El Poble-sec, Barcelona

El Poble-sec é un barrio do distrito de Sants-Montjuïc da cidade de Barcelona. Ten aproximadamente 70 hectáreas de extensión e está situado entre Montjuïc e a avenida do Paral·lel.

Modelo:Xeografía políticaEl Poble-sec, Barcelona
Imaxe

Localización
Mapa
 41°22′22″N 2°09′45″L / 41.3728, 2.1625Coordenadas: 41°22′22″N 2°09′45″L / 41.3728, 2.1625
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloBarcelona
Distritos (pt) TraducirSants-Montjuïc Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación40.204 (2021) Editar o valor em Wikidata (8.730,51 hab./km²)
Xeografía
Superficie460,5 ha Editar o valor em Wikidata

Historia e características editar

A costa do Poble-sec, como porto natural, foi utilizada como porto da cidade polos iberos e romanos, e dispoñía dunha vía de acceso á cidade,[1] usado habitualmente ata o século X e esporadicamente ata o século XIV.[2] A principios do século XIII xa se construían barcos extramuros entre o torrente de Cagadell e Montjuïc, nuns terreos nos que Xaime I de Aragón prohibiu a construción de novas casas e ordenou o derrubamento das existentes. Durante o reinado de Pedro III de Aragón entre 1275 e 1285, iniciouse a construción das Drassanes Reials de Barcelona, que constaban dun amplo edificio amurallado de planta rectangular que estaba aberto polo lado do mar enmarcando un gran patio central descuberto, con catro torres nos seus ángulos, das que hoxe existen aínda dúas.[3]

Este barrio foi o primeiro ensanche de Barcelona, anterior ao proxectado por Ildefons Cerdà. As murallas de Barcelona foron derrubadas en 1854 e o plan do Eixample (Ensanche) foi aprobado cinco anos máis tarde, pero os propietarios tardaron uns anos en construír, por reticencias contra o proxecto de Cerdà. Os terreos situados no lado máis próximo ao mar da montaña de Montjuïc non quedaban incluídos no plan do Eixample e non estaban, por tanto, suxeitos a limitacións urbanísticas.

Os propietarios comezaron a parcelalos segundo os seus intereses a partir de 1858, e a edificar casas sinxelas para obreiros. Naceron así os barrios de França Xica, Santa Madrona e Hortes de Sant Bertran, despois agrupados baixo o nome xenérico de Poble-sec.

Notas editar

  1. "Drassanes Reials". Anuari d'arqueologia i patrimoni de Barcelona 2011 (en catalán). Ajuntament de Barcelona. 2012. p. 151. 
  2. Terradas Muntañola, Robert (2009). Las Atarazanas de Barcelona: Trazado, construcción, y restauración (en castelán). Editorial Enginyeria i Arquitectura La Salle. p. 22. ISBN 978-84-937011-9-2. 
  3. Cubeles, Albert; Moreno, Iñaki; Nadal, Esteve (2012). Noves descobertes arqueològiques a la Drassana reial de Barcelona. Revista de Catalunya 278. pp. 117–139. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar