Elizabeth Errington

arqueóloga e numismática británica


Elizabeth Ann Errington, nada en 1947 en Potchefstroom, Suráfrica, é unha arqueóloga e numismática británica vinculada ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, especializada en Gandhara, nas coleccións de Charles Masson e na moeda asiática.[1][2][3]

Infotaula de personaElizabeth Errington
Biografía
Nacemento1947
Potchefstroom, Suráfrica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Reino Unido
Educación Escola de Estudos Orientais e Africanos.
Universidade de Londres.
Coñecido porEstudos de moeda asiática.
Actividade
Campo de traballoNumismática e arqueoloxía.
Ocupaciónconservadora , numismático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMuseo Británico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
(1993): Premio Lhotka (RNS).

LinkedIn: elizabeth-errington-17218b91 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Errington pasou a súa infancia e cursou a educación secundaria en Potchefstroom, en Suráfrica, e en 1967 acadou a súa graduación na Escola de Arte de Xohanesburgo. Posteriormente traballou como deseñadora gráfica, tanto en Suráfrica como en Londres.[3]

En 1977 ingresou na Escola de Estudos Orientais e Africanos (SOAS) da Universidade de Londres, e en 1980 recibiu a súa graduación en Historia e Arqueoloxía de Oriente Próximo e Medio. Entre ese ano e 1987 traballou no seu doutoramento sobre a arqueoloxía do século XIX en Gandhara e Afganistán, que acadou cunha tese titulada The Western Discovery of the Art of Gandhara and the Finds of Jamalgarhi.[2][3][4]

Errington traballou para o Instituto Británico de Estudos Persas en 1988, preparando para a súa publicación o catálogo das escavacións de Ghubayra, en Irán.[3][5]

Logo do seu doutoramento na Escola de Estudos Orientais e Africanos, Errington traballou en 1992 na exposición Crossroads of Asia e na redacción do seu catálogo, do Museo Fitzwilliam, da Universidade de Cambridge.[3][6]

En 1993 pasou a formar parte do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico,[2] no equipo de moeda asiática, xunto con Joe Cribb, Helen Wang, Vesta Sarkhosh Curtis e Robert Bracey, onde destacou a súa contribución no estudo da numismática da Ruta da Seda. Ata o seu retiro voluntario en 2014, Errington dirixiu o proxecto do Museo Británico Charles Masson Project, que xa xerou a publicación de dous volumes.[3][7][8]

Ademais, Errington é asesora da Universidade de Oxford no proxecto Gandhara Connections.[9]

Recoñecementos editar

Publicacións editar

Monografías editar

Artigos e colaboracións editar

Esta é unha escolma dalgúns dos artigos máis representativos da carreira de Elizabeth Errington:[11][12]

Notas editar

  1. "Elizabeth Errington". The British Museum.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Elizabeth Errington". European Graduates.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Elizabeth Errington". Likedin.com
  4. Errington, E. (1987). The Western discovery of the art of Gandhāra and the finds of Jamālgarhī. Ph. D. University of London
  5. "ḠOBAYRĀ". En Encyclopaedia Iranica.
  6. Véxase (1992) en "Publicacións: Monografías".
  7. "Masson Project". The British Museum.
  8. Véxase (2017) en "Publicacións".
  9. "Gandhara Connections Arquivado 01 de novembro de 2020 en Wayback Machine.". University of Oxford.
  10. "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
  11. "Errington, Elizabeth Arquivado 17 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". WorldCat Identities.
  12. "Elizabeth Errington". Academia.edu

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar