Elena Espinosa

política española

Elena Espinosa Mangana, nada en Ourense o 21 de marzo de 1960, é unha política galega.

Infotaula de personaElena Espinosa Mangana
Nome orixinal(es) Elena Espinosa Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1960 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Ourense
Cargos
Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (dende o 2008)
Ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación (2004 - 2008)
Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo (1988 - 1996)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónEconomista
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Papeletas electorais Eleccións ao Parlamento de Galicia 2020 pospostas circunscrición electoral de Pontevedra-PSdeG PSOE.

É Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1985 afiliouse ó PSdeG-PSOE, facéndose responsable, desde 1985 a 1988, da Zona de Urxente Reindustrialización de Vigo. Entre 1988 e 1996 ocupou o cargo de Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo.

Trala derrota do PSOE nas eleccións de 1996, traballou dous anos no Instituto Galego de Medicina Técnica e incorporouse á empresa Rodman Polyships como Directora Financeira Administrativa. Desde maio de 2002 ata xuño de 2004, foi Adxunta a Presidencia do Grupo Rodman.

O día 14 de marzo de 2004 houbo novas eleccións que deron a vitoria ó PSOE. En xuño de 2004 foi nomeada ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación, e a partir de 2008 viu aumentadas as súas competencias coas do extinguido Ministerio de Medio Ambiente de España.

E concelleira delegada da Área de Empresa, Economía, Seguridade e Organización Municipal, membro da Xunta de Goberno Local e 3º Tenente de Alcalde do Concello de Vigo.[1] Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Pontevedra.[2]

Notas editar

  1. Concellerías do Concello de Vigo consultado o 13/12/2019.
  2. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024. 


Predecesor:
José Martínez Torea
 Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo 
19881996
Sucesor:
Juan Corral Pérez
Predecesor:
Miguel Arias Cañete
  
Ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación
 
2004 - 2008
Sucesor:
Fusión con Medio Ambiente
Predecesor:
Cristina Narbona
  
Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño
 
2008 - 2010
Sucesor:
Rosa Aguilar