Eleccións xerais en España

(Redirección desde «Eleccións Xerais en España»)

Lista de Eleccións Xerais en España editar

Sexenio Democrático editar

Restauración editar

Segunda República Española editar

Monarquía constitucional editar

Estatísticas das eleccións a Cortes Xerais desde 1977 editar

Circunscricións e repartición de escanos nas eleccións a Cortes Xerais editar

Cada unha das 50 provincias e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla considéranse circunscricións independentes. A cada provincia correspóndenlle por lei 2 escanos e 1 a cada unha das cidades autónomas, o que fan un total de 102. Os 248 escanos restantes, que sumados aos outros fan un total de 350, repártense proporcionalmente segundo a poboación de cada provincia. Así, Soria é a que menos ten xa que conta con só 2, mentres que Madrid é a que máis ten ao contar con 36 (2 34).

Os escanos repártense polo método d'Hondt aplicado independentemente a cada circunscrición, cun limiar do 3% por circunscrición.

Circunscrición Deputados
Madrid 36
Barcelona 31
Valencia 16
Alacant e Sevilla 12
Málaga e Murcia 10
Cádiz, Biscaia, A Coruña, Baleares, As Palmas e Asturias 8
Santa Cruz de Tenerife, Zaragoza, Pontevedra e Granada 7
Córdoba, Xirona, Guipúscoa, Toledo, Almería, Badaxoz e Xaén 6
Navarra, Castelló, Cantabria, Valladolid, Cidade Real, Huelva e León 5
Lleida, Cáceres, Albacete, Burgos, Salamanca, Lugo, Ourense, A Rioxa e Áraba 4
Guadalaxara, Huesca, Cuenca, Zamora, Ávila, Palencia, Segovia e Teruel 3
Soria 2
Ceuta e Melilla 1

Evolución dos principais partidos nacionais nas eleccións xerais editar

 
Histórico de número de escanos nas eleccións en democracia (1977-2016).

Distribución xeográfica do voto nas eleccións xerais editar

Presidentes elixidos tralas eleccións xerais editar

  1. 15 de xuño de 1977: Adolfo Suárez González (UCD).
  2. 1 de marzo de 1979: Adolfo Suárez González (UCD).
  3. 28 de outubro de 1982: Felipe González Márquez (PSOE).
  4. 22 de xuño de 1986: Felipe González Márquez (PSOE).
  5. 29 de outubro de 1989: Felipe González Márquez (PSOE).
  6. 6 de xuño de 1993: Felipe González Márquez (PSOE).
  7. 3 de marzo de 1996: José María Aznar López (PP).
  8. 12 de marzo de 2000: José María Aznar López (PP).
  9. 14 de marzo de 2004: José Luis Rodríguez Zapatero (PSOE).
  10. 9 de marzo de 2008: José Luis Rodríguez Zapatero (PSOE).
  11. 20 de novembro de 2011: Mariano Rajoy Brey (PP).
  12. 20 de decembro de 2015: Mariano Rajoy Brey (PP) (en funcións)
  13. 26 de xuño de 2016: Mariano Rajoy Brey (PP).

Datos estatísticos das eleccións xerais editar

Participación
  • Participación media: 73,46%.
  • Máxima participación: 79,97% en 1982.
  • Mínima participación: 68,04% en 1979.
  • Máis votantes: 25 891 299 (75.66%) en 2004.
  • Menos votantes: 17 990 915 (68.04%) en 1979.
  • Máis votos nulos: 419.236 en 1982.
  • Máis votos en branco: 407.795 en 2004.
Tempo
Ganadores
Outros partidos
Congreso resultante
  • Parlamento máis plural: 13 formacións, 1979, 1989 e 2011.
  • Parlamento menos plural: 10 formacións, 1982 e 2008.
  • Maior bipartidismo: 323 deputados, PSOE e PP en 2008.
  • Menor bipartidismo: 282 deputados, PSOE e PP en 1989.
  • Mellor resultado conxunto da esquerda parlamentaria: 210 deputados e 54,27% dos votos:Só se inclúen os votos aos partidos que conseguiron representación no Congreso dos Deputados. PSOE, PCE, Herri Batasuna, ERC e Euskadiko Ezkerra en 1982.
  • Mellor resultado conxunto do centro-dereita parlamentario: 210 deputados e 51,10% dos votos: PP, CiU, PNV, Coalición Canaria e Foro Asturias en 2011. Alcanzarían 215 escanos
  • Parlamento con máis igualdade esquerda-dereita: 177-173 para as esquerdas en 2008.
  • Maior peso dos partidos nacionalistas e rexionalistas: 42 deputados en 2011.
  • Menor peso dos partidos nacionalistas e rexionalistas: 24 deputados en 1977 e 1982.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar