Eleccións xerais de España de 2008

O 9 de marzo de 2008 tiveron lugar as eleccións a Cortes Xerais en España (9-M).[1] Foron as décimas eleccións xerais que tiveron lugar dende a Transición, e serviron para renovar os 350 escanos do Congreso dos Deputados e 208 do Senado. Estas eleccións deron paso á IX Lexislatura. Ese mesmo día tamén se celebraron as eleccións autonómicas na comunidade autónoma de Andalucía.

Eleccións xerais de España de 2008Eleccións xerais de España de 2008
Data9 de marzo de 2008 Editar o valor em Wikidata
TipoEleccións xerais en España e grupo de eleccións Editar o valor em Wikidata
Cargo elixido350 deputado de España Editar o valor em Wikidata
208 senador de España Editar o valor em Wikidata
A Deputado de España Editar o valor em Wikidata
Electorado35.073.179 Editar o valor em Wikidata
25.900.439
   73.85٪
Ponto percentual (pt) 1.81
Número de votos válidos25.448.681    Número de votos en branco 286.182   Número de votos nulos 165.576
B Senador de España Editar o valor em Wikidata
Electorado35.073.179 Editar o valor em Wikidata
26.125.239
   74.49٪
Ponto percentual (pt) 1.26
Número de votos válidos25.003.190    Número de votos en branco 524.750   Número de votos nulos 597.299
Resultado electoral Editar o valor em Wikidata Editar o valor em Wikidata
2>
PSOE  — José Luis Rodríguez Zapatero
A
11.289.335   44.36٪
Ponto percentual (pt) 1.09
B
88   42.31٪
Ponto percentual (pt) 3.37
Deputado 164 → 169 Número de escanos 5
Senador 81 → 88 Número de escanos 7
2>
PP  — Mariano Rajoy
A
10.144.951   39.86٪
Ponto percentual (pt) 2.05
B
101   48.56٪
Ponto percentual (pt) 0.48
Deputado 148 → 154 Número de escanos 6
Senador 102 → 101 Número de escanos 1
2>
Izquierda Unida  — Gaspar Llamazares
A
969.946   3.81٪
Ponto percentual (pt) 0.66
Deputado 2 → 2
2>
CiU  — Josep Antoni Duran i Lleida
A
779.425   3.06٪
Ponto percentual (pt) 0.22
B
4   1.92٪
Ponto percentual (pt) 0
Deputado 10 → 10
Senador 4 → 4
2>
EAJ  — Josu Erkoreka
A
306.128   1.2٪
Ponto percentual (pt) 0.45
B
2   0.96٪
Ponto percentual (pt) 1.92
Deputado 7 → 6 Número de escanos 1
Senador 6 → 2 Número de escanos 4
2>
UPyD  — Rosa Díez
A
306.079   1.2٪
Deputado 1
2>
ERC  — Joan Ridao
A
291.532   1.15٪
Ponto percentual (pt) 1.41
Deputado 8 → 3 Número de escanos 5
2>
Bloque Nacionalista Galego  — Francisco Jorquera
A
212.543   0.84٪
Ponto percentual (pt) 0.02
Deputado 2 → 2
2>
Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario  — Ana Oramas
A
174.629   0.69٪
B
1   0.48٪
Ponto percentual (pt) 0.48
Deputado 2
Senador 1   
2>
ICV  — Joan Herrera
A
155.674   0.61٪
Deputado 1
UPN-PP
A
133.059   0.52٪
Ponto percentual (pt) 0.02
Deputado 2 → 2
2>
Nafarroa Bai  — Uxue Barkos Berruezo
A
62.398   0.25٪
Ponto percentual (pt) 0.01
Deputado 1 → 1

Editar o valor em Wikidata
 ← 2004 Editar o valor em WikidataEspaña Editar o valor em Wikidata 2011 Editar o valor em Wikidata  → 

Características editar

En total, concorreron os comicios un total de 92 partidos políticos, sumando un total de 1130 candidaturas ao Congreso e 1235 ao Senado, un 30 % máis das listas que se rexistraron para as eleccións xerais españolas de 2004.[2] As xuntas electorais rexeitaron un total de 40 candidaturas, entre as que destacan as listas de Acción Nacionalista Vasca e as da coalición Centro Democrático y Social-Unión Centrista Liberal, as dúas únicas formacións nas que foron anuladas todas as súas candidaturas.[3]

Os resultados das eleccións xerais deron como vencedor ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE) que obtivo 169 escanos ao Congreso dos Deputados (5 máis cá no 2004) e un 43,87 % de votos fronte ao Partido Popular (PP) que obtivo 154 deputados (6 máis cá no 2004) e un 39,94 % de votos. Convergencia i Unió (CiU) logrou os mesmos deputados que en 2004, 10 en total. Izquierda Unida (IU) perdeu o grupo propio no Congreso dos Deputados ao conseguir soamente 2 escanos o que o deixa no grupo mixto. Por outra parte o Partido Nacionalista Vasco (PNV) perde un escano, pasando de 7 a 6 deputados, ao igual que Coalición Canaria (CC), que pasa de 3 a 2 deputados. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Nafarroa Bai (Na-Bai) mantiveron os seus escanos, mentres que Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) perdeu 5 deputados. Unión Progreso y Democracia (UPyD) conseguiu un deputado en Madrid, polo que Rosa Díez entra no Congreso. Así mesmo Eusko Alkartasuna (EA), Chunta Aragonesista (CHA) e Nueva Canarias (NC) perderon a súa representación parlamentaria.

No Senado o PSOE obtivo 89 postos, oito máis ca no 2004, mentres que o Partido Popular perdeu un para quedar con 101.[4] A Entesa Catalana de Progrés, que abrangue PSC, ERC, ICV e EUiA obtivo 12 senadores.

Nas eleccións ao Parlamento de Andalucía venceu o PSOE que obtivo 56 escanos, cinco menos que en 2004 pero que lle permiten gobernar con maioría absoluta. O Partido Popular obtivo 47 escanos, dez máis que en 2004, Izquierda Unida mantívose con 6 escanos e a Coalición Andalucista perdeu os cinco escanos que obtivera en 2004.[5]

Convocatoria electoral editar

O 14 de febreiro o goberno aprobou o decreto de disolución das Cortes Xerais e de convocatoria das eleccións, que se celebrarán o domingo 9 de marzo de 2008 (xa fora avanzado, de forma oficiosa, por diversos medios de comunicación[6] e confirmado posteriormente polo presidente do goberno.[7] As Cortes disolvéronse o 14 de xaneiro, a campaña electoral comezou o 22 de febreiro e concluirá o 7 de marzo. O día coincidiu coas eleccións ao parlamento andaluz e esgota a lexislatura ao máximo (as anteriores eleccións celebráranse o 14 de marzo de 2004).

Resultados das eleccións de 2004 editar

Os resultados das últimas eleccións ás Cortes (14 de marzo de 2004) foron os seguintes:

Eleccións Xerais 14 de marzo de 2004

Partido Votos % Dif. Escaños Dif.
Partido Socialista (PSOE) 11 026 163 42,59 +8,43 164 +39
Partido Popular (PP) 9 763 144 37,71 -6,81 148 -35
Convergència i Unió (CiU) 835 471 3,23 -0,94 10 -5
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) 652 196 2,52 +1,68 8 +7
Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) 420 980 1,63 +0,10 7 =
Izquierda Unida (IU) 1 284 081 4,96 -1,00 5 -4
Coalición Canaria (CC) 235 221 0,91 -0,16 3 -1
Bloque Nacionalista Galego (BNG) 208 688 0,81 -0,51 2 -1
Chunta Aragonesista (CHA) 94 252 0,36 +0,03 1 =
Eusko Alkartasuna (EA) 80 905 0,31 -0,12 1 =
Nafarroa Bai (Na-Bai) 61 045 0,24 n/a 1 +1

Precampaña electoral e preparación das candidaturas editar

Partido Socialista Obrero Español editar

O PSOE afronta as eleccións liderado por José Luis Rodríguez Zapatero, que foi proclamado como candidato á presidencia do Goberno o 25 de novembro de 2007[8]. Ningún outro membro do partido anunciou a súa intención de presentarse como candidato.

Candidatos en Galicia editar

As listas do PSdeG-PSOE ás eleccións de marzo de 2008 estarán encabezadas[9] por:

Outros candidatos do PSOE editar

A vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, anunciou o 20 de outubro de 2007 nun acto público no Palacio de Congresos de Valencia que se presentaría como cabeza de lista pola circunscrición de Valencia[10]. O vicepresidente segundo do Goberno, Pedro Solbes, que xa superou a idade de xubilación, confirmou nunhas declaracións que Zapatero lle ofrecera seguir como ministro de Economía, e que aínda non tomara unha decisión ao respecto.[11] Finalmente, o 16 de novembro, Solbes aceptou continuar no Goberno, polo menos até mediados da Lexislatura.[12]

O presidente do Congreso, Manuel Marín, anunciou o 15 de novembro de 2007 que deixaría a política ao final da lexislatura para dedicarse á loita contra o cambio climático nas universidades.[13]. Meses antes filtrárase que Zapatero lle propuxera ao exministro de Defensa, José Bono, que volvese á política como cabeza de lista pola circunscrición de Toledo, co fin de ocupar a presidencia da Cámara Baixa en substitución de Marín[14].

Programa electoral editar

O coordinador do programa electoral do PSOE é o ministro de Traballo, Jesús Caldera. O partido iniciou a súa precampaña o 18 de outubro de 2007, e empregou a frase "Con Z de Zapatero" como lema preelectoral. A presentación desta campaña realizouse mediante un vídeo [15] onde o presidente xogaba coa súa forma de falar (pronunciación do "d" ao final de palabra como "z") e presentaba as accións do Goberno durante a lexislatura.

Para a elaboración do programa electoral, o PSOE contou co asesoramento dun panel de intelectuais formado por 14 persoas: o Nobel de Economía Josep Stiglitz; as Nobel da Paz Wangari Maathai e Helen Caldiccot, os expertos en economía Nicholas Stern, Jeremy Rifkin, André Sapir, Torben Iversen e María João Rodrigues; os expertos en ciencias políticas Philip Pettit, Wolfgang Merkel e Guillermo O'Donell; e intelectuais noutros ámbitos, como a socióloga Marie Duru-Bellat, o filósofo George Lakoff e a escritora Barbara Probst Solomon[16].

Partido Popular editar

Candidato editar

 
Mariano Rajoy.

Mariano Rajoy, que liderou o PP durante toda a lexislatura, foi designado candidato oficial ás eleccións nunha xunta directiva que o seu partido levou a cabo o 10 de setembro de 2007 [17]. A proclamación da súa candidatura tivo lugar o 27 de outubro en Valencia.[18]. Ningún outro membro do PP anunciou a súa intención de presentarse como candidato.

Candidatos por Galicia editar

Os candidatos do Partido Popular polas circunscricións galegas aínda non foron elixidos oficialmente, pero os seus nomes serán segundo algunhas fontes[19]:

Outros candidatos do PP editar

O alcalde de Madrid, Alberto Ruiz-Gallardón, manifestou en repetidas ocasións durante o verán de 2007 a súa interese por ir nas listas do PP para conseguir un escano no Congreso dos Deputados.[20]. Finalmente, Gallardón foi excluído das listas[21], o que motivou a súa decisión de abandonar a política despois dos comicios de marzo[22].

Programa electoral editar

O coordinador do programa electoral do PP foi o ex ministro de Ciencia e Tecnoloxía, Juan Costa. O acto central de inicio de precampaña tivo lugar durante a terceira fin de semana de novembro de 2007, coa celebración dunha conferencia política na que o PP expuxo as súas liñas xerais do seu programa electoral. O feito de que ese acto fose unha conferencia e non unha convención (de ser unha convención tería que ser inaugurada polos presidentes de honra do partido Manuel Fraga e José María Aznar) foi interpretado por algúns medios como unha estratexia para non restarlle protagonismo ao candidato.[23].

Izquierda Unida editar

Gaspar Llamazares foi designado candidato por Izquierda Unida ás eleccións xerais do 2008, tras vencer nas primarias do seu partido co 62,5% dos votos. A outra candidata, Marga Sanz, obtivo o 37,5%. O Consello Político Federal IU ratificou a candidatura de Llamazares.

Bloque Nacionalista Galego editar

O 23 de outubro de 2007 a Executiva Nacional do BNG propuxo os candidatos a encabezar as listas electorais nas catro circunscricións galegas:

Esta decisión foi aprobada polo Consello Nacional o 9 de novembro[24]. O seu primeiro lema de precampaña foi Máis forza en Madrid![25] e o segundo Contigo Galiza decide.

Candidatos editar

Candidatos á presidente do Goberno de España:

Outras formacións non presentan candidatos a presidente; estes son os candidatos polas provincias máis importantes ou que tradicionalmente ocuparon o posto de voceiros.

Tamén presentaran candidaturas outras formacións, entre elas Acción Nacionalista Vasca, que foi anulada polo Tribunal Supremo[26].

Campaña electoral editar

A campaña electoral comezou o 21 de febreiro de 2008 e estendeuse ata o 7 de marzo, cando foi suspendida anticipadamente unhas dez horas antes do seu remate, por todos os partidos políticos agás CIU[27] por mor dun atentado de ETA. Nel foi asasinado Isaías Carrasco Miguel, un ex-concelleiro do PSE, despois de ser tiroteado ás portas da súa casa, na localidade guipuscoana de Arrasate-Mondragón[28].

Durante a campaña celebráronse dous debates electorais entre os líderes do Partido Socialista e do Partido Popular, que foron televisados e que tiveron unha grande audiencia.[29] Ademais, as tres principais forzas políticas galegas celebraron tamén un debate televisado pola TVG[30], onde interviñeron os líderes dos partidos Alberto Núñez Feijóo (PPdeG), Emilio Pérez Touriño (PSdeG e Anxo Quintana (BNG).

Sondaxes editar

As sondaxes electorais ofreceron ao longo da precampaña e da campaña uns resultados bastante semellantes. Todas as enquisas deron como vencedor ao Partido Socialista Obrero Español, con marxes que ían dende un punto de vantaxe ata seis, e cunha repartición de escanos que apuntaba á maioría simple. Ningunha enquisa manexou a posibilidade da maioría absoluta. Todas as sondaxes sinalaban lenes aumentos do PSOE e mais do principal partido da oposición, o Partido Popular, mentres que prognosticaban o retroceso tamén pequeno das forzas nacionalistas e de Izquierda Unida, se ben neste caso había sondaxes que apuntaban a tendencia contraria. As enquisas calcularon unha participación entre igual e superior á convocatoria de 2004.

Polo que respecta a Galicia, as sondaxes sinalaban unha mellora dos resultados do PSdeG, que podía manter os seus escanos ou aumentar dous, que podían perder ou ben o Partido Popular ou ben o BNG. Estas foron as principais sondaxes distribuídas durante a precampaña e a campaña electorais:

Sondaxes do CIS editar

Sondaxes do Centro de Investigacións Sociolóxicas, dependente do goberno.

Data da sondaxe PSOE PP IU CiU ERC PNV BNG CC EA NaBai UPyD Outros En branco
Xullo de 2005[31] 41,9% 36,4% 5,1% 3,2% 2,3% 1,8% 6,8% 2,5%
Xaneiro de 2006[32] 39,6% 38,0% 4,9% 3,6% 2,4% 1,5% 7,5% 2,5%
Abril de 2006[33] 40,3% 38,2% 5,4% 2,9% 2,0% 1,4% 7,5% 2,3%
Xullo de 2006[34] 40,6% 36,9% 5,0% 3,2% 2,1% 1,4% 8,0% 2,8%
Outubro de 2006[35] 39,3% 37,9% 5,1% 3,1% 2,8% 1,7% 6,8% 3,4%
Xaneiro de 2007[36] 38,8% 37,6% 6,5% 3,2% 2,0% 1,4% 7,6% 2,9%
Abril de 2007[37] 39,6% 36,6% 5,6% 3,0% 2,4% 1,6% 7,6% 3,6%
Xullo de 2007[38] 40,5% 37,0% 6,1% 2,9% 1,9% 1,5% 7,7% 2,4%
Outubro de 2007[39] 39,7% 37,4% 5,5% 3,1% 2,1% 1,5% 8,3% 2,4%
Xaneiro de 2008[40] 40,2% 38,7% 5,8% 3,0% 2,1% 1,7% 0,9% 0,6% 0,4% 0,3% 0,6% 3,0% 2,7%
Escanos xan08 158-163 153-157 5-6 10 6 7 2 1-2 1 1 0-1

Medios de comunicación editar

2007 editar

Sondaxe PSOE PP IU CiU ERC PNV BNG UPyD Outros En branco
La Vanguardia Noxa outubro 2007[41] 42,3% 164 39,6% 155 5,7% 5-6 2,5% 8-10 1,6% 5-8 1,1% 5-7 6,0% n.d. 1,1%
El Mundo Sigma 2 novembro 2007 [42] 42,2% 39,1% 4,8% 3,0% 2,2% 1,3% 7,4% 1,1%
CadenaSer Instituto Opina novembro 2007 [43] 44,5% 38,0% 4,0% 3,0% 1,9% 1,4% 7,2%
Cadena Ser Instituto Opina novembro 2007 (2ª quincena) [44] 45,0% 38,0% 4,0% 3,2% 1,7% 1,9% 6,2%
Público - Obradoiro de Socioloxía decembro 2007 [45] 42,5% 37,4% 5,2% 2,8% 2,0% 1,5% 8,6%
Revista Temas[46] 40,7% 38,4% 5,3% 3,3% 2,0% 1,7% 8,5% -
Ipsos Expansión decembro 2007[47] 41,3% 38,0% 5,3% 3,2% 2,1% 1,5% 1,3% 6,0% 1,1%

2008 - xaneiro editar

Sondaxe PSOE PP IU CiU ERC PNV CC BNG UPyD CHA Outros En
branco
Non
decidido
El Mundo.[48] 41,9% 39,4% 5,0% 3,4% 2,2% 1,5% - - - - 6,6% 1,1% -
Escanos 153 - 164 151 - 162 5 10 - 11 7 7 - - - - 2 - 5 -
La Vanguardia - Noxa[49] 42,5% 39,7% 5,3% 2,8% 1,7% 1,9% - - - - 6,1% 1,1% -
Escanos 158 - 162 152 - 156 5 - 6 10 5 - 8 7 - 9 - - - - 6 - 8 -
Público - Obradoiro de Socioloxia[50] 43,0% 38,5% 5,6% 2,7% 1,6% 1,6% - - - - - -
Escanos 167 151 6 9 5 7 2 2 0 0 1 -
La Vanguardia - Noxa[51] 42,3% 39,8% 5,1% 2,5% 1,8% 1,5% - - - - - -
Escanos 162-164 154-156 5 8 6 7 2 - - - 2 - -
El País - Metroscopia[52] 34,6% 26,8% 3,9% - - - - - - - 6,9 % 3,0 % 16,6%
Escanos - - - - - - - - - - - - -
Público - Obradoiro de Socioloxia[53] 42,8% 39,2% 5,0% 2,6 % 1,7 % 1,6 % - - - - - - -
Escanos - - - - - - - - - - - - -
Cadena Ser - Opina[54] 44,0% 38,0% 3,5% 3,0% 1,9% 1,6% - - - - 8,0% - -
Escanos - - - - - - - - - - - - -

2008 febreiro e marzo editar

Sondaxe PSOE PP IU CiU ERC PNV CC BNG UPyD CHA Outros En
branco
Non
decidido
ABC Instituto DYM[55] 42,4 % 38,6 % 4,2 % - - - - - - - 14,8 % - -
Escanos - - - - - - - - - - - - -
El País - Metroscopia[56] 34,6% 24,9% 2,9 % 1,8 % 0,7 % 0,7 % - - - - 2,7 % - -
Escanos - - - - - - - - - - - - -
Público - Obradoiro de Socioloxía[57] 44,6% 38,2% 5,0 % 3,0 % 1,3 % 1,6 % - - - - - - -
Escanos - - - - - - - - - - - - -
El Mundo - Sigma 2[58] 41,8% 39,2% 5,3 % 3,1 % 2,1 % - - - - - - - -
Escanos - - - - - - - - - - - - -
Expansión - Ipsos[59] 41,1% 39,8% - - - - - - - - - - -
Escanos - - - - - - - - - - - - -
Público - Obradoiro de Socioloxía[60] 42,6% 40,1% 4,9% 2,6% 1,3% 1,3% - - - - - - -
Escanos 162 160 4 8 4 6 2 2 - - 2 - -
La Vanguardia - Noxa[61] 43,1% 39,1% - - - - - - - - - -
Escanos 165 152 5 10 5 6 2 2 1 - 2 - -
Expansión - Ipsos[62] 42,3% 37,3% 4,5% - - - - - 0,49% - - - -
Escanos - - - - - - - - - - - - -
Cadena Ser - Opina[63] 41,5% 40,0% 4,5% 2,6% 1,7% 1,7% - - - - - - -
Escanos 155-164 158-161 4-5 7-9 4-5 7 - - - - - - -
Cadena Cope - Demoibérica[64] 41,5% 39,6% - 2,4% - - - - - - - - -
Escanos 157-160 153-156 - 9-10 - - - - - - - - -
El Periodico - GESOP[65] 40,5% 37,0% 4,9 % 2,6 % 1,7 % 1,4 - - - - 11,9% - -
Escanos 159-164 153-157 4-6 9-10 5-6 6-7 - - - - 7-10 - -
Cadena Cope - Demoibérica[66] 41,7% 39,6% - - - - - - - - - - -
Escanos 157-160 153-156 5-6 10 6 7 2 2 0-1 0 2-3 - -
Revista Epoca[67] 37,6% 40,5% 5,4% 3,4% 2,5% 1,7% - - - - 6,4% - -
Escanos - - - - - - - - - - - - -
Cadena Ser - Opina[68] 44,0% 38,5% 5,0% 2,7% 1,5% 1,2% - - - - - - -
Escanos 165-169 153-157 3-4 8 4 7 - - - - - - -
Público - Obradoiro de Socioloxía.[69] 45,0% 38,8% 4,5 % 3,1 % 1,5 % 1,5 % - - - - - - -
Escanos - - - - - - - - - - - - -
El País - Metroscopia[70] 42,9% 38,8% 4,8% 2,6% 1,9% 1,5% - 0,6% 1,1% 0,2% 4,1% 1,5% -
Escaños 165-169 148-154 4 9 5-6 7 2 2 0-1 0 2 - -
Cadena Ser - Opina[71] 44,0% 38,0% - - - - - - - - - - -
Escaños 164-170 153-157 5 9-10 5 6-7 - - - - - - -
La Vanguardia - Noxa[72] 43,5% 39,5% - - - - - - - - - - -
Escanos 162-167 152-156 4-5 8-9 6 6-7 - - 1 - - - -
Antena 3 - Demoscopia [73] 42,3% 38,5% - - - - - - - - - - -
Escanos 162-164 154-156 4-5 9 6 6-7 2 1-2 1 0 1-2 - -
Público - Obradoiro de Socioloxía.[74] 43,9% 39,5% - - - - - - - - - - -
Escanos 165-171 153-158 4 8-9 4 7 1 0-2 0 0 2 - -
El Periodic d'Andorra[75] 42,4% 39% - - - - - - - - - - -
Escanos 159-163 154-158 4-5 8-9 5 6 - - 1 - - - -

Resultados editar

Os resultados ao Congreso dos Deputados foron os seguintes, segundo datos do Ministerio do Interior [1] Arquivado 21 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.:

Eleccións Xerais 9 de marzo de 2008

Partido Votos % Dif. Escaños Dif.
Partido Socialista (PSOE) 11 289 335 43,87 169
Partido Popular (PP) 10 278 010 39,94 154
Convergència i Unió (CiU) 779 425 3,03 10
Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) 306 128 1,19 6
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) 298 139 1,16 3
Izquierda Unida (IU) 969 946 3,77 2
Coalición Canaria (CC) 174 629 0,69 2
Bloque Nacionalista Galego (BNG) 212 543 0,83 2
Eusko Alkartasuna (EA)
Nafarroa Bai (Na-Bai)
Chunta Aragonesista (CHA)
Coalición Andalucista (CA)
Unitat per les Illes (UxI)
Bloc-Iniciativa-Verds (BIV)

Notas editar

  1. Zapatero confirma que las elecciones generales se celebrarán el 9 de marzo, en (elpaís.com)
  2. «9-M.- Un total de 92 partidos optan a los 350 escaños del Congreso y 89 compiten por 208 actas en el Senado», Europa Press, 12 de febrero de 2008.
  3. «Las Juntas Electorales rechazan 40 candidaturas, entre ellas las ocho de ANV» Arquivado 14 de febreiro de 2008 en Wayback Machine., en Público, 12 de febrero de 2008.
  4. Zapatero podrá gobernar más cómodo, 20 minutos, 10 de marzo de 2008.
  5. Chaves 'tripite' mayoría absoluta, 20 minutos, 10 de marzo de 2008.
  6. El PSOE se prepara para la celebración de las elecciones generales el 9 de marzo Arquivado 19/12/2007, en Wayback Machine. Ya.com. 29 de xullo de 2007
  7. "Zapatero anuncia, oficialmente, que as eleccións xerais serán o 9 de marzo". vieiros.com. Consultado o 2023-03-04. 
  8. Avanzar se escribe con «z» de Zapatero[Ligazón morta], Diario de León, 6 de decembro de 2007.
  9. Blanco, Espinosa, Molina e Louro, as cabezas do PSOE para as xerais, Vieiros, 22/10/2007
  10. Fernández De la Vega será cabeza de lista del PSOE por Valencia en las próximas elecciones, El Mundo, 20/10/2007
  11. Solbes confirma que Zapatero le ha ofrecido seguir como ministro de Economía y que lo está pensando, El País, 18/10/2007
  12. Solbes acepta la oferta de Zapatero de seguir en el Ejecutivo, El País, 19/11/2007
  13. El presidente del Congreso deja la política y se dedicará a investigar sobre el cambio climático, El Mundo, 16/11/2007
  14. Zapatero ofrece a Bono liderar la lista socialista por Toledo y presidir el Congreso, El Mundo, 9/07/2007
  15. Vídeo 'Con Z de Zapatero', Youtube
  16. El PSOE atrae a tres premios Nobel al equipo de su programa electoral, El País
  17. Rajoy, candidato do PP á Presidencia nas eleccións de marzo, Axencia France Press, 10 de setembro de 2007
  18. Rajoy: "Soy el candidato del mejor partido de Europa", El País, 27/10/2007
  19. "9-M. - Ana Pastor e Antonio Erias perfílanse como cabezas de lista do PP por Pontevedra e A Coruña, respectivamente", artigo de Europa Press en Vieiros
  20. Gallardón reafirma su deseo de ser diputado, 20minutos, 20/8/07
  21. Rajoy comunica a Aguirre y Gallardón que no irán en listas del PP por Madrid Arquivado 08 de marzo de 2016 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 15.01.08
  22. Rajoy excluye a Gallardón de las listas y el alcalde decide abandonar la política, El País, 16.01.08
  23. El PP limita el alcance de un acto y evita que hable Aznar, El País, 15/11/2007
  24. El Bloque renueva a tres de sus cabezas de lista para las generales Arquivado 08 de marzo de 2016 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 10 de novembro de 2007.
  25. O BNG aproveita o seu tirón para tentar ter máis forza no Congreso[Ligazón morta], Xornal.com, 6 de decembro de 2007
  26. Los candidatos de ANV llaman a la abstención en las próximas elecciones Arquivado 06 de xullo de 2008 en Wayback Machine., Deia, 21.02.08
  27. "CIU transforma o seu mitin final de Barcelona nun acto de condena". Arquivado dende o orixinal o 16/08/2011. Consultado o 07/03/2008. 
  28. ETA mata ao dirixente socialista Isaías Carrasco Miguel con varios tiros na caluga en Mondragón
  29. "Zapatero y Rajoy protagonizaron en 2008 el debate más visto en televisión con más de 13 millones de espectadores". www.europapress.es. 2019-04-11. Consultado o 2020-02-09. 
  30. A audiencia preferiu o debate ao fútbol, Vieiros, 28.02.08
  31. Barómetro CIS de xullo de 2005 Arquivado 07 de marzo de 2008 en Wayback Machine.. Visitado o 7.3.08.
  32. Barómetro CIS de xaneiro de 2006. Visitado o 7.3.08.
  33. Barómetro CIS de abril de 2006. Visitado o 7.3.08.
  34. Barómetro CIS de xullo de 2006. Visitado o 7.3.08.
  35. Barómetro CIS de outubro de 2006. Visitado o 7.3.08.
  36. Barómetro CIS de xaneiro de 2007. Visitado o 7.3.08.
  37. Barómetro CIS de abril de 2007. Visitado o 7.3.08.
  38. Barómetro CIS de xullo de 2007. Visitado o 7.3.08.
  39. Barómetro CIS de outubro de 2007. Visitado o 7.3.08.
  40. Barómetro CIS de xaneiro de 2008. Consultado o 7.3.08.
  41. El PP se acerca al PSOE Arquivado 16 de setembro de 2019 en Wayback Machine., La Vanguardia, 7.10.07, visitado 7.3.08
  42. Intención de voto, El Mundo, visitado 7.3.08
  43. Intención de voto decidido Arquivado 13 de novembro de 2007 en Wayback Machine., Cadena Ser, visitado 7.3.08
  44. Intención de voto decidido Arquivado 20 de novembro de 2011 en Wayback Machine., Cadena Ser, visitado 7.3.08
  45. El PSOE se despega y supera ya la ventaja de 2004, Público, 2.12.07, visitado 7.3.08
  46. El PSOE obtendría una victoria ajustada si se celebraran ahora las elecciones, según la revista ‘Temas’ Arquivado 08/05/2008, en Wayback Machine. La estrella digital, visitado 7.3.08
  47. PSOE y PP, separados por tres puntos al final de la legislatura Arquivado 16 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Expansión, 22.12.08, visitado 7.3.08
  48. Macro encuesta de El Mundo-Sigma 2, El Mundo, visitado o 7.3.08
  49. El PSOE sólo aventaja en tres puntos al PP y se genera un empate técnico Arquivado 08 de marzo de 2008 en Wayback Machine., la Vanguardia, 2.1.08, visitado o 7.3.08
  50. El PSOE gobernará en minoría con 167 escaños, Público, 7.1.08, visitado o 7.3.08
  51. El PP sigue recortando distancias y se pone a sólo dos puntos del PSOE Arquivado 28 de febreiro de 2008 en Wayback Machine., La Vanguardia, 20.1.08, visitado o 7.3.08
  52. El PSOE saca casi ocho puntos al PP, El País, 20.1.08, visitado o 7.3.08
  53. El PP se acerca al PSOE, que no moviliza a los suyos Arquivado 30 de xuño de 2008 en Wayback Machine., Público, 7.1.08, visitado o 7.3.08
  54. Intención de voto decidido Arquivado 31 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine., Cadena Ser, visitado o 7.3.08
  55. Los socialistas parten con una ventaja de 3,8 puntos sobre el PP a un mes del 9-M, ABC, 3.2.08, visitado o 7.3.08
  56. El PSOE aventaja en 3,4 puntos al PP, El País, 3.2.08, visitado o 7.3.08
  57. El PSOE eleva su ventaja sobre el PP a 6,4 puntos, Público, 3.2.08, visitado o 7.3.08
  58. El PSOE sigue sólo 2,6 puntos delante del PP a un mes de las elecciones generales del 9-M, El Mundo, 10.2.08, visitado o 7.3.08
  59. El PP recorta de nuevo su distancia con el PSOE y se sitúa a 1,3 puntos Arquivado 16 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Expansión, 12.2.08, visitado o 7.3.08
  60. Rajoy tiene motivos para creer en el cambioPúblico, 16.2.08, visitado o 7.3.08
  61. El PSOE gana 4 puntos de ventaja y se despega de un PP que resiste Arquivado 28 de febreiro de 2008 en Wayback Machine., La Vanguardia, 17.2.08, visitado o 7.3.08
  62. La "tensión" de Zapatero moviliza al electorado del PSOE y aumenta su ventaja frente el PP Arquivado 16 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Expansión, 19.2.08, visitado o 7.3.08
  63. El PP recorta distancias y se sitúa punto y medio por detrás del PSOE, El País, 22.2.08, visitado o 7.3.08
  64. Primera encuesta de la campaña: El PP se sitúa a sólo 1,9 puntos del PSOE Arquivado 16 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Libertad Digital, 22.2.08, visitado o 7.3.08
  65. Zapatero se encomienda a los cara a cara para movilizar a la izquierda, El Periódico de Catalunya, 22.2.08, visitado o 7.3.08
  66. El PP ganaría un escaño y se situaría a 2,1 puntos del PSOE en intención de voto Arquivado 27 de febreiro de 2008 en Wayback Machine.,Cadena COPE, 26.2.08, visitado o 7.3.08
  67. Rajoy ganaría por 700.000 votos, Escaño 351 (blog), 29.2.08, visitado o 7.3.08
  68. El PSOE aumenta a 5,5 puntos su diferencia con el Partido Popular Arquivado 25 de novembro de 2011 en Wayback Machine., Cadena Ser, 1.3.08, visitado o 7.3.08
  69. Los votantes del PP no ven ganador a Rajoy Arquivado 04 de marzo de 2008 en Wayback Machine., Público, 29.2.08, visitado o 7.3.08
  70. El PSOE volverá a vencer al PP sin lograr la mayoría absoluta, El País, 2.3.08, visitado o 7.3.08
  71. El PSOE aumenta su ventaja hasta los 6 puntos Arquivado 18 de decembro de 2011 en Wayback Machine., Cadena Ser, 2.3.08, visitado o 7.3.08
  72. El PSOE gana pero el PP recorta la ventaja socialista Arquivado 08 de marzo de 2008 en Wayback Machine., La Vanguardia, 3.3.08, visitado o 7.3.08
  73. Expectativas Elecciones Generales 9 de marzo Arquivado 16 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Demoscopia, 3.3.08, visitado o 7.3.08
  74. El PSOE gobernaría con una mayoría más amplia Arquivado 04 de marzo de 2008 en Wayback Machine., Público, 2.3.08, visitado o 7.3.08
  75. Zapatero recupera los cuatro puntos de ventaja sobre Rajoy Arquivado 08 de marzo de 2008 en Wayback Machine., El Periodic d'Andorra, 6.3.08, visitado o 7.3.08

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar