Eleccións xerais de España de 1869

(Redirección desde «Eleccións Xerais 1869 en España»)

As eleccións xerais de España de 1869 foron convocadas para o 15 de xaneiro de devandito ano baixo sufraxio universal masculino. Foron as primeiras realizadas trala revolución de 1868, encabezada polos xenerais Juan Prim e Francisco Serrano Domínguez que supuxo a abdicación de Isabel II e o fin do goberno de Narváez, xefe do Partido Moderado. Realizáronse durante o Goberno Provisional de 1868-1871, primeiro período do Sexenio Democrático.

Eleccións xerais de España de 1869Eleccións xerais de España de 1869
Data15 de xaneiro de 1869 Editar o valor em Wikidata
TipoEleccións xerais en España Editar o valor em Wikidata
Cargo elixidoQ64876399 Traducir
senador de España Editar o valor em Wikidata
Resultado electoral Editar o valor em Wikidata
Joan Prim i Prats  — Partido Progresista
0
Electoral vote (en) Traducir 236
Francesc Pi i Margall  — Partido Republicano Democrático Federal
0
Electoral vote (en) Traducir 85
Carlos, duque de Madrid  — Q28517149 Traducir
0
Electoral vote (en) Traducir 20
Outro
0
Electoral vote (en) Traducir 8
José Ramón Bugallal
0
Electoral vote (en) Traducir 3
 ← 1867 (en) Traducir Editar o valor em WikidataEspaña Editar o valor em Wikidata 1871 Editar o valor em Wikidata  → 
Prim foi nomeado presidente do Goberno tras gañar as eleccións xerais de 1869.

En total foron elixidos 352 deputados, separadamente dos 11 de Porto Rico e 18 de Cuba. O xeneral Prim encabezou unha coalición monárquica formada polo Partido Progresista, a Unión Liberal e os demócratas "cimbrios", que gañou as eleccións. O sector republicano maioritario no Partido Demócrata, que o refundara baixo o nome de Partido Republicano Democrático Federal, e que estaba encabezado por Pi i Margall, Nicolás Salmerón e Emilio Castelar, obtivo un bo resultado. Tamén se presentaron os carlistas, aínda que non obtiveron os resultados que esperaban.

Foi nomeado presidente do Congreso dos Deputados o demócrata "cimbrio" Nicolás María Rivero, que foi substituído o 18 de xaneiro de 1870 polo progresista Manuel Ruiz Zorrilla.

O xefe de goberno foi o xeneral Prim ata que foi asasinado o 27 de decembro de 1870, tras conseguir a aprobación da Constitución de 1869 (214 votos contra 55) e a elección como rei de España de Amadeo de Savoia. O almirante Juan Bautista Topete e Serrano organizaron o goberno ata que se convocaron novas eleccións en marzo de 1871, que foron as primeiras do reinado de Amadeu I.

Composición do Congreso dos Deputados editar

Eleccións Xerais en España, 15 de xaneiro de 1869

Partido Escanos Líder
Coalición Progresista-Liberal 236 Juan Prim
Partido Republicano Democrático Federal 85 Francesc Pi i Margall
Comunión Católico-Monárquica 20 Carlos María de Borbón
Independentes de dereitas 3 José Ramón Bugallal Muñoz
Outros 8

Deputados galegos editar

 
Eugenio Montero Ríos, deputado por Pontevedra.
 
Constantino Ardanaz Undabarrena, deputado por Lugo.

Os deputados que obtiveron un escano no Congreso polos distritos galegos nestas eleccións foron:[1]

A Coruña editar

Lugo editar

Ourense editar

Pontevedra editar

Notas editar

  1. Os distritos aparecen englobados dentro da provincia correspondente

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar