Eleccións xerais de España de 1918

As eleccións xerais de España de 1918 tiveron lugar o 24 de febreiro de 1918, convocadas no medio da crise política e económica provocada pola Asemblea de Parlamentarios e a folga xeral de 1917, baixo sufraxio universal masculino. En total foron elixidos 409 deputados ao Congreso, e o partido máis votado foi o Liberal Conservador, dirixido entón por Eduardo Dato, pero as dúas faccións do Partido Liberal dirixidas por Manuel García Prieto e o conde de Romanones, en conxunto, obtiveron máis votos.

Eleccións xerais de España de 1918Eleccións xerais de España de 1918
Data24 de febreiro de 1918 Editar o valor em Wikidata
TipoEleccións xerais en España Editar o valor em Wikidata
Cargo elixidoPresidente do Goberno de España
deputado no Congreso dos Deputados Editar o valor em Wikidata
Resultado electoral Editar o valor em Wikidata
Manuel García PrietoElixido/a
0
 
 ← 1916 Editar o valor em WikidataEspaña Editar o valor em Wikidata 1919 Editar o valor em Wikidata  → 

Como novidade, cabe destacar a presentación dunha Alianza de Esquerdas, formada polo Partido Reformista (9 deputados), Federación Republicana (10 escanos), Partido Socialista Obrero Español (6 escanos), Partit Republicà Català (4 escanos), Partido Republicano Radical (2 escanos), PURA (un escano), Partido Republicano Democrático Federal (un escano) e republicanos nacionalistas cataláns independentes (2 escanos), que intentaron presentar unha alternativa ao turnismo baixo a dirección de Melquíades Álvarez. Só obtivo 35 escanos, pero con certo eco en Cataluña.

Foi elixido presidente do Congreso o liberal demócrata Miguel Villanueva e presidente do Senado Alejandro Groizard. O xefe de goberno foi Antonio Maura, quen dirixiu un gabinete de concentración con conservadores, liberais e a Lliga Regionalista. O 9 de novembro foi substituído por un goberno de concentración das forzas liberais dirixido por Manuel García Prieto, pero aos 26 días dimitiu e o 5 de decembro formouse un novo goberno dirixido polo conde de Romanones, quen en xaneiro de 1919 suspendeu as garantías constitucionais. O 15 de abril de 1919 foi cesado e convocáronse novas eleccións.

Composición do Congreso dos Deputados tralas eleccións editar

Eleccións Xerais en España, 24 de febreiro de 1918

Partido Escanos Líder
Conservadores 98 Eduardo Dato
Partido Liberal 92 Manuel García Prieto
Partido Liberal 43 Conde de Romanones
Alianza de Izquierdas 35 Melquíades Álvarez
Conservadores 31 Antonio Maura
Partido Liberal-Izquierda Liberal 29 Santiago Alba Bonifaz
Conservadores 24 Juan de la Cierva y Peñafiel
Lliga Regionalista 21 Francesc Cambó
Comuñón Tradicionalista 8 Enrique de Aguilera y Gamboa
Comuñón Nacionalista Vasca 7 Ramón de la Sota
Liberales Agrarios 7 Rafael Gasset Chinchilla
Liberales independientes 6 Alfons Sala i Argemí
Rexionalistas (asturianos, leoneses e andaluces) 3
Católicos independentes 2 Manuel Rojas Marcos
Nacionalistas republicanos cataláns 1 Francesc Macià
Partido Integrista 1 Manuel Senante y Martínez
Católicos Carlistas 1 Gervasio de Artiñano y Galdácano
Independentes 3
TOTAL 412

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar