Eleccións xerais de España de 1903

As eleccións xerais de España de 1903 tiveron lugar o 30 de abril baixo o reinado de Afonso XII e por sufraxio universal restrinxido aos varóns.[1]

Eleccións xerais de España de 1903Eleccións xerais de España de 1903
Data30 de abril de 1903 Editar o valor em Wikidata
TipoEleccións xerais en España Editar o valor em Wikidata
Cargo elixidoPresidente do Goberno de España
deputado no Congreso dos Deputados Editar o valor em Wikidata
Resultado electoral Editar o valor em Wikidata
Francisco SilvelaElixido/a
0
 
 ← 1901 Editar o valor em WikidataEspaña Editar o valor em Wikidata 1905 Editar o valor em Wikidata  → 

No panorama político da época, creouse o novo Partido Liberal Conservador (froito da unión dos conservadores de Francisco Silvela e dos liberais disidentes dirixidos por Antonio Maura). En total foron elixidos 403 deputados, e obtivo a maioría absoluta o renovado Partido Conservador de Silvela. Os republicanos, agrupados nunha única candidatura, Unión Republicana, obtiveron 30 escanos no Congreso. Unha parte dos votos conservadores se disgregó en pequenas formacións políticas como os denominados Tetuanistas (6 escanos) ou os Tradicionalistas (7 escanos).

Foi elixido Presidente do Congreso o conservador Raimundo Fernández Villaverde, substituído o 23 de outubro polo reformista Francisco Romero Robledo. Elixiuse Presidente do Senado a Marcelo de Azcárraga, a quen substituíu en xaneiro de 1905 Luis Pidal y Mon.

O primeiro Presidente do Consello de Ministros foi Silvela, pero meses máis tarde, en decembro, Antonio Maura retomou o control dos conservadores e o gabinete. En decembro de 1904, Maura dimitiu o substitúe Marcelo de Azcárraga que apenas estivo un mes como xefe de Goberno para dar paso en xaneiro de 1905 a Raimundo Fernández Villaverde, quen convocou eleccións 8 meses máis tarde.

Composición do Congreso dos Deputados editar

Eleccións Xerais en España, 30 de abril de 1903

Partido Escanos Líder
Partido Liberal-Conservador 219 Francisco Silvela
Partido Liberal 104 Eugenio Montero Ríos
Unión Republicana 30 Nicolás Salmerón
Partido Democrático Monárquico 9 José Canalejas
Partido Liberal Reformista 7 Francisco Romero Robledo
Comuñón Tradicionalista 7 Matías Barrio Mier
Partido Republicano Democrático Federal 7 José María Vallés
Conservadores Tetuanistas 6 Carlos O'Donnell y Álvarez de Abreu
Lliga Regionalista 5 Bartomeu Robert i Yarzábal
Partido Integrista 1 Ramón Nocedal y Romea
Católicos independentes 5 Joaquín Picavea
Independentes 3

Resultados en Galicia editar

Galicia contaba cun total de 45 deputados

Circunscrición da Coruña (14 deputados) editar

 
Juan Armada y Losada en 1904.
 
Retrato de Antonio Aguilar y Correa, marqués de la Vega y Armijo, gravado de Bernardo Rico sobre foto de Alviach.

Circunscrición de Pontevedra (11 deputados) editar

Circunscrición de Lugo (11 deputados) editar

Circunscrición de Ourense (9 deputados) editar

 
Monumento a Carlos Cortezo no Parque del Retiro (Madrid)

Notas editar

  1. historiaelectoral.com. "Resultados das eleccións xerais de España de 1903". Consultado o 21 de maio de 2013. BuscadorHistorico Deputados elixidos en 1903 Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. Congreso dos Deputados (Buscador histórico de deputados)
  2. O 21 de outubro de 1903 cesou por declaración do Sr. Presidente por virtude do disposto no artigo 208 do Regulamento e 31 da Constitución, por ser nomeado Director Xeral de Agricultura, Industria e Comercio.
  3. Na relación de ABC figura Nicolás Vázquez Parga, adicto.
  4. O 16 de xuño de 1905 renunciou ao aceptar o cargo de Director Xeral de Administración.
  5. En la relación de ABC figura Enrique Saavedra, adicto.
  6. O 27 de maio de 1903 renunciou ao ser nomeado Senador vitalicio
  7. Elección parcial verificada o 12 de xullo de 1903.
  8. O 31 de maio de 1904 renuncia ao ser elixido Conselleiro de Estado
  9. O 11 de decembro de 1903 renunciou ao ser nomeado Subsecretario do Ministerio da Gobernación.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar