Eleccións presidenciais de Venezuela de 2012

As eleccións presidenciais de Venezuela para o período 2013-2019 foron o proceso electoral levado a cabo o 7 de outubro de 2012 en Venezuela, no que foi reelecto o presidente Hugo Chávez para un terceiro mandato consecutivo.

Eleccións presidenciais de Venezuela de 2012Eleccións presidenciais de Venezuela de 2012
Data7 de outubro de 2012 Editar o valor em Wikidata
Tipoelección presidencial Editar o valor em Wikidata
Cargo elixidoPresidente de Venezuela Editar o valor em Wikidata
Resultado electoral Editar o valor em Wikidata
Hugo Chávez  — Revolutionary Bolivarian Movement-200 (en) TraducirElixido/a
0
 
 ← 2006 (pt) Traducir Editar o valor em WikidataVenezuela Editar o valor em Wikidata 2013 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  → 
Hugo Rafael Chávez Frías
Henrique Capriles Radonski

As principais coalicións que disputaron a elección foron o Gran Polo Patriótico (GPP), que apoiaba a reelección de Hugo Chávez, e a Mesa da Unidade Democrática (MUD) que estivo representada por Henrique Capriles Radonski, candidato electo en eleccións primarias, celebradas o 12 de febreiro de 2012.

Hugo Chávez puido ser por terceira vez consecutiva presidente logo de que fose aprobada en referendo en 2009 a Emenda Nº 1 á Constitución, que elimina as restricións á postulación sucesiva para os cargos de elección popular.

Pola súa parte, a oposición, conformada principalmente pola Mesa da Unidade Democrática (MUD) e pola Fronte Constitucional buscaron a través dunha candidatura unitaria derrotar o oficialismo. Logo dos últimos resultados electorais, que foran cualificados por este sector como positivos,[1][2] entre eles, o máis recente no ano 2010, as eleccións para á Asemblea Nacional (Eleccións parlamentarias de Venezuela de 2010), na cal esta coalición obtivo o 47,22 % dos votos válidos.

O Consello Nacional Electoral, máximo órgano do Poder Electoral encargado constitucionalmente do desenvolvemento de todos os procesos electorais en Venezuela, convocou formalmente o proceso o 29 de marzo de 2012.

O domingo 2 de setembro realizouse un simulacro previo das eleccións co fin de que a poboación venezolana puidese familiarizarse co sistema e asesorarse coas papeletas electorais a utilizar, sen totalización de votos nin recontos, e sen testemuñas das diferentes coalicións políticas. O Consello Nacional Electoral declarou que o proceso foi un éxito e que transcorreu con normalidade destacando que o proceso de votación dura entre 1 minuto 5 segundos e un 1 minuto 30 segundos. O proceso foi acompañado por observadores nacionais con acreditación e contou coa participación de pouco máis de 1 millón 890 mil venezolanos e venezolanas.[3][4]

Coalicións e precandidatos editar

Gran Polo Patriótico editar

A coalición liderada polo Partido Socialista Unido de Venezuela e integrada polo Partido Comunista de Venezuela, Podemos, PPT, a Unidad Popular Venezolana, Tupamaro, MEP, PSOEV, JOVEN, IPCN e outras organizacións políticas e sociais de esquerda e independentes, apoiou a reelección de Hugo Chávez Frías como presidente de Venezuela. Esta alianza agrupa máis de 34 000 organizacións.[5]

No GPP converxen diversos movementos sociais:[6] entre os que destacan o Colectivo cultural Nuevo Nuevo Circo, "Movimiento del Rock Nacional" de Paul Gillman,[7] Colectivo "Conocimiento Libre para el Socialismo" (COLIBRIS), Colectivo Hip-Hop revolución, Frente Nacional Campesino "Ezequiel Zamora", entre outros.

