Elías Pedro Huayik

Elías Pedro Huayik[1] (en árabe: إلياس بطرس الحويك, Ilias Butrus al-Huwayik), nado en Halta (Líbano) o 4 de decembro de 1843 e finado o 24 de decembro de 1931, foi o 72º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 6 de xaneiro de 1899 até o seu pasamento, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita.

Infotaula de personaElías Pedro Huayik

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) إلياس بطرس الحويك Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de decembro de 1843 Editar o valor em Wikidata
Helta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte24 de decembro de 1931 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Bkerké (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Patriarca Maronita de Antioquía
6 de xaneiro de 1899 – 24 de decembro de 1931
← Xoán XII Pedro al-HaxAntón I Pedro Arida →
Arcebispo titular
14 de decembro de 1889 – 6 de xaneiro de 1899 – Abdallah Khoury (en) Traducir →
Diocese: Arca (en) Traducir
Patriarchal vicar (en) Traducir
1889 – 6 de xaneiro de 1899
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica maronita Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1889–), sacerdote católico (1870–) Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónPaulo I Pedro Masad Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Familia
IrmánsSaadallah Howayek (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Ilias Huayik naceu en Halta, no distrito de Batrun, o 4 de decembro de 1843.[2] Foi o maior de sete irmáns, 3 homes e 4 mulleres: Sadala, Liun, Mubarki, Nura, Marina e Mahmoubi, quen sería superior xeral do convento de San Xoán de Hiraxi, no distrito de Kisruan.[2]

Manifestou interese por estudar, e os seus pais enviárono á escola de San Xoán Marón en Kfar Hai en 1851, e onde estivo até 1859.[2]

Estudou no seminario de San Marón e foi ordenado sacerdote en 1870.

Bispo editar

Foi nomeado arcebispo auxiliar do patriarcado de Antioquía e todo o Levante e arcebispo auxiliar de Arca in Armenia, e recibiu a consagración episcopal o 14 de decembro de 1889, de mans do patriarca de Antioquía e todo o Levante Paulo I Pedro.

O 6 de xaneiro de 1899 Huayik foi elixido patriarca dos maronitas, cargo que exerceu até a súa morte o 24 de decembro de 1931.

Notas editar

  1. Tamén romanizado como Hoyek, Hoayek, Huwayek.
  2. 2,0 2,1 2,2 Zoghbi, Marie-Roger (1991). Une gloire du Liban: le patriarche Elias Hoyek (en francés). Araya, Líbano: Imprimerie catholique. p. 41. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Zoghbi, Marie-Roger (1991). Une gloire du Liban: le patriarche Elias Hoyek. Araya, Líbano: Imprimerie catholique.