El Ideal Gallego

xornal da Coruña

Coordenadas: 43°19′57″N 8°25′38″O / 43.332625, -8.427153

Non confundir co Ideal Gallego da Habana.

El Ideal Gallego, subtitulado Diario católico, regionalista e independiente, é un xornal en lingua castelá que se edita na Coruña desde 1917.

El Ideal Gallego
Diario gallego

Sede en POCOMACO
Tipoinformación xeral
Corcor e branco e negro
Fundación1 de abril de 1917 (106 anos)
PropietarioEditorial La Capital S.L.
DirectorManuel Ferreiro Regueiro
FundadorJosé Toubes Pego
RedacciónMiguel Pampín
Linguacastelán
LocalidadeA Coruña
Ámbitometropolitano
Periodicidadediaria
ISSN1576-6322
Na rede
https://www.elidealgallego.com/
Galiciana: 3910
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

 
José Toubes e Jacobo Varela de Limia, 1920.

Fundado por José Toubes Pego, un sacerdote de Cuntis, co apoio do arcebispo de Santiago, apareceu o 1 de abril de 1917. O seu primeiro director foi Alfredo García Ramos, que permaneceu no posto ata finais de 1919 en que foi substituído por Jacobo Varela de Limia. A este sucedérono Alberto Paredes Bravo (finado en 1925) e outros ata que en 1931 o xornal pasou a ser xestionado pola Editorial Católica. Dende 1931 ata 1935 o director do xornal foi José Martínez Pereiro[1]. A este sucedeuno Santiago Lozano García en decembro de 1935.

Publicou unha "Hoja literaria" na década dos vinte. Nos anos 60 incluíuse no suplemento dominical unha folla cultural: "Arco da Vella" en galego, da que se responsabilizaba a Agrupación Cultural O Facho. Entre 1984 e 1990 o xornal editou o suplemento bilingüe "Cataventos". En 1992 o xornal pasou a editar no exemplar dominical o suplemento "Cultural 92".

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar