Elías Valiña
Elías Valiña Sampedro, coñecido como O cura do Cebreiro, nado en Lier (Sarria) o 2 de febreiro de 1929 e finado o 11 de decembro de 1989, foi un sacerdote e escritor galego[1].
Nome orixinal | (es) Elías Valiña Sampedro |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de febreiro de 1929 Lier, España |
Morte | 11 de decembro de 1989 (60 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Pontificia Comillas Universidade Pontificia de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Licenciado en Dereito Canónico pola Universidade Pontificia de Comillas en 1959 e doutorado na Universidade Pontificia de Salamanca en 1965. Foi párroco do Cebreiro dende 1959, propulsou a restauración do poboado do Cebreiro, rematada en 1971 coa inauguración do Museo Etnográfico. Foi un estudoso do Camiño de Santiago que sinalizou coas frechas amarelas o traxecto desde Francia e, en Galicia recuperou tramos perdidos e promoveu a creación do Boletín del Camino de Santiago.
Dirixiu o Inventario artístico de Lugo y su provincia (1975) e o Inventario del patrimonio arquitectónico de la provincia de Lugo (1980-1983).
Obras editar
- El Camino de Santiago: estudo histórico-jurídico, 1971 (Premio Antonio de Nebrija 1967).
- Catálogo de los archivos parroquiales de la diócesis de Lugo (Premio José María Cuadrado, CSIC).
- El Camino de Santiago. Guía del peregrino, 1985.
Notas editar
- ↑ Elias Valiña Sampedro Arquivado 27 de agosto de 2017 en Wayback Machine. en Jacobeoenpie.com (en castelán).
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Celeiro, Luís (1996). Elías Valiña. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN.
- "Valiña Sampedro, Elías". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.