Edward Teller, nado en Budapest o 15 de xaneiro de 1908 e finado en Stanford, Estados Unidos, o 9 de setembro de 2003, foi un físico teórico.

Infotaula de personaEdward Teller

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Edward (Ede) Teller
(hu) Teller Ede Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1908 Editar o valor em Wikidata
Budapest (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor em Wikidata
Morte9 de setembro de 2003 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Stanford, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeHungría
Estados Unidos de América
Reino de Hungría Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo e Agnosticismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Gotinga (–1933)
Universidade de Leipzig - Doutoramento (–1930)
Fasori Gimnázium (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseWerner Heisenberg e Friedrich Hund (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica teórica Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncientífico nuclear , físico teórico , inventor , profesor universitario , escritor de non ficción , físico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de California en Berkeley
Universidade de Chicago
Universidade de Gotinga Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua húngara e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
1939Proxecto Manhattan Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoYang Chen Ning, Lincoln Wolfenstein (pt) Traducir, Hans-Peter Dürr, Suresh V. Lawande (en) Traducir e Boris Jacobsohn (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAugusta H. Teller (pt) Traducir (1934–2000), morte do cónxuxe Editar o valor em Wikidata
PaiMax Neufeld (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0854423 Dialnet: 3437650 Musicbrainz: ed5ee639-6b38-42f3-8a44-f8d8b2db306d WikiTree: Teller-207 Find a Grave: 7855545 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

De orixe xudía, emigrou aos Estados Unidos en 1935 fuxindo das persecucións da Alemaña de Hitler. En 1941 adoptou a nacionalidade estadounidense. Teller é especialmente recordado pola súa vinculación á fabricación da bomba de hidróxeno, polo que se lle atribúe o alcume de pai da bomba H, en contra do seu criterio, pois aludía non ter feito méritos para iso.[1]

Fixo numerosas contribucións á física nuclear e física molecular, espectroscopía (en particular, o efecto Jahn-Teller e o efecto Renner-Teller) e á física de superficies. A súa extensión da teoría de Enrico Fermi da radiación beta, na forma das transicións Gamow-Teller, proporcionou un fito na súa aplicación, mentres o efecto Jahn-Teller e a teoría Brunauer–Emmett–Teller (BET) mantiveron a súa formulación orixinal e son aínda pedras angulares en física e química. Tamén fixo contribucións á teoría de Thomas-Fermi, precursora da teoría da función densidade, ferramenta estándar na aplicación da Mecánica cuántica ó tratamento de moléculas complexas. No 1953, con Nicholas Metropolis, Arianna Rosenbluth, Marshall Rosenbluth, e Augusta Teller, foi autor dun artigo que supuxo o punto de partica para a aplicación do Método de Montecarlo na Mecánica estatística. Ó longo da súa vida, Teller foi coñecido pola súa habilidade científica e as súas dificultosas relacións interpersoais e volátil personalidade.

Foi un dos primeiros membros do Proxecto Manhattan, que promoveu,[2]encargado de desenvolver a primeira bomba atómica. Durante ese tempo, fixo asemade un grande esforzo para o desenvolvemento das armas baseadas na fusión nuclear, aínda que dito tipo de armas tivo comezo pasterior á segunda guerra mundial. Despois da súa controvertida testemuña no proceso do seu superior no laborario Nacional dos Álamos, J. Robert Oppenheimer, Teller foi illado pola maioría da comunidade científica. Seguiu tendo o apoio do goberno e estamentos de investigación militar estadounidenses, en particular pola súa defensa do desenvolvemento da enerxía nuclear, dun forte arsenal nuclear e dun programa de testado nuclear vigoroso. Foi cofundador do Laboratorio Nacional Lawrence Livermore (Lawrence Livermore National Laboratory, LLNL), do que foi tamén director asociado e director durante moitos anos.

Nos seus últimos anos, foi coñecido como defensor de solucións tecnolóxicas controvertidas para problemas civís e militares, incluíndo un plan para a escavación dun porto artificial en Alasca usando explosivo termonuclear (proxecto Chariot). Asemade, foi un firme defensor da Iniciativa estratéxica de defensa (SDI) de Ronald Reagan.

A súa figura pública foi sempre controvertida, tendo recibido importantes honores e sendo criticado duramente por moitos dos seus colegas.

Notas editar

  1. "I have always considered that description in poor taste." Teller & Shoolery 2001, p. 546.
  2. Glashow, Sheldon L. (1994). Interacciones : una visión del mundo desde el encanto de los átomos. Barcelona: Tusquets. ISBN 84-7223-429-0. OCLC 43732833. 

 
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.