Elena Nevado del Campo

política española

Elena Nevado del Campo, nada o 26 de xaneiro de 1967, é a actual alcaldesa de Cáceres, tras gañar as eleccións municipais do 22 de maio de 2011.

Elena Nevado del Campo
Elena Nevado del Campo
Elena Nevado no 2017

Actualmente no cargo
Dende o 11 de xuño de 2011
Precedido por Carmen Heras Pablo

Actualmente no cargo
Dende o 13 de decembro de 2011

16 de xuño de 2007 – 11 de xuño de 2011

Datos persoais
Nacemento 26 de xaneiro de 1967 Cáceres (Cáceres)
Partido Partido Popular
Profesión Avogada

Biografía editar

Naceu o 26 de xaneiro de 1967 e é licenciada en Dereito e co mestrado en Asesoría Xurídica de Empresas. Avogada na actualidade, desenvolveu a súa experiencia laboral traballando como bibliotecaria e sendo colaboradora de distintas fundacións de persoas con distintas discapacidades, inmigrantes e de persoas en situación de exclusión social. É a Responsable de Formación e Vicedecana do Ilustre Colexio de Avogados de Cáceres.

Vida política editar

Na actualidade, é membro do Comité Executivo Rexional do Partido Popular de Estremadura, Vicesecretaria Xeral Provincial do Partido Popular da Provincia de Cáceres e Vicepresidenta da Xunta Local de Cáceres.

Na lexislatura de Carmen Heras como alcaldesa de Cáceres (2007 - 2011) foi a portavoz do Grupo Municipal Popular, sendo designada para ocupar a Candidatura á Alcaldía de Cáceres en 2011 pola coalición Partido Popular - Extremadura Unida. Tras unha campaña electoral marcada polas obras da Praza Maior de Cáceres e pola decepción de non pasar o primeiro chanzo do xurado para converterse en Cidade Europea da Cultura en 2016, os cacereños entregáronlle a súa confianza o 22 de marzo de 2011, cunha maioría absoluta histórica con 16 concelleiros. É, tamén, vocal da Federación Española de Municipios e Provincias.

Nas eleccións xerais de 2011 resultou elixida senadora nas Cortes Xerais por Cáceres.

Predecesor:
Francisco Javier Castellanos
 
Portavoz do Grupo Popular no
Concello de Cáceres

2009-2011
Sucesor:
Valentín Pacheco
Predecesor:
Carmen Heras Pablo
 
Alcaldesa de Cáceres

2011-actualidade
Sucesor:
No cargo

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar