Efebo (do latín ephebus, á súa vez do grego antigo, "adolescente") é un termo usado na Grecia Clásica para referirse ao seu uso aos homes atenienses de 18 a 20 anos, que eran instruídos na efebeia, unha especie de servizo militar, pois era unha institución que se dedicaba a formar aos futuros cidadáns, adestrando aos efebos nas artes da guerra, ás veces mesmo no campo de batalla. Os novos recrutas constituían unha boa parte das tropas atenienses e dedicábanse fundamentalmente a tarefas de construción de pontes, trincheiras e fortificacións.

Estatua representando un efebo que data do século V a.C.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • P. Vidal-Naquet, Formes de pensée et formes de société dans le monde grec, Maspéro, 1981. (en francés)