Chávez anunciou a súa intención de presentarse novamente como candidato presidencial o 4 de marzo de 2011 durante un evento onde se xuramentaban equipos rexionais do PSUV.[8]

O 4 de setembro, poucos días despois do simulacro electoral, Jorge Rodríguez xefe do Comando de Campaña Carabobo informou que en base ás proxeccións obtidas polas súas sondaxes a pé de urna, o 86 % dos votos corresponderon a Hugo Chávez, mais o reitor do Consello Nacional Electoral Vicente Díaz desmentiu as declaracións emitidas e resaltou que o acto só constituíu un simulacro para probar a plataforma tecnolóxica e a capacidade loxística do organismo e que os votos non foron totalizados nin contados, polo que as cifras emitidas polos comandos, tanto oficial como o opositor, foron desestimadas.[9][10][11][12][13][14][15] Non obstante, unha nota de prensa de ABC datada o 3 de setembro[16] que titula Capriles gana el simulacro de las elecciones en Venezuela, según un sondeo oficialista explica que unha enquisa encargada ao IVAD (Instituto Venezolano de Análise de Datos) por Odebrecht dálle ao candidato opositor o 53 % dos votos sobre o 45 % do presidente Hugo Chávez. Seguidamente medios locais e internacionais fanse eco da noticia.[17][18][19][20][21][22][23][24][25][26]

Mesa da Unidade Democrática editar

A MUD ou Unidade Nacional estivo integrada por unha trintena de organizacións de distintos espectros políticos e apoiada por diversas organizacións estudantís, de traballadores, sindicatos, intelectuais, artistas, profesionais, grupos sociais e deportivos, así como por diversas comunidades indíxenas que apoiaban o cambio de goberno en 2012. O candidato da MUD para a elección presidencial foi Henrique Capriles logo de resultar electo nunha elección primaria o 12 de febreiro de 2012.

A oposición discutía a posibilidade de participar na elección cunha forza única, para evitar a dispersión do voto. Entre os principais defensores desta idea encontrábanse Copei, MAS, La Causa R, Acción Democrática, Alianza Bravo Pueblo; mentres que Un Nuevo Tiempo e Primero Justicia, os dous partidos opositores con maior votación nas últimas eleccións non apoiaron a proposta, mais, o 30 de xullo de 2011, anunciaron que por unanimidade acordaron utilizar unha posición unitaria, só para a elección presidencial.[27][28][29] Pese a ese anuncio, no momento de realizar as inscricións das candidaturas os partidos Primero Juticia, Un Nuevo Tiempo, Voluntad Popular e outros máis pequenos decidiron non pregarse á tarxeta unitaria xunto ao resto de organizacións da colación.

Primarias opositoras editar

A Mesa da Unidade resolveu que o candidato para a elección presidencial de 2012 debía resultar electo nunhas eleccións primarias, e para iso presentáronse os seguintes candidatos:

Candidatos retirados das primarias da MUD editar
Resultados editar

O día 12 de febreiro de 2012 realizáronse as eleccións primarias en Venezuela. En total rexistráronse 2 904 710 votos co 95 % das actas escrutadas, o que representa o 17 % dos electores rexistrados no CNE. Resulta gañador o candidato Henrique Capriles Radonski con 1 806 860 votos, fronte ao candidato Pablo Pérez Álvarez, con 867 601. Pola súa parte, María Corina Machado obtén 103 500, Diego Arria 35 070 e Pablo Medina 14 009. O 13 de febreiro de 2012 a Comisión Electoral da Mesa da Unidade ofreceu un novo balance co 99 % das actas escrutadas para un total de 3 040 449 votos emitidos, dos cales 2 959 413 foron votos válidos.

Ese total distribuíuse do seguinte xeito: Henrique Capriles Radonski, 1 900 528 votos (64,2 %); Pablo Pérez, 896 070 (30,3 %); María Corina Machado 110 420 (3,7 %); Diego Arria 37 834 (1,3 %) e Pablo Medina, 14 456 (0,5 %).

O 14 de febreiro, o Tribunal Supremo de Xustiza ordenou á Mesa da Unidade entregar os cadernos de votación para revisalos[34] debido a unha petición de impugnación de resultados. A oposición alegou que isto violaría un acordo entre a MUD e o CNE, e que o mesmo tribunal declarara dous anos antes que os datos dos cadernos electorais son confidenciais.[35] Pola súa parte, nunha entrevista a Presidenta do CNE declarou que o proceso electoral non acabara, pois estaba pendente a fase de impugnación.

