Eginard ou Einhard (tamén Exinardo ou Eginhard[1]), nado en 775 e finado na abadía de Selingenstadt en 840, foi un escritor do século IX, biógrafo de Carlomagno[2].

Eginard
Nacemento770
Lugar de nacementoFulda
Falecemento18 de marzo de 840 e 840
Lugar de falecementoSeligenstadt
Alma máterAbadia de Fulda
Ocupaciónhistoriador, presbítero, escritor e biógrafo
Coñecido porVita Karoli Magni
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi educado na abadía de Fulda e na corte de Carlomagno. Recorreu o Imperio Carolincio para cumprir varias misións que lle foron encomendadas sobre os edificios do emperador. Despois integrouse na corte de Lois I o Piadoso, fillo de Carlomagno, onde se ocupou da educación do seu fillo máis vello Lotario I. Como recompensa, o emperador Luís confioulle diversas abadías laicas, incluíndo a abadía de Saint-Wandrille en 816 - 823. Ante os enfrontamentos entre os fillos de Lois o Piadoso, Eginard preferiu retirarse a escribir ao redor de 830 e morreu na abadía de Seligenstadt en 840. Eginard escribiu a Vita Karoli Magni, seguindo a tradición literaria de Suetonio. Máis que unha biografía, fixo unha haxiografía de Carlomagno. Tamén é autor dos Anais do Reino dos Francos (Annales regni Francorum, 741-829) e de 62 cartas.

Notas editar

  1. Segundo Teulet, p. 1 o seu nome aparece sempre como Einhardus nas súas obras.
  2. Mata, Jordi; Garrido, David (Decembro 2013). Carlemany, el pare d'Europa. Sàpiens (papel) 137 (Barcelona: Sàpiens Publicacions). pp. p.24–32. ISSN 1695-2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Louis Halphen (ed. ) Eginhard, Vie de Charlemagne éditée et traduite par. . . , París: Les Belles Letres, 1967, cuarta edición revisada. (en latín) e (en francés)
  • La vida de Carlomagno , trad. Alejandra de Riquer (Madrid, Gredos, 1999) (en castelán)

Ligazóns externas editar