunda con 175.520 votos, pasando á segunda volta do 8 de novembro de 2005 contra o exfutbolista George Weah. O 11 de novembro, ta comisión electoral de Liberia declaraba a Johnson-Sirleaf presidenta electa de Liberia. O 23 de novembro, ratificaban a decisión sinalando que Johnson-Sirleaf librara cando menos un 20% de marxe sobre Weah. Os distintos observadores declararon que o proceso fora xusto e limpo. Á toma de posesión, que tivo lugar o 16 de xaneiro de 2006 asistiron diversas personalidades internacionais, entre as que se atopaban Condoleezza Rice e Laura Bush.

Desafortunadamente para Johnson-Sirleaf, os seareiros do deposto ditador Charles Taylor aínda son abondosos nas filas do goberno liberiano. Edwin Snowe, o seu actual voceiro e terceiro en orde de importancia do goberno, é o xenro de Taylor. A súa muller, Jewel Howard Taylor, é deputada, como tamén o é Prince Johnson, a quen se lle gravou torturando e asasinando a Samuel Doe en 1990, nunha cinta que deu a volta ao mundo. Independentemente diso, o 17 de marzo de 2006, a presidenta Johnson-Sirleaf pediu un informe oficial para reclamarlle a Nixeria a extradición de Taylor.

O 26 de xullo de 2006 declarábase un incendio no pazo presidencial onde Johnson Sirleaf acollía os líderes de Costa do Marfil, Ghana, e a Serra Leoa. A policía non excluíu a posibilidade dunha sabotaxe.

Predecesor::
Charles Gyude Bryant
Presidente de Liberia:
2005-2018
Sucesor:
George Weah

Datos persoais editar

Johnson-Sirleaf é nai de catro fillos (dous deles viven nos Estados Unidos e outros dous en Liberia) e avoa de seis netos. En decembro de 2021, James Sirleaf, un dos fillos de Ellen Sirleaf, morreu na súa residencia de Liberia en circunstancias descoñecidas.

Publicacións editar

  • From Disaster to Development (1991)
  • The Outlook for Commercial Bank Lending to Sub-Saharan Africa (1992)
  • Coautora: Women, War and Peace: The Independent Experts’ Assessment on the Impact of Armed Conflict on Women and Women’s Role in Peace-building (2002), un proxecto do UNIFEM (o Fondo de Desenvolvemento das Nacións Unidas para a Muller.

Premios editar