Ese mesmo día na noite no acto de proclamación do candidato ganador, a Presidenta da Comisión Electoral de Primarias Teresa Albanés destacou que o total de votos emitidos foi 3 059 024. Isto inclúe os 18 mil votos de venezolanos no exterior. E resaltou que dese total, 1 913 190 votos foron para Capriles Radonski.

Outros candidatos editar

Os outros candidatos que terzaron nestas eleccións son: polo Partido Democrático Unidos por la Paz María Bolívar, por Partido Socialismo y Libertad Orlando Chirinos, por Poder Laboral Reina Sequera, e por Organización Renovadora Auténtica Luis Reyes Castillo. Estes candidatos representan unha minoría en comparación cos dous principais candidatos que son Henrique Capriles Radonski e Hugo Chávez Frías.

O candidato polo partido Vanguardia Bicentenaria Republicana, Yoel Acosta Chirinos declinou as súas aspiracións presidenciais a falta de tres semanas para que se efectúen os comicios e a favor da candidatura da coalición oficial aínda que aos seus partidarios lles indicou que eran libres de sufragar pola opción que desexen sen presión ningunha.[36][37]

Campaña editar

Discurso e estratexia editar

 
Municipios onde Capriles Radonski protagonizou actividades proselitistas durante a súa campaña electoral en 2012.

O discurso do presidente Chávez na campaña caracterizouse, en parte, polo uso de ataques en contra do seu principal opoñente, Henrique Capriles. "Burgués", "apátrida", así como pexorativos como "majunche" (pouca cosa), "jalabola" (adulador).[38][39]

A resposta de Capriles foi a de evadir a confrontación, solicitando ao Presidente que non use tales adxectivos durante a campaña electoral.[40] Aseguraba tamén, que se encontraba máis preocupado en coñecer os distintos problemas que enfronta cada rexión.[41]

A campaña de Capriles consistiu en paseos realizados en certas cidades venezolanas, no que el denominou como "casa por casa". O candidato e os partidos de coalición da Mesa da Unidade enfocaron a súa estratexia na visita progresiva dunha serie de municipios de até dous estados por día, visitando habitantes dos mesmos de barrios con poboacións con altas precariedades en canto a servizos públicos. O seu percorrido alcanzou o 1 de setembro duascentas poboacións visitadas.[42]

O discurso de Capriles baseouse na atención dos problemas do país, que describía en cada unha das concentracións, onde repetía a súa intención de manter e mellorar os programas sociais ou "misións" (iniciados na administración de Hugo Chávez).

A campaña do Gran Polo Patriótico baseouse na idea de defender os logros e a dirección do proxecto bolivariano pois anunciaban que, de gañar Capriles a presidencia, o rumbo da nación cambiaría completamente. Neste sentido, o groso da comunicación dos medios estatais enfocouse na divulgación dos logros (accións, reformas e programas) do goberno actual.[43][44][45]

Respecto aos discursos, non se pode obviar o uso de descualificacións por parte do candidato oficial de maneira reiterada cara ao seu rival[46], en canto aos medios de comunicación, foi máis dura debido ás propagandas en ofensa ao candidato opositor por parte dos televisores e radios públicos, encargados de divulgar as accións e programas do goberno de Chávez. Tamén se pode resaltar que de acordo a cifras da ONG Espacio Público, citadas polo periodista Nelsón Bocaranda, as agresións contra o SNMP só constitúen o 9 % do total reportado en 2012, sendo o resto dirixido contra os medios independentes e opositores.[47][48]

O 17 de xullo as diferentes coalicións a participar nos comicios asistiron á sede do Consello Nacional Electoral para definir a súa posición na lista electoral. O representante Francisco Ameliach do Gran Polo Patriótico sinalou que esta opción, ao ser a que opta á reelección ocupará as dúas primeiras filas da papeleta; mentres que o dirixente principal Juan Carlos Caldera que representaba a Mesa da Unidade Democrática informou que a opción de Henrique Capriles e os partidos acompañantes era poñerse no centro e zona inferior da mesma, e deste xeito evitar confusións ao electorado.[49]

Feitos violentos editar

 
Colas nun local de votación en Maracaibo.

En xeral, a campaña electoral foi pacífica con incidentes illados de violencia. Cara ao final da campaña, déronse falecidos por causa da violencia política.

O 2 de setembro, catro persoas identificadas coa oposición foron tiroteadas preto dun centro de votación onde se realizaba un simulacro electoral, no municipio Francisco Javier Pulgar, ao Sur do Lago de Maracaibo.[50] Un voceiro da oposición responsabilizou os escoltas do alcalde Luis Ruda, quen é membro do principal partido chavista, o PSUV.[50]

O 12 de setembro, catorce persoas resultaron feridas cando simpatizantes do chavismo bloquearon unha autovía pola que o candidato Capriles planeaba chegar a Puerto Cabello, onde ía facer un mitin.[51] Un automóbil identificado con propaganda do partido opositor Un Nuevo Tiempo foi vandalizado, e rexistráronse pedradas dun bando contra o outro.[52] De todas as maneiras, Capriles, desviou a súa ruta, sen facer presenza no lugar de conflito, e chegou á cidade carabobeña a bordo dunha pequena embarcación pesqueira.[53]

O 29 de setembro, dous dirixentes opositores morreron tiroteados en Barinitas;[54] as vítimas foron identificadas como Antonio Valero de Primero Justicia, e Omar Fernández de Acción Democrática. De acordo á única versión dada, que non foi confirmada nin negada polas autoridades, unha caravana a favor de Capriles foi parada por un grupo de chavistas usando camionetas propiedade do Estado.[54] Cando os opositores se baixaron dos seus vehículos para negociar o pase da caravana, foron tiroteados, sendo ferido de gravidade un fotógrafo. Posteriormente, o ministro de Interior, Tareck El Aissami, informou que detiveran tres persoas, aínda que sen dar detalles de como ocorreran os feitos.[54] O deputado de Primero Justicia, Julio Borges, asegurou que os tres detidos eran empregados públicos, especificamente do Ministerio de Interior e da Policía Estatal de Barinas, esta última baixo o mando de Adán Chávez, irmán de Hugo Chávez.[55] O deputado chavista Diosdado Cabello cualificou de "irresponsable e bobo" a Borges polas súas declaracións.[55] O deputado opositor Julio Cesar Reyes criticou que Nelson Quintero, director Rexional de Ambiente no estado Barinas e xefe do Comando Carabobo en Barinitas, onde ocorreron as mortes, non fora detido, posto que o seu carné foi encontrado no lugar dos feitos, e supostamente os tiros realizáronse desde unha camioneta estatal asignada a el, e que quedou abandonada no sitio.

Enquisas editar

A maioría das enquisas realizadas no país déronlle vantaxe a Chávez. Esta diferenza sufriu poucas variacións desde a proclamación de Capriles como contrincante seu,[56][57] aínda que se pode constatar un lixeiro crecemento da intención de voto para Capriles a partir de xullo. A seriedade dalgunhas empresas enquisadoras foi tildada de dubidosa polos dous bandos, no que se catalogou como unha gran "guerra de enquisas". Persoeiros da oposición sinalaron que algunhas das enquisas eran feitas por entes do mesmo goberno e outras por compañías dirixidas por achegados e incluso ex funcionarios da administración de Hugo Chávez;[58] tal é o caso do exministro Jesse Chacón quen dirixe o Grupo de Investigación Social, Siglo XXI (GISXXI). En cambio, representantes do goberno e medios estatais sinalaron algunhas enquisadoras de estar coa oposición. Tal é o caso, por exemplo, de Datanálisis e Hinterlaces.[59][60][61] A axencia de noticias EFE tildou de "antichavistas" as enquisadoras Datanálisis e IVAD.[62] O analista político uruguaio-venezolano Aram Aharonian cualificou o director de Datanálisis como "libretista da oposición".

