Eleccións xerais de España de 1901

As Eleccións Xerais de 19 de maio de 1901 en España foron convocadas na minoría de idade de Afonso XIII, sendo rexente a súa nai María Cristina de Habsburgo-Lorena. A súa base legal foi a Constitución española de 1876, vixente ata 1931 na coñecida como Restauración borbónica en España.

Eleccións xerais de España de 1901Eleccións xerais de España de 1901
Data19 de maio de 1901 Editar o valor em Wikidata
TipoEleccións xerais en España Editar o valor em Wikidata
Cargo elixidoDeputado das Cortes Editar o valor em Wikidata
Resultado electoral Editar o valor em Wikidata
 ← 1899 Editar o valor em WikidataEspaña Editar o valor em Wikidata 1903 Editar o valor em Wikidata  → 

Antecedentes editar

En base ao Pacto do Pardo de 24 de novembro de 1885 queda instituído o sistema de quendas pacíficas en exercicio do poder entre liberais e conservadores, que consolidou a Restauración ata finais do século XIX e principios do XX.

O 26 de xuño de 1890 o goberno liberal-fusionista reimplanta oficialmente o sufraxio universal na lexislación electoral.

O 17 de novembro de 1900 María Cristina de Habsburgo-Lorena autorizaba o matrimonio da princesa de Asturias, María das Mercedes de Borbón e Habsburgo-Lorena, con Carlos de Borbón-Dúas Sicilias, pretendente carlista, esta decisión provoca graves disturbios en Madrid a principios do mes de febreiro.

O 2 de marzo de 1901 cesa Marcelo Azcárraga Palmero como Presidente do Goberno de España, ocupando o seu posto novamente Sagasta

Características editar

O 25 de abril de 1901 seguindo o proceso de normalización conforme ao pactado entre as principais forzas políticas, procedeuse á disolución das Cámaras e á convocatoria de eleccións lexislativas.

Descoñécese o número de votantes para estas eleccións, todos varóns maiores de 25 anos de idade (sufraxio universal masculino). Elixíronse 402 deputados os días 19 de maio e 2 de xuño de 1899.

Composición do Congreso dos Deputados editar

Eleccións Xerais en España, 19 de maio de 1901

Partido Escanos Líder
Partido Liberal 245 Práxedes Mateo Sagasta
Partido Liberal-Conservador 84 Francisco Silvela
Coalición Republicana 14 Nicolás Salmerón
Partido Liberal Gamacista 13 Germán Gamazo y Calvo
Partido Liberal Reformista 8 Francisco Romero Robledo
Conservadores Tetuanistas 7 Carlos O'Donnell y Álvarez de Abreu
Comunión Tradicionalista 6 Matías Barrio Mier
Lliga Regionalista 6 Bartomeu Robert i Yarzábal
Partido Integrista 3 Ramón Nocedal y Romea
Republicanos blasquistas 2 Vicente Blasco Ibáñez
Liberais independentes 2
Católicos independentes 2
Unión Nacional 2 Basilio Paraíso
Republicanos independentes 1
Independentes 7

Resultados en Galicia editar

Os deputados elixidos en Galicia foron:[1]

A Coruña editar

Lugo editar

Ourense editar

Pontevedra editar

Final da Rexencia editar

O 17 de maio de 1902, ao cumprir os 16 anos de idade, Afonso XIII foi declarado maior de idade e asumiu as funcións constitucionais de Xefe de Estado.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar