El Campello é un concello costeiro do País Valenciano situado 13 quilómetros ao nordés da cidade de Alacant. Forma parte da aglomeración de Alacant e está incluído na comarca do Alacantí. Ten 26.043 habitantes (INE 2008).

Modelo:Xeografía políticaEl Campello
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°25′39″N 0°24′04″O / 38.4275, -0.40111111111111Coordenadas: 38°25′39″N 0°24′04″O / 38.4275, -0.40111111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaProvincia de Alacant
Comarcas da Comunidade ValencianaAlacantí Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación29.993 (2023) Editar o valor em Wikidata (542,66 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie55,27 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor em Wikidata
Altitude26 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoTossal del Blanquinar (en) Traducir (455 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJuan José Berenguer Alcobendas (en) Traducir (2019–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal03560 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico965 e 966 Editar o valor em Wikidata
Código INE03050 Editar o valor em Wikidata
ARGOS ID (en) Traducir03050 Editar o valor em Wikidata

Páxina webelcampello.es Editar o valor em Wikidata
Facebook: ElCampelloAjuntament Twitter: ElCampelloAyto Editar o valor em Wikidata
El Campello
Coveta Fumá
Torre de El Campello
Porto de El Campello
Mouros e cristiáns

Xeografía editar

O termo municipal, de 55,27 quilómetros cadrados, limita con Alacant, Sant Joan d'Alacant, Mutxamel, Busot, Aigües, Orxeta e La Vila Joiosa.

O termo ten 23 km de costa, destacándose a "praia de Mutxavista" (que é o nome que recibe a continuación da praia de Sant Joan, pertencente a Alacant, no termo municipal de El Campello) e a que se sitúa no propio centro urbano. A medio camiño entre as dúas praias, desemboca o río Montegre, chamado Riu Sec (Río Seco) no Alacantí, cuxo caudal ao seu paso por Campello adoita ser nulo, aínda que pode levar correntes violentas de auga en momentos de fortes choivas (riadas).

No seu litoral, son tamén moi coñecidas a praia do Carrer del Mar, situada no paseo marítimo (no centro urbano), as calas dos Banys da la Reina, na "Illeta", e as calas da Coveta Fumá (núcleo de poboación do municipio de El Campello, cunha poboación aproximada de 1.060 habitantes (2004) que sofre un importante desenvolvemento urbanístico dende hai algúns anos).

A orografía de El Campello é chaira na súa parte sur, mentres que a zona norte do termo vén condicionada polos contrafortes do Cabeçó d'Or, con accidentes xeográficos que non superan os 310 metros de altitude.

Historia editar

El Campello constituía unha partida rural de Alacant até a súa segregación de devandito municipio en 1901, constituíndose desde entón como concello propio.

Asentamento do Illote editar

O Illote é unha península situada nos arredores da poboación que, até os anos 1940, formaba unha illa. O lugar presenta indicios de ocupación desde finais do terceiro milenio a.C. En época romana, sobre as ruínas ibéricas e prehistóricas alzouse unha vila agrícola que contaba cunhas pequenas termas. Desta época son unhas balsas, comunicadas co mar, nas que eran criados os peixes; estas construcións dan o nome de os Baños da Raíña á zona do asentamento, pois segundo o imaxinario popular eran os baños dunha raíña moura.

Da Idade Media ao municipio actual editar

Trala conquista cristiá da zona polo rei castelán Afonso X o Sabio a mediados do século XIII, o termo de El Campello, ao parecer sen núcleos de poboación significativos, pasou a formar parte do termo da vila de Alacant, dentro da Coroa de Castela. En 1304 pasaría a depender xunto a Alacant do Reino de Valencia pola Sentenza Arbitral de Torrellas. En 1475, todos os terreos do termo aparecían formando un señorío propiedade de Alfons Martínez de Vera, descendente dos Reis de Navarra, dentro sempre da xurisdición de Alacant.

As numerosas incursións de piratas berberiscos, que durante o século XVI acosaban continuamente todo o litoral levantino, provocaron a construción, entre 1554 e 1557, dunha torre de vixilancia; aínda en pé, atópase nunha elevación á altura do porto.

Tras pasar por varias mans, no século XVIII o morgado acabou sendo propiedade de Nicolau Pérez de Sarrió i Doménech, quen comezou a colonizar as terras municipais, e, en 1775, asináronse as bases para crear un pobo no lugar. En 1795, estabeleceuse un estaleiro na desembocadura do Montegre, dando así un grande impulso ao Barrio de Pescadores. En 1827, o servizo relixioso pasou a depender da parroquia de Sant Joan d'Alacant, até o estabelecemento dunha parroquia propia en 1873. Finalmente, en 1901 El Campello independizouse administrativamente da cidade de Alacant.

En 1914, construíuse unha liña de ferrocarril (cuxo descendente é o actual Trenet) que pasaba pola localidade, contribuíndo en gran medida ao desenvolvemento económico e urbanístico do municipio. A partir dos anos 50 do século XX, o turismo e a proximidade a Alacant cambiaron profundamente a fisionomía do municipio cun importante "boom" urbanístico.

Poboación editar

Segundo o padrón de 1 de xaneiro de 2008, a poboación de El Campello ascende a 26.043 habitantes, sendo o 18º municipio da provincia por orde de habitantes. A esta cifra de poboación habería que engadir a poboación flotante que non se atopa censada, que se estima que supera os 70.000 no verán.

Unha parte moi importante da poboación encóntrase dispersa por urbanizacións situadas nunha ampla franxa costeira.

Presentando un gran crecemento demográfico dende os anos 70, no período 1990-2005 a poboación medrou en máis dun 100%; este rápido crecemento pode explicarse por un lado polo turismo, e por outro polo seu papel crecente como unha zona residencial plenamente integrada na área metropolitana de Alacant-Elx.

Evolución demográfica de El Campello[1]
1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 1996 2001 2006 2008
Poboación 2.928 2.992 3.012 3.582 3.746 4.477 5.871 8.335 11.094 15.200 19.238 24.674 26.043

Economía editar

Orixinalmente foi unha vila de pescadores e de agricultores, pero o turismo, a construción e outras actividades relacionadas constitúen actualmente as actividades económicas máis importantes no concello.

Cidades irmandadas editar

Festas editar

  • Festas da Virxe do Carme: celébrase o 16 de xullo na honra do Virxe do Carme, patroa dos mariñeiro. Os principais actos son unha procesión mariñeira, o traslado da virxe a súa Ermida e fogos de artificio.
  • Mouros e cristiáns: celébrase do 11 ao 15 de outubro, inclúen un desembarco mouro na praia.

Notas editar

Ligazóns externas editar