Como reacción ás enquisas de Hinterlaces de maio de 2012, que deron como gañador a Hugo Chávez, o político opositor do partido Primero Justicia (PJ), Tomás Guanipa, acusou a enquisadora de recibir financiamento por parte do goberno.[63] Tal acusación foi rexeitada enerxicamente polo presidente do Instituto, Oscar Schemel.[64][65]

Entre as principais firmas, están Datanálisis, Hinterlaces, GIS XXI e IVAD, as cales outorgaron diferenzas notables a favor do actual presidente Hugo Chávez por marxes de até 35 puntos, e tamén as de Consultores 21, Predicmática, JDP, DatinCorp, Interdata, entre outras, que lle deron vantaxe ao candidato Henrique Capriles, ou incluso, que había un empate técnico entre estes.

A continuación destácanse os estudos e sondaxes das firmas principais do escrutinio político e público venezolano.

Enquisadora Fonte Data Candidato Gran Polo Patriótico (GPP) % Candidato Mesa de la Unidad Democrática (MUD) % Liderado Tamaño de mostra Indecisos e N/R
Consultores 21 Consultores 21 2 de outubro de 2012 Hugo Chávez Frías 47.2% Henrique Capriles Radonski 51.8% 4.6% 1546 1.0% (77% de participación)
Top Data Consultores Top Data Consultores 29 de setembro de 2012 Hugo Chávez Frías 42.62% Henrique Capriles Radonski 49.72% 7.1% 4700 7.66%
Predicmática Predicmática Arquivado 01 de outubro de 2012 en Wayback Machine. 26 de setembro de 2012 Hugo Chávez Frías 47.1% Henrique Capriles Radonski 52.9% 5.8% 1600 -
Hercón Consultores Hercón Consultores 26 de setembro de 2012 Hugo Chávez Frías 44% Henrique Capriles Radonski 48.8% 4.8% 2000 7.2%
Datanálisis Datanálisis Arquivado 28 de xullo de 2014 en Wayback Machine. 25 de setembro de 2012 Hugo Chávez Frías 49.4% Henrique Capriles Radonski 39.0% 10.4% 1.600 11.6%
Hinterlaces Hinterlaces 22 de setembro de 2012 Hugo Chávez Frías 50% Henrique Capriles Radonski 34% 16% 1633 14% (2% Ningún)
Varianzas Varianzas 20 de setembro de 2012 Hugo Chávez Frías 49.7% Henrique Capriles Radonski 47.7% 2.0% 2000 2.6%
6to Poder Datos 6to Poder Datos 18 de setembro de 2012 Hugo Chávez Frías 46.17% Henrique Capriles Radonski 43.25% 2.92% 1200 7.92%
International Consulting Services (ICS) International Consulting Services (ICS)[Ligazón morta] 17 de setembro de 2012 Hugo Chávez Frías 55.1% Henrique Capriles Radonski 35.4% 19.7% 2200 3.1% (6.4% non votará)
Instituto Venezolano de Análisis de Datos (IVAD) Instituto Venezolano de Análise de Datos (IVAD) 18 de setembro de 2012 Hugo Chávez Frías 53.3% Henrique Capriles Radonski 32.7% 20.6% -- 14%
Consultores 30-11 Consultores 30-11[Ligazón morta] 14 de setembro de 2012 Hugo Chávez Frías 56.5% Henrique Capriles Radonski 34.4% 22.1% -- 8.1%
Datos Interdata-Opinión Datos Interdata Opinion 13 de setembro de 2012 Hugo Chávez Frías 47.07 Henrique Capriles Radonski 50.64 3.57% 18803 2.27%
GIS XXI Grupo de Investigación Social, Siglo XXI (GIS XXI) 12 de setembro de 2012 Hugo Chávez Frías 60.1% Henrique Capriles Radonski 39.9% 20.2% 2500 2%

Resultados editar

Sete dos oito candidatos en disputa.[66]

Partido político/Coalición política Candidato Votos
%
Gran Polo Patriótico   Hugo Chávez Frías 8 136 637 55.25%
Mesa de la Unidad Democrática   Henrique Capriles 6 499 575 44,13%
Poder Laboral Reina Sequera 69.533 0,47%
Organización Renovadora Auténtica Luis Reyes Castillo 8.168 0,05%
Partido Democrático Unidos por la Paz María Bolívar 7.339 0.04%
Partido Socialismo y Libertad Orlando Chirino 4.105 0.02%

Notas editar

  1. "Edgar Zambrano: Creación del Frente Constitucional es maniobra en contra de AD". 19 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2013. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  2. "Oposición dice que ganará 17 gobernaciones y 152 alcaldías en 2012". 17 de xullo de 2011. Consultado o 16 de novembro de 2012. [Ligazón morta]
  3. "Con total fluidez electores participaron en simulacro de votación". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 12 de outubro de 2012. 
  4. "CNE: más de 1 millón 890 mil electores participaron en simulacro". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2012. Consultado o 12 de outubro de 2012. 
  5. "El Universal: 34 mil 234 organizaciones forman parte del Gran Polo Patriótico". 16 de decembre de 2011. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  6. "Gran Polo Patriótico fortalecerá plataforma revolucionaria bolivariana en Caroní". 1 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  7. "YVKE Mundial: Paul Gillman inscribirá el Movimiento de Rock Nacional en el Polo Patriótico". 5 de outubro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2014. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  8. "Presidente le dice al PSUV: "Chávez es candidato y ya"". 4 de marzo de 2011. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  9. "Vicente Díaz: Durante el simulacro no se hizo totalización de votos". Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  10. "Díaz: No hay resultados porque simulacro no fue encuesta". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  11. "(VIDEOS) Jorge Rodríguez desmonta estafas de campaña política opositora". Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  12. "Chávez ganó simulacro con 86% de votos". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2013. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  13. "Jorge Rodríguez asegura que Chávez ganó el simulacro electoral con el 86% de los votos (+fotos)". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  14. "CNE discutirá la solicitud de totalizar resultados del simulacro electoral". Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  15. "Chávez: Reto al candidato opositor a que pida al CNE resultados del simulacro". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  16. "Capriles gana el simulacro de las elecciones en Venezuela, según un sondeo oficialista". 
  17. "ABC: Capriles ganó simulacro del domingo según sondeo del IVAD". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  18. "ABC: Capriles ganó simulacro del domingo según sondeo del IVAD". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  19. "Leopoldo López: "Hasta en el simulacro ganó Capriles"". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  20. "Encuesta revela que Capriles ganó el simulacro en Lara y en casi todos los estados". Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  21. "(ABC España) Capriles gana el simulacro de las elecciones en Venezuela, según un sondeo oficialista". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  22. "ABC.es: Capriles gana el simulacro de las elecciones". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  23. "Leopoldo López: "Hasta en el simulacro ganó Capriles"". Consultado o 16 de novembro de 2012. [Ligazón morta]
  24. ": Hasta en el simulacro que ellos movilizaron ganó Capriles". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  25. "Capriles ganó simulacro de elecciones en Venezuela, según sondeo oficialista". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  26. "López: PSUV movilizó la gente y lo que sucedió fue que votaron por Capriles". Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  27. "MUD se debate entre tarjeta única o unitaria". 12 de xullo de 2011. Consultado o 16 de novembro de 2012. [Ligazón morta]
  28. "ABP respalda tarjeta unitaria". 10 de maio de 2011. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2013. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  29. "MUD usará tarjeta unitaria en presidenciales 2012". 30 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  30. "Capriles se lanza y ya son cuatro los aspirantes para las primarias". 4 de maio de 2011. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  31. "El discurso de María Corina en 10 frases claves". 17 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  32. "Ledezma anuncia que se lanzará como candidato presidencial para oponerse a Chávez". 15 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  33. "César Pérez Vivas se lanza como candidato presidencial". 28 de abril de 2011. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2014. Consultado o 12 de outubro de 2012. 
  34. "TSJ pide detener quema de cuadernos". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  35. "Los datos de lo cuadernos electorales son confidenciales". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  36. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 12 de outubro de 2012. 
  37. "Acosta Chirinos declina su aspiración presidencial y se suma a la candidatura de Chávez (+audio)". Noticias 24. 17 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  38. ""Jalabola tú, majunche" dice Chávez a Capriles R.". Consultado o 16 de novembro de 2012. [Ligazón morta]
  39. "Chávez responde a Capriles: ¡Tú eres el jalabola del imperio, majunche! (+VIDEO)". Consultado o 16 de novembro de 2012. [Ligazón morta]
  40. "Capriles pidió a Hugo Chávez no insultar la campaña". NotiTarde. 17 de marzo de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2012. [Ligazón morta]
  41. Rojas, María Angélica (5 de maio de 2012). "Capriles Radonski: “Yo vengo a proponer no a insultar”". Agencia Carabobeña de Noticias. Consultado o 16 de novembro de 2012. [Ligazón morta]
  42. "Capriles llega a 200 pueblos recorridos en Tocuyito". LaPatilla.com. 1 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  43. "En Venezuela la pobreza se ha reducido en más del 50% en 13 años de-revolucion". www.telesurtv.net. Consultado o 2019-12-05. 
  44. "Las misiones sociales bolivarianas". www.telesurtv.net. Consultado o 2019-12-05. 
  45. "Misión venezolaba Barrio Adentro cumple 9 anos". www.telesurtv.net. Consultado o 2019-12-05. 
  46. "Nuevos sondeos sacan de quicio al Presidente". Diario La Verdad. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-05. 
  47. http://www.vtv.gob.ve/index.php/nacionales/82681-declaracion-del-zulia-rechazo-a-las-agresiones-del-comando-de-radonski-contra-periodistas-del-snmp[Ligazón morta]
  48. Bocaranda, Nelsón (24 de maio de 2012). "RUNRUNES". El Universal (Venezuela). Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  49. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2012. Consultado o 12 de outubro de 2012. 
  50. 50,0 50,1 Faría, Juan José (2 de setembro de 2012). "4 heridos frente a centro de votación en Sur del Lago". Últimas Noticias. Consultado o 16 de novembro de 2012. [Ligazón morta]
  51. "Acusan a hermano de Hugo Chávez del asesinato de tres opositores". El País (Uruguai). 1 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  52. Lares Martiz, Valentina (30 de setembro de 2012). "Violencia en campaña venezolana cobra tres vidas". El Tiempo (Colombia). Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  53. De La Rosa, Alicia (12 de setembro de 2012). "En lancha llegó Capriles a Puerto Cabello". El Universal (Venezuela). Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  54. 54,0 54,1 54,2 "La campaña de Venezuela se calienta con 2 dirigentes asesinados". Reuters. 30 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2013. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  55. 55,0 55,1 Agencia EFE (30 de setembro de 2012). "Muere un tercer partidario de Capriles tiroteado en Barinas". El Carabobeño. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  56. "El Economista: Capriles, lejos de acercarse a su rival Chávez en las encuestas". 11 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2013. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  57. "Reuters: Capriles Radonski permanece estancado mientras intenta acercarse a Chávez". 10 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  58. "Ledezma: “A través de las encuestas el Gobierno desarrolla una campaña de envenenamiento”". noticias24.com. 23 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  59. "Álvarez Paz desestima encuestadoras opositoras que reconocen amplio respaldo a la revolución". Agencia Venezolana de Noticias (AVN). 14 de setembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2014. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  60. "Encuestadora opositora reconoce popularidad, buenas ideas y amor por el pueblo de Chávez". Agencia Venezolana de Noticias (AVN). 19 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2014. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  61. "Estudio de Hinterlaces revela que presidente Chávez goza de percepción positiva en la población". Correo del Orinoco. 19 de agosto de 2010. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  62. "En Venezuela descreen de sondeos que dan ganador a Chávez". EFE/InfoBAE. 16 de setembro de 2006. Consultado o 16 de novembro de 2012. [Ligazón morta]
  63. "Tomás Guanipa: El gobierno financia encuestas falsas sobre elecciones del 7-O". Globovisión. 21 de mazo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2013. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  64. "Hinterlaces desmiente declaraciones del diputado Tomás Guanipa". Globovisión. 22 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2013. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  65. "Schemel responde al Comando Venezuela: “Son unos ineptos que se basan en mentiras”". noticias24.com. 22 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  66. "Ocho candidatos participarán en elecciones presidenciales de Venezuel…". archive.is. 2013-06-29. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 2019-12-05. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar