Ela é o rapaz

filme de 2006 dirixido por Andy Fickman

Ela é o rapaz (en inglés: She's the Man) é un filme estadounidense de 2006 dirixida por Andy Fickman, inspirada en Noite de reis, unha obra de William Shakespeare. A película está protagonizada por Amanda Bynes e Channing Tatum, entre outros. Conta a historia de como unha rapaza se fai pasar por home.

Ela é o rapaz
Ficha técnica
Título orixinalShe's the Man
DirectorAndy Fickman
ProdutorLauren Shuler Donner
Tom Rosenberg
Gary Lucchesi
IntérpretesAmanda Bynes
Channing Tatum
Laura Ramsey
David Cross
Vinnie Jones
Alex Breckenridge
James Kirk
Robert Hoffman
Jonathan Sadowski
MúsicaNathan Wang
FotografíaGreg Gardiner
MontaxeMichael Jablow
EstudioLakeshore Entertainment
DistribuidoraDreamWorks
Estrea2006
Duración105 min.
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento$20 million
Recadación$57,194,667[1]
Na rede
http://www.shestheman-themovie.com
IMDB: tt0454945 Filmaffinity: 862759 Allocine: 119461 Rottentomatoes: m/shes_the_man Mojo: shestheman Allmovie: v333830 TCM: 636534 Metacritic: movie/shes-the-man TV.com: movies/shes-the-man Netlix: 70044873Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Viola Hastings é unha boa futbolista, pero o equipo feminino foi cancelado e pide xogar no masculino. O adestrador di que unha rapaza non xoga tan ben como un rapaz, polo que, amolada, pídelle ao seu mozo e capitán do equipo Justin (que está alí) a súa opinión, pola que Viola decide terminar a relación. Logo, na súa casa, a moza de seu irmán Sebastian, Monique, confúndea con el, queixándose do moito que se parecen. Sebastian pídelle que o cubra, xa que se vai a Londres a tocar coa súa banda, e é entón cando se lle ocorre facerse pasar por el para entrar no equipo masculino.

Elenco editar

Recepción editar

Recadación editar

A película estivo no posto número 4 en recadación de América do Sur facendo $10.7 millóns USD na súa primeira fin de semana. She's the Man recadou un total de $33,741,133 nos Estados Unidos, cunha recadación total de $57,194,667 en todo o mundo.[1]

Críticas editar

Baseado en 108 comentarios, She's the Man, tivo unha clasificación 44% en Rotten Tomatoes.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Box Office Mojo (ed.). "Total Gross Revenues". Consultado o 28 de agosto de 2014. 
  2. "She's the Man critical reviews". Rotten Tomatoes. Consultado o 24 de outubro de 2008.