El Periódico de Catalunya

El Periódico de Catalunya, ou máis simplemente El Periódico, é un diario de información xeral de pago, e distribución matinal, editado en Barcelona (España) en dobre versión, en catalán e en castelán. Ten a súa redacción nun edificio da rúa Consell de Cent, en pleno distrito do Eixample, e conta con correspondentes propios nas principais cidades de todo o mundo.

El Periódico de Catalunya
Notícies i última hora per a gent compromesa

Edicións en castelán (cabeceira vermella) e en catalán (azul)
Formato de páxinaFormato berlinés
Fundación1978
DirectorEnric Hernàndez
FundadorAntonio Asensio Pizarro
EditorialGrupo Zeta
TendenciaProgresismo, centro-esquerda
LinguaCatalán e castelán
LocalidadeBarcelona
ÁmbitoCataluña
PeriodicidadeDiario
Tiraxe168.911 exemplares (2010)
Na rede
http://www.elperiodico.cat/ e https://www.elperiodico.com
Twitter: elperiodico Telegram: elperiodico Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Pertence ao Grupo Zeta e ideoloxicamente está considerado catalanista non nacionalista e progresista. Formalmente caracterízase polo gran tratamento gráfico e a impresión de todas as súas páxinas en cor. No ano 2006 El Periódico ten un prezo de 1 euro de luns a sábado, e de 2 euros os domingos, día en que inclúe a revista "Dominical" e os suplementos "Airbag" e "Cuaderno del Domingo".

Segundo datos certificados pola Oficina de Xustificación da Difusión (OXD) e referidos ao período de xaneiro a decembro de 2010, a media de tirada de El Periódico de Catalunya foi de 168.911 exemplares e a media de difusión de 133.055.[1] Na súa edición dixital os usuarios creceron un 40'5% nun ano 2011-2012 rexistrando un dos maiores incrementos da prensa dixital en España.[2]

Notas editar

  1. "Información e Control de Publicacións". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2012. Consultado o 09 de novembro de 2012. 
  2. "A web de EL PERIÓDICO crece un 40,5% nun ano, segundo o EGM". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2012. Consultado o 09 de novembro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar