Nas matemáticas, e particularmente na álxebra, o elemento neutro ou elemento identidade dun conxunto A, dotado dunha operación binaria interna *

é un elemento e do conxunto, tal que para calquera outro elemento a do conxunto cúmprese que:

É dicir, un elemento neutro ten un efecto inútil ao ser utilizado na operación *, no sentido de que o resultado non é distinto do outro operando.

Un elemento e que cumpra só e * a = a denomínase elemento neutro pola esquerda. Analogamente, un elemento que cumpra só a * e = a chámaselle elemento neutro pola dereita.

Exemplos editar

Conxunto Operación Elemento neutro
números reais suma e resta 0
números reais multiplicación e división 1
funcións dun conxunto a si mesmo composición de funcións función identidade
matrices m×n suma de matrices matriz de ceros
matrices n×n produto de matrices matriz identidade
vectores suma de vectores vector nulo
cadeas de caracteres concatenación de cadeas cadea baleira

Véxase tamén editar

Outros artigos editar