Elefante africano de sabana

maior das dúas especies de elefante africano

O elefante africano de sabana[2] (Loxodonta africana) é a maior das dúas especies de elefante africano, mentres que a menor é o elefante africano de bosque, tradicionalmente clasificados os dous como unha mesma especie, coñecida simplemente como elefante africano, pero evidencias recentes levaron a clasificalas como diferentes especies, con todo algunhas autoridades científicas consideraron esas evidencias insuficientes[3] ata que un estudo xenético de 2010 confirmou definitivamente a súa división en dúas especies[4].

Elefante africano de sabana
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Proboscidea
Familia: Elephantidae
Xénero: Loxodonta
Especie: Elefante de sabana
Nome binomial
'Loxodonta africana'
(Blumenbach, 1797)
Distribución do elefante de sabana
Distribución do elefante de sabana

Distribución do elefante de sabana

Os elefantes de sabana son os maiores animais terrestres vivos, chegando o exemplar máis grande aos 3.96 metros de alto[5], sendo a media nos machos de 3.3 metros e de 5.5 toneladas de peso e nas femias de 2.8 metros de alto e 3.7 toneladas de peso. A especie caracterízase pola súa gran cabeza, grandes e apuntadas orellas que lles cobren os ombreiros, longa e musculosa trompa e mandíbula pequena con dous cabeiros ben desenvolvidos, algo maiores nos machos.

Notas editar

  1. Blanc, J. (2008). "Loxodonta africana". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2010 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 4 de abril de 2010. 
  2. Definición de elefante, -ta no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. IUCN African Elephant Specialist Group (AfESG): Statement on the Taxonomy of extant Loxodonta (febreiro de 2006)
  4. ^ Rohland, Nadin; Reich, David; Mallick, Swapan; Meyer, Matthias; Green, Richard E.; Georgiadis, Nicholas J.; Roca, Alfred L.; Hofreiter, Michael (2010). Genomic DNA Sequences from Mastodon and Woolly Mammoth Reveal Deep Speciation of Forest and Savanna Elephants Arquivado 14 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.. PLoS Biology 8 (12): p. e1000564. Decembro de 2010
  5. Wood, Gerald (1983). The Guinness Book of Animal Facts and Feats. ISBN 978-0-85112-235